Alcanforeiro: Especie de vexetal

O alcanforeiro, tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.

Alcanforeiro
Alcanforeiro: Hábitat e distribución, Descrición, Principios activos
Un alcanforeiro senlleiro e vello, cunha idade estimada de 1000 anos, no Xapón
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Cinnamomum
Especie: C. camphora
Nome binomial
Cinnamomum camphora
(L.) J.Presl

Os alcanforeiros do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alcanforeiro: Hábitat e distribución, Descrición, Principios activos
Ilustración

Hábitat e distribución

A planta procede do Extremo Oriente, sendo moi común na China, no Xapón e en Taiwán. Cultívase tamén en numerosos países de clima cálido e nas rexións costeiras do Pacífico nos Estados Unidos.

Descrición

É unha árbore grande que pode acadar os vinte e cinco metros de altura coas pólas febles. As folla son persistentes, alternas, pecioladas, de forma ovalada, coriáceas e acuminadas, de cor verde brillante e con tres nervios principais que presentan na súas axilas unhas pequenas glanduliñas. As flores son brancas amarelentas e aparecen en maio-xuño agrupadas en panículas corimbosas dispostas nas súas axilas. O froito é unha baga en forma de globo de cor arroibada que torna a negro cando vai chegando.

Principios activos

Propiedades

  • En grandes doses é narcótico e irritante, porén, en doses miúdas é sedante, antiespasmódico, diaforético, antihelmíntico e balsámico.
  • En aplicación externa pode aliviar as dores de cabeza e neuralxias. (preferentemente con alcol alcanforado).
  • Tamén se utiliza o alcol alcanforado para aliviar as dor de moas.
  • Cómpre utilizarse baixo control médico pois a súa intoxicación produce dor gástrica e vómitos, febleza e rixidez muscular. Os paxaros son moi sensíbeis aos seus vapores e se se expoñen a eles poden finar en só 15 minutos.
Alcanforeiro: Hábitat e distribución, Descrición, Principios activos 
Ramallada dun alcanforeiro.

Taxonomía

Cinnamomum camphora foi descrita por (L.) J.Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2: 47. 1825.

Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.

camphora: epíteto latino que significa "alcanfor".

  • Camphora camphora (L.) H.Karst.
  • Camphora hahnemannii Lukman.
  • Camphora hippocratei Lukman.
  • Camphora japonica Garsault
  • Camphora officinarum Nees
  • Camphora officinarum Bauh.
  • Camphora officinarum var. glaucescens A.Braun
  • Camphora vera Raf.
  • Camphorina camphora (L.) Farw.
  • Cinnamomum camphoriferum St.-Lag.
  • Cinnamomum officinarum Nees ex Steud.
  • Laurus camphora L.basónimo
  • Laurus camphorifera Salisb.
  • Laurus gracilis G.Don
  • Ocotea japonica (Garsault) Thell.
  • Persea camfora Spreng.
  • Persea camphora (L.) Spreng.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Berendsohn, W.G., A. K. Gruber & J. A. Monterrosa Salomón. 2009. Nova Silva Cuscatlanica. Árboles nativos e introducidos de El Salvador. Parte 1: Angiospermae - Familias A a L. Englera 29(1): 1–438.
  • Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Flora of China (Checklist & Addendum). Unpaginated. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Árb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  • Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Werff, H. v. d. 1993. Cinnamomum (Lauraceae). 3 pp.
  • Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.
  • Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.
  • Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Outros artigos

Tags:

Alcanforeiro Hábitat e distribuciónAlcanforeiro DescriciónAlcanforeiro Principios activosAlcanforeiro PropiedadesAlcanforeiro TaxonomíaAlcanforeiro NotasAlcanforeiro Véxase taménAlcanforeiroAlcanforExtremo OrienteLauraceaeÁrbore

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

APaís VascoSalgueiroCarme ChacónMads MikkelsenSéculos EscurosSeptimio SeveroChipionaHard GZCouselo (planta)Ricardo BeirasMáquina comecartosBernardino GrañaAnxo AngueiraRamadánCharles DarwinXogos OlímpicosRibadeoPedro MadrugaHoliRamón María NarváezAlfonso MolinaFrancisco Vázquez VázquezGondar, SanxenxoFernando Suárez BarciaVillarmentero de CamposXosé Ramón Fernández-OxeaZendayaBóvedaRevolución dos caraveis25 de abrilPemento de PadrónIgnacio Rivera QuintanaTereixa NavazaAlfonso Basterra CamporroReal Federación Española de FútbolLeitzaldeaLa Voz de GaliciaAC-422Lista de concellos da CoruñaAlfredo Pérez RubalcabaAC-418Abraham PérezBragaRosalía de CastroJuana AcostaMartiño de DumioLista de nomes femininos en galegoA memoria da choivaGolda MeirKarmaIrene FerrerasXurxo ChirroFernando Álvarez LamelasCidade da Cultura de GaliciaCaso Asunta BasterraRoberto VerinoJoan Manuel SerratShaquille O'NealMar MediterráneoAnxo QuintanaCarlos CuerpoGame Boy AdvanceCristiano RonaldoFala de EstremaduraKirsten DunstIvana BaqueroManuel Fernández DoalloEva CárdenasMarta Fernández-TapiasFederico García LorcaXosé Manuel PiñeiroFuga de cerebrosSegoviaBIsidoro de SevillaBimba y Lola🡆 More