Axencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial

A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) é organismo público español responsable da supervisión, o asesoramento, a concienciación e a formación dirixidas a entidades públicas e privadas para a adecuada implementación de toda a normativa nacional e europea en torno ao adecuado uso e desenvolvemento dos sistemas de intelixencia artificial, máis concretamente, dos algoritmos.

Ademais, a Axencia ten funcións inspectoras e de comprobación, sanción e demais que lle atribúa a normativa europea que lle resulte de aplicación e, en especial, en materia de intelixencia artificial.

AESIA
Axencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial
A Terraza, sede da AESIA
Información xeral
Sede central A Coruña, Galiza
Orzamento 5 millóns de euros para a creación da Axencia Estatal (1 millón de en 2023)

Así, o obxecto último deste organismo é a minimización dos riscos que pode supoñer o uso desta nova tecnoloxía, o adecuado desenvolvemento e potenciación dos sistemas de intelixencia artificial. No ámbito da competencia estatal, exercerá as funcións de autoridade responsable da supervisión, e no seu caso sanción, dos sistemas de intelixencia artificial co obxecto de eliminar ou reducir os riscos para a integridade, a intimidade, a igualdade de trato e a non discriminación, en particular entre mulleres e homes, e demais dereitos fundamentais que poden verse afectados polo mal uso dos sistemas.

A AESIA circunscríbese ao marco lexislativo da Unión Europea. O 14 de xuño de 2023 aprobouse no Parlamento europeo a denominada IA Act, normativa que pretende fomentar a adopción dunha IA centrada no ser humano e fiable e protexer a saúde, a seguridade, os dereitos fundamentais e a democracia dos seus efectos nocivos".

Depende do Ministerio de Transformación Dixital. A AESIA ten a súa sede no palacete da Terraza, na Coruña.

Orzamento

A creación da AESIA ten un importe para a súa execución de cinco millóns de euros, contemplados nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.

Historia

Orixe

A creación desta axencia estatal foi anunciada polo Goberno de España o 28 de decembro de 2021 e que se encargará de supervisar o cumprimento da normativa europea en materia de intelixencia artificial. Con isto, España converterase no primeiro Estado membro da Unión Europea con axencia estatal de supervisión da IA, previo á entrada en vigor do futuro Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, que establece a necesidade de que os Estados membros teñan unha autoridade supervisora nesta materia.

Selección de Lugar

O Goberno de España, tras o consello de ministros do 13 de setembro de 2022, anunciou o inicio do proceso para a elección da sede da AESIA.

Recibíronse 16 solicitudes para acoller a sede da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial:

A designación da sede galega supón o cumprimento por parte da Xunta de Galicia do mandato recibido en maio do Parlamento para a promoción dunha candidatura galega. Esta tarefa foi encomendada ao Nodo GalicIA, formado pola Xunta, as universidades galegas USC, a UdVigo e UDC, e a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. O concello de Ourense decidiu presentar outra candidatura de seu, e o seu alcalde Gonzálo Pérez, de Democracia Ourensana, acusou a elección de ter nesgo político.

Realizouse unha avaliación tendo en conta diferentes criterios: cohesión social e territorial, mellora do funcionamento dos servizos públicos, niveis de desemprego, loita contra o despoboamento, achega de inmobles, achega de equipamentos adecuados, produción científica, rede de transporte, ecosistema universitario, ecosistema empresarial, iniciativas públicas de promoción do sector. Finalmente, tras unha valoración dos distintos criterios, optouse pola candidatura da Coruña.

Edificio

Axencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial 
Edificio da Terraza, na Coruña.

A AESIA terá a súa sede no edificio da Terraza, proxectado en 1920 por Antonio de Mesa e moi alterado en 1922 polo director do proxecto, o arquitecto Pedro Mariño. A Terraza substitúe a un edificio anterior, a antiga Terraza, proxectada por Antonio López en estilo modernista e que se trasladaría a Sada en 1921 onde aínda se conserva. A Terraza formaba un conxunto con outros dous edificios: o Kiosko Alfonso e o Hotel Atlantic, este último hoxe desaparecido.

Estes pavillóns teñen a súa orixe como teatros de variedades, cinematógrafos e cafés situados entre o mar e o principal espazo público da cidade de principios de século, o Relleno. O primeiro sería o Salón Cinema Coruña e o Pavillón Lino. Concibido nun principio como un suntuoso espazo recreativo, dotado de cafetaría e restaurante, cine e salas de xogos, baile e concertos. Foi un punto de encontro da sociedade coruñesa e un centro de operacións de empresas, entre elas o RC Deportivo da Coruña. Tamén albergaba a sede da empresa Goldwyn-Mayer.

Este uso como centro de lecer viuse perturbado pola chegada da Guerra Civil Española. O edificio sufriu danos pola acción dos artefactos explosivos e foi tamén un punto de atrincheiramento dos republicanos durante un tempo.

Finalmente, os mandos militares franquistas tomaron o control da planta baixa, na que se instalou a escola Dequidt, e a de arriba foi para Radio Nacional de España. Durante a ditadura foi perdendo paulatinamente a súa utilidade como lugar de lecer e acabou sendo trasladado á Falange, que a utilizou para a súa organización xuvenil, o Frente de Juventudes.

A principios dos anos 80 o edificio volve ser de titularidade municipal e en 1985 inaugurouse en Galiza a nova sede de Radio Televisión Española (RTVE).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Axencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial OrzamentoAxencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial HistoriaAxencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial EdificioAxencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial NotasAxencia Española De Supervisión Da Intelixencia Artificial Véxase taménAxencia Española De Supervisión Da Intelixencia ArtificialAlgoritmoIntelixencia artificial

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A GuardaImmanuel KantProvincia de PontevedraMaría RamalloEspazo Común GaleguistaBurgosÁlex FidalgoGrupo RompenteEduardo PondalCAPTCHAXoán MontesAlberto FortesFidiasProfeta Habacuc (Donatello)Alfabeto galegoTeixoPenélope CruzMilla náuticaReino de GaliciaCentro penitenciario de TeixeiroLista das canles de YouTube máis subscritasCarlos Blanco VilaBala (grupo musical)Basketball Champions LeagueO Pedrouzo, Arca, O PinoEnforcamentoO porco de péOllos de augaSéculos EscurosIsabel ZendalFonte dos CabalosTeresa MoureThe ArtistLista de ríos de GaliciaPeneDonicelaDominio públicoLingua inglesaSuso de ToroA EstradaProxyCarlos SoberaSecretaría Xeral de Política LingüísticaCarballo comúnISBNFesta dos maiosRastroLugares de GaliciaDiego Rivas GutiérrezCarles PuigdemontAC-440Miley CyrusLista das aves de GaliciaMia KhalifaO PorriñoTrue Detective (tempada 1)Caixa de Aforros Provincial de PontevedraBidueiroMartin Luther KingCangas, Cangas, CangasShinovaCastro de Punta do BicoMachu PicchuDereito de autoríaSidraHaikuBloque Nacionalista GalegoCristina MaróFingeringTrackbackXardaAmieiro🡆 More