Asalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021

77°00′32.6″O / 38.889806, -77.009056

O asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América foi un tumulto e ataque violento contra o 117.º Congreso do Capitolio dos Estados Unidos que ocorreu o 6 de xaneiro de 2021. Como parte das protestas de 2020–21 polas eleccións presidenciais, foi levado a cabo por unha recua de seguidores de Donald Trump, o 45º presidente dos Estados Unidos de América, nun intento marrado por reverter a súa derrota nas eleccións presidenciais de 2020. O asalto rematou coa evacuación e o peche do Capitolio e provocou cinco mortes.

Asalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021
Protestantes reuníndose fóra do Capitolio.

Eventos

Motivados á acción por Trump, milleiros dos seus seguidores reuníronse en Washington, D.C. o 5 e o 6 de xaneiro en apoio da súa falsa reclamación dunha fraude electoral en 2020, segundo a cal pedía que o vicepresidente Mike Pence e o Congreso rexeitasen a vitoria de Joe Biden. Na mañá do 6 de xaneiro, nun mitin de "Save America" en the Ellipse, Trump repetiu as afirmacións falsas de irregularidades electorais e instou á multitude a "loitar coma o inferno" ("fight like hell").:01:11:44 A instancias do presidente, milleiros de manifestantes camiñaron ata o Capitolio, onde unha sesión conxunta do Congreso estaba comenzando o reconto de votos do Colexio Electoral para formalizar a vitoria de Biden.

A multitude congregada no Capitolio, algúns dos cales xa se reuniran antes, violaron os perímetros da policía e irromperon no edificio. Estes alborotadores ocuparon, esnaquizaron e saquearon partes do edificio durante varias horas. Moitos deles volvéronse violentos, agredindo a oficiais de policía e xornalistas do Capitolio, erixindo unha forca nos terreos do Capitolio, e tentando localizar lexisladores para tomalos como reféns e atacalos. Cantaron "Hang Mike Pence" (colgade e Mike Pence), culpándoo por non rexeitar os votos do Colexio Electoral, aínda que carecía da autoridade constitucional para facelo. Os asaltantes dirixiron os seus ataques á presidenta da Cámara de Representantes Nancy Pelosi, vandalizando e saqueando as súas oficinas, así como as doutros membros do Congreso.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Asalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021 EventosAsalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021 NotasAsalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021 Véxase taménAsalto Ao Capitolio Dos Estados Unidos De América De 2021Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dua LipaNacionalismo galegoBandeira de GaliciaAhí ven o maioUxío NovoneyraArcadio López-CasanovaConcellos de GaliciaOllos de augaFrancisco Pillado MayorLista de prefixos e sufixosCantigas de Santa MaríaXosé Manuel PiñeiroOvo (alimento)IsoglosaOliver ReedAiguafredaColombiaAC-861Illa de mareaDonicelaRamón CamposA esmorgaLuis Méndez DomínguezMela CasalBubelaXente ao lonxeGeorg Friedrich HändelMesíaOs EoasLeymaManuel CuíñaAnuncia CasadoCemiterio de BoisacaCualedroCopa da CostaPanteón de Galegos IlustresAmeixa (froito)PiñeiroCastrelo do ValManuel JaboisAturuxo (folclore)Comarca da LimiaRoma antigaTito AsoreyXogo da chaveMeigaItxu DíazTeresa RiberaRosario Porto OrtegaManuel Curros EnríquezBieito RubidoXabier DíazLista de países por superficieAlfabeto galegoHard GZOrdesLuz FandiñoProvincia de LugoPablo MotosEmpuriabravaOllomolAgustín Fernández PazJennifer AnistonIgnacio GarrigaComarcas de GaliciaEstrella GaliciaLondresCanle (enxeñaría)Guillade, PonteareasColiseo de RomaLucía PérezMelideOrigin🡆 More