(L.) Schübl.
Brassica oleracea gongylodes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brassica oleracea var. gongylodes L. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
& G. Martens |
Brassica oleracea gongylodes, ou col ravo, é unha planta da familia das crucíferas. Denominada no norte de Europa moi frecuentemente como Kohlrabi (xerm. kohl + rabí). É unha variedade de col con gran parte á inchume que posúe a súa carne, de forma case esférica (xocosamente comparada co Sputnik pola súa similitude na forma).
O Kohlrabi foi creado por selección artificial para ser unha planta de crecemento de tipo meristema, a súa orixe na natureza é un cruzamento da planta salvaxe da col silvestre e o ravo branco salvaxe.
Trátase dunha planta con grandes capacidades de cultivo de carácter bienal. Acompaña facilmente aos cultivos de cebolas, florece desde os meses de maio a agosto e posúe unhas flores hermafroditas. A parte comestible da planta é unha especie de bulbo (en realidade é unha especie de talo inmaturo engrosado, a versión madura é de textura madeira) en forma esférica cos troncos saíndo de forma ostensible, o tamaño da parte comestible adoita ser de 5 cm de diámetro, aínda que é variable, podendo chegar diámetros máis grandes, denominados superschmeltz/xigante (todas elas adoitan ter calidade para ser comestible). A cor pode oscilar desde o verde claro (máis habitual), até o violeta (a cor violeta é superficial, no seu interior adoita ter unha carne amarela). Os talos adoitan chegar a crecer de 3 a 5 dm de longo cunha folla ampla (comestible, pero que a miúdo se refuga).
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
6.2 g | |
Azucres | 2.6 g |
Fibra alimentaria | 3.6 g |
0.1 g | |
1.7 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 0% 2 μg |
Tiamina (B1) | 4% 0.05 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.02 mg |
Niacina (B3) | 3% 0.4 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 3% 0.165 mg |
Vitamina B6 | 12% 0.15 mg |
Ácido fólico (B9) | 4% 16 μg |
Vitamina B12 | 0% 0 μg |
Vitamina C | 75% 62 mg |
Vitamina D | 0% 0 μg |
Vitamina E | 3% 0.48 mg |
Vitamina K | 0% 0.1 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 24 mg |
Ferro | 3% 0.4 mg |
Magnesio | 5% 19 mg |
Manganeso | 7% 0.139 mg |
Fósforo | 7% 46 mg |
Potasio | 7% 350 mg |
Selenio | 1% 0.7 μg |
Sodio | 1% 20 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 91.00 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Brassica oleracea gongylodes pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o selenio, vitamina B, ácido fólico, vitamina C, potasio, magnesio e cobre que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.
O principal uso da planta é culinario, adoita atoparse con relativa facilidade nas verdulerías e nas cociñas de Alemaña, Austria e de Suíza. Aínda que en menor medida pode verse nos Países Baixos e Suecia. Sexa como sexa, por regra xeral adóitase cortar en dados alargados dun centímetro de grosor e é un ingrediente que forma parte das sopas ou das ensaladas tras ser cocido (non máis dun cuarto de hora).
As follas son comestibles, crúas en ensaladas, adoitan cocerse ás veces e servirse como unha col.
Nos Estados Unidos emprégase principalmente como alimento para a gandaría, adóitase empregar por ser das hortalizas de achegue máis importante en carbohidratos, chegando a 6,5 g por cada 100 g de Kohlrabi comestible. Existe no entanto en Hamburg Township, Míchigan a cidade se autodenominado como a "capital mundial do Kohlrabi" na que se celebra anualmente un festival que chegou a acoller a 600 persoas.
Existen algúns alimentos que se poden combinar con Brassica oleracea gongylodes para elaborar sopas, salsas ou ensaladas.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brassica oleracea gongylodes |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Brassica oleracea gongylodes, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.