Anatasa

A anatasa —tamén coñecida como octaedrita— é unha das cinco formas minerais do óxido de titanio (IV) ou dióxido de titanio (TiO2).

A verba anatasa procede do grego ἀνάτασις anátasis ("extensión"), en alusión á lonxitude das caras piramidais, máis longas en relación ás súas bases que as doutros minerais tetragonais.

Anatasa
Anatasa
Fórmula químicaTiO2
ClaseÓxido
Sistema cristalinoTetragonal - Ditetragonal Dipiramidal
CorMarrón, anil, negro, verdoso, lila clara, gris
BrilloAdamantino, metálico
Dureza5,5 a 6 - (escala de Mohs)
FracturaSub-concoide
ExfoliaciónPerfecta segundo {001} e {011}
RaiaDe branca a marela pálida
Densidade3,9 g/cm3

Propiedades físicas e químicas

A anatasa pode ter cores moi variados, dende a marrón marelada até a anil e negra. A súa raia é clara, de cor branca ou branca-marelada. Como principais impurezas pode conter ferro, estaño, vanadio e niobio.

É insoluble en ácidos, polo que se pode limpar con ácidos diluídos. É infusible e cando se quenta por encima de 915 °C, a anatasa transfórmase en rútilo —outra forma mineral de TiO2—, o que deriva nun aumento da súa densidade até 4,1 g/cm3.

Propiedades cristalográficas

Anatasa 
Estrutura cristalina da anatasa.

Ao igual que o rútilo, a anatasa cristaliza no sistema tetragonal. Aínda que o grao de simetría sexa o mesmo para ambas especies, non hai ningunha relación entre os ángulos interfaciais dos dous minerais, excepto na zona do prisma. A pirámide habitual da anatasa, paralela ás caras que teñen exfoliación perfecta, presenta un ángulo sobre o bordo polar de 82°9', moito maior que o correspondente ángulo do rútilo (56°52 ½'). O carácter alongado da pirámide foi o que inspirou ao mineraloxista René Just Haüyle para outorgarlle o nome de anatasa —"extensión" en grego— a este mineral en 1801. Ademais, existen importantes diferenzas físicas entre ambas especies minerais; a anatasa non é tan dura e é menos densa que o rútilo, e o seu brillo é máis adamantino.

Anatasa 
Cristais de anatasa de Minas Gerais (Brasil).

A anatasa presenta dous tipos de hábitos cristalinos. O máis común consiste en dobres pirámides agudas simples de cor anil e brillo aceirado. O segundo tipo caracterízase pola existencia de numerosas caras piramidais, adoitando ser máis planas e ás veces prismáticas. Neste caso a coloración vai desde a marelo mel até a marrón. Ditos cristais teñen un aspecto moi similar aos de xenotima e, de feito, durante moito tempo considerouse que pertencían a esta especie. Esta clase de cristais abundan en Bourg-d'Oisans (Rhône-Alpes, Francia), depósito tipo da anatasa, onde se atopan asociados a cristais de rochas, feldespato e axinita en físgoas de granitos e micas-xistos.

Depósitos

Polo xeral a anatasa é un mineral secundario, proveniente doutros minerais portadores de titanio. Pódese encontrar en filóns alpinos, en rochas ígneas e metamórficas, así como en pegmatitas. Tamén é un mineral detrítico común.

Entre os principais depósitos cabe destacar os existentes nos Alpes, no val de Binn (Suíza) e en Rauris (Austria). Tamén hai diversos depósitos no estado de Minas Gerais (Brasil).

Aplicacións

No laboratorio pódense preparar cristais de anatasa mediante procesos sol-xel. Como exemplos, cabe citar a hidrólise controlada de tetracloruro de titanio (TiCl4) ou de alcóxidos de titanio. Estas anatasas sintéticas son de interese considerable para a fotocatálise e para celas solares Graetzel dentro da enerxía fotovoltaica.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Anatasa Propiedades físicas e químicasAnatasa Propiedades cristalográficasAnatasa DepósitosAnatasa AplicaciónsAnatasa Véxase taménAnatasaLingua gregaMineral

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

David Ben-GurionLingua galegaNikola TeslaOrlando BloomYolanda DíazMarina CastañoManuel Mayer von FurtwänglerPexegoLuis López DiéguezDoenza de Paget de mamaHarry PotterFranciaEva MejutoTeoA Mesa pola Normalización LingüísticaBruce DickinsonMartín CodaxRías Baixas (serie de televisión)WikiA EstradaParlamento de GaliciaHistoria de ArmeniaMeg RyanPrehistoriaNacho CastañoGatipedroJacobo BucetaMiguel Pampín RúaGata CattanaO Pedrouzo, Arca, O PinoValgaO sabor das margaridasXurxo de CapadociaSete Sabios da Fraga de BambúMoreira (árbore)Ana María Fernández MartínezParalelismoManuel María Puga PargaLista de palabras galegas de orixe celtaAguacateLonga noite de pedraSergio RamosEscáncerFran AlonsoPúrpuraCando petan na porta pola noiteAmérica-GaliciaPatricia Argerey VilarAna BelénWiiCouto MixtoInterstellar (filme)EstoicismoLeón, EspañaMonarquía británicaCunnilingusLoeweA PontenovaCantares gallegosJorge Sanz MirandaMortalidade infantilMemorias dun neno labregoBarónLista das árbores de GaliciaDiurno (Renfe)FingeringXosé RepresasMagnesioJesús Hidalgo BermejoAmador Víctor GonzálezVoyager 1Océano Índico🡆 More