Algodoeiro: Xénero de plantas que producen o cotón ou algodón

Véxase no texto

Algodoeiro (xénero Gossypium)
Algodoeiro: Etimoloxía, Descrición, Sinonímia do xénero
Leira de algodoeiros, cos froitos chegados e abertos.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Tribo: Gossypieae
Xénero: Gossypium
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 693, 1753 [1]
Especies

Sinonimia
  • Erioxylum Rose & Standl.
  • Ingenhouzia DC.
  • Notoxylinon Lewton
  • Selera Ulbr.
  • Sturtia R.Br.
  • Thurberia A.Gray
  • Ultragossypium Roberty

Algodoeiro é o nome vulgar dado ás especies do xénero botánico Gossypium L., da familia Malvaceae. Existen arredor de 40 especies, arbustivas, algunhas das cales son utilizadas para a produción da fibra téxtil coñecida coma algodón ou cotón. O xénero contén 60 taxones específicos e infra-específicos aceptados, dos case 380 descritos, todos oriúndos das rexións tropicais e subtropicais tanto do Vello Mundo coma das Américas e unhas poucas foron introducidas en moitos outros sitios.

Algodoeiro: Etimoloxía, Descrición, Sinonímia do xénero
Flor de Gossypium darwinii

Etimoloxía

  • Gossypium: do latín gossypǐŏn, -ǐi, o algodoeiro (Gossypium arboreum e Gossypium herbaceum). Aparece así na obra de Plinio o Vello, Naturalis Historia, 12, 21 e 19, 14. Este termo latino viría do árabe quoz, "materia sedosa" derivado de goz, "suave".

En galego a planta recibe ademais do nome de algodoeiro o de algodón (nome reservado normalmente ao produto). Os termos galegos algodón e cotón virían do árabe. Algodón do árabe hispano: alquṭún (o cotón); cotón directamente do árabe clásico quṭn.

Descrición

En estado salvaxe, os arbustos do algodoeiro atinxen até 7 m de altura. As follas son grandes, con tres, cinco (ou mesmo sete) lobos. As sementes están contidas nunha cápsula, estando cada unha envolvida nunha fibra felpuda designada polo vocábulo inglés linter. As especies máis utilizadas para fins comerciais son G. hirsutum (Estados Unidos e Australia), G. arboreum e G. herbaceum (Asia), e G. barbadense (Exipto). Os linters son, xeralmente brancos, mais existen tamén variedades de cor castaña ou verde que, para non contaminaren xeneticamente a variedade branca, teñen a súa plantación prohibida preto das grandes producións de algodón.

Sinonímia do xénero

  • Erioxylum Rose & Standl.
  • Ingenhouzia DC.
  • Notoxylinon Lewton
  • Selera Ulbr.
  • Sturtia R. Br.
  • Thurberia A. Gray
  • Ultragossypium Roberty

Especies

    Especies utilizadas para fins téxtiles
  • Gossypium arboreum L. – Algodoeiro arbóreo, nativo da Asia meridional.
  • Gossypium barbadense L. – Algodoeiro exipcio, tamén designado como algodón crioulo ou algodón de Sea Island, nativo de América do Sur tropical.
  • Gossypium herbaceum L. – Algodoeiro asiático ou algodoeiro do levante, nativo do sur de África
  • Gossypium hirsutum L. – Algodoeiro das terras altas ou algodoeiro americano, nativo de América Central, do Caribe e do sur da Florida.
  • Gossypium vitifolium Lam. - cultivado nos Estados Unidos, México, Antillas e norte da América do Sur.
    Outras especies de Gossypium
  • Gossypium sturtianum Willis – algodoeiro de Sturt, nativo de Australia.
  • Gossypium thurberi Tod. – algodoeiro salvaxe do Arizona, nativo do Arizona, Novo México e norte de México.
  • Gossypium tomentosum Nutt. ex Seem – Ma‘o ou algodoeiro do Hawai, especie endémica das illas do Hawai. O seu lint é curto e castaño avermellado, non sendo apropiado para a produción téxtil.
  • Lista completa

Clasificación do xénero

Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Monadelphia, orde Polyandria Species plantarum (1753)

Algodón.

Pragas e doenzas do algodoeiro

Pragas

Algodoeiro: Etimoloxía, Descrición, Sinonímia do xénero 
Campo de algodón no Xardín Botánico de Sukhum, foto de arredor de 1912.
  • Bicudo do algodoeiro, Anthonomus grandis
  • Pulgón do algodón, Aphis gossypii
  • Lagarta do tomate, Helicoverpa armigera, e Lagarta australiana dos botóns de algodón Helicoverpa punctigera
  • Creontiades dilutus, un insecto que zuga o zume da planta
  • Ácaro-araña raiado, ácaro fiador raiado ou ácaro raxado, Tetranychus urticae, T. ludeni (ácaro vermello) e T. lambi
  • Trips, Thrips tabaci e Frankliniella schultzei

Doenzas

  • Mancha de Alternaria, causada por Alternaria macrospora e Alternaria alternata
  • Antracnose e ramulose, causada por Colletotrichum gossypii
  • Podremia negra da raíz, causada polo fungo Thielaviopsis basicola
  • Mancha bacteriana de Xanthomonas campestris pv. malvacearum
  • Podremia vermella da raíz ou mal do Panamá, causada polas especies do xénero Fusarium.
  • Gomose de Phytophthora, causada por Phytophthora nicotianae var parasitica

Algodón xeneticamente modificado

O algodón xeneticamente modificado (GM) foi creado co obxectivo de redución do uso de pesticidas. Plántase en todo o mundo e crese que implica un 80% menos de uso de pesticidas en comparación co algodón normal. Segundo o Servizo Internacional para Adquisición de Aplicacións Biotecnolóxicas Agrícolas (ISAAA), a área total mundial dedicada ao cultivo de algodón xeneticamente modificado é de 67,000 km² en 2002. Isto representa arredor de 20% da área total usada para o cultivo de algodón. As colleitas norteamericanas de algodón xeneticamente xa representan o 73% do total da produción nacional.

A introdución inicial de Algodón GM en Australia foi un desastre comercial - as colleitas foron menores que as previstas e os algodoeiros fixeron polinización cruzada con outras variedades de algodón. Con todo, coa introdución dunha segunda variedade de algodón GM, a produción deste tipo de algodón pasou a representar o 15% da produción nacional australiana en 2003 e 80% en 2004, cando a variedade orixinal foi practicamente suprimida.

Algodón orgánico ou biolóxico

Algodoeiro: Etimoloxía, Descrición, Sinonímia do xénero 
Flor de Gossypium hirsutum polinizada por un abesouro en Hemingway, Carolina do Sur.

O algodón ou cotón orgánico ou biolóxico é aquel que procede de algodoeiros cultivados sen uso de pesticidas ou aditivos químicos fertilizantes, recorrendo a métodos de menor impacto ambiental. Este tipo de algodón é especialmente utilizado na produción de lenzos, bufandas e quimonos. Existen diferentes niveis de certificación deste xénero de produto mais, en xeral, esíxese que os solos onde a planta é cultivada non teña recibido tratamento químico ningún nos últimos tres anos antes da plantación.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Algodoeiro EtimoloxíaAlgodoeiro DescriciónAlgodoeiro Sinonímia do xéneroAlgodoeiro EspeciesAlgodoeiro Clasificación do xéneroAlgodoeiro Pragas e doenzas do algodoeiroAlgodoeiro Algodón xeneticamente modificadoAlgodoeiro Algodón orgánico ou biolóxicoAlgodoeiro NotasAlgodoeiro Véxase taménAlgodoeiro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Historia do CairoSubdivisións da IndiaCarballo comúnJosé Miñones TrilloEsther EstévezPesticidaIsabel I de InglaterraRaquel AtanesDiego AnidoO Castrillón, A CoruñaCopa do Rei de fútbolPatacaXosé Antonio TouriñánLaxeCarlos Pajares76Eleccións municipais en AmesHerexíaVento feridoColin FirthRevolución FrancesaXogo de apostaLuís RubidoRaposo comúnSen SenraSan Miguel de Presqueiras, ForcareiA LarachaNanina SantosRosario Porto OrtegaEspañaMarc Márquez59PelaxeDios ke te crew2Evencio FerreroInternet Movie DatabaseVoo 498 de CrossairKurdistánPepe Miñones9El Correo GallegoEleccións municipais de 2015 en GaliciaPedro Barrié de la MazaXiros idiomáticos galegosEscociaTogoFútbol americanoChaira abisalMoncho ReboirasFausto CercignaniLista das aves de GaliciaXosé Ramón Gómez BesteiroWilliam JoyceLobishomeLista de palabras galegas de orixe celtaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoTemperaturaYves MontandFeiracoO incerto señor Don HamletAutismoArticulación frontoparietalPremio Burnett Anderson MemorialSão PauloBaltasar Pardal VidalEstados Unidos de AméricaMaría MariñoJosé Luís Valladares FernándezJosé Antonio Rueda CrespoAnticorpoRevolución dos CaraveisFábrica Nacional de Moneda y Timbre🡆 More