Xestela: Especie de planta

A xestela, herba estrañeira, ou rabo de cabalo (Equisetum arvense) é unha especie de fento pertencente á familia das equisetáceas.

Xestela
Xestela: Descrición, Distribución e hábitat, Composición química
Xestela (Equisetum arvense)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Sphenophyta
Clase: Equisetopsida
Orde: Equisetales
Familia: Equisetaceae
Xénero: Equisetum
Especie: 'Equisetum arvense'
Nome binomial
'Equisetum arvense'
Linnaeus, 1753

É considerada planta medicinal; é común en Galiza.

Descrición

É un arbusto perenne con talo rizomatoso, distribuído no hemisferio norte. Pode contar con talos estériles e fértiles. Os estériles comezan a medrar despois de que os fértiles agromasen; e adoitan ser máis longos e arbustivos. Eses segmentos conteñen un feixe de pólas erectas, até 20 segmentos de 5 a 50 cm de longo. Os fértiles adoitan ser a metade de longos ca os estériles e normalmente máis suculentos.

Distribución e hábitat

Atópase xeralmente no hemisferio norte. Necesita de certa humidade edáfica e ambiental, polo que acostuma medrar preto de regueiros ou en solos lamacentos. Espállase por todo o litoral ibérico, incluíndo as Illas Baleares até os 1.800 metros de altitude. Falta no extremo sur da Comunidade Valenciana.

Composición química

Propiedades

A xestela ten varios compostos químicos, usados coma menciñas. Rico en minerais silicatados (10%), potasio e calcio, con propiedades diuréticas. É prescrita para coidar tecidos conxuntivos (cartilaxes, tendóns, e ósos) e tamén pólipos​, epistaxes, e sangrados. Os rebentos cómense coma vexetais no Xapón pola primavera. Ten un moi alto número diploide - 216 (108 pares de cromosomas) - 5 veces máis grande ca o número humano diploide (46).

Xestela: Descrición, Distribución e hábitat, Composición química 
Xestela: Descrición, Distribución e hábitat, Composición química 

Usos na menciña herborista

Na menciña popular a xestela gozaba dende tempos moi remotos de gran prestixio, especialmente polo seu poder hemostático e eficacia contra as graves afeccións dos riles e da vexiga. Actualmente emprégase para combater as hemorraxias, vómitos de sangue, as afeccións renais e vesicais, os cálculos e as pedras. A xestela axuda en casos onde outros diuréticos non adoitan dar resultados, como por exemplo nas hidrocardias, na hidropersía da pleura costal ou en trastornos renais por mor á escarlatina ou outras graves doenzas.

Outros usos

A xestela, único nome recollido no dicionario da Real Academia Galega recibe outros nomes populares galegos, como herba estrañeira e rabo de cabalo. Outras denominacións son chifre, cabaliña e herba canuda.

Sinónimos

  • Equisetum hiemale L
  • Equisetum maximum L
  • Equisetum telmateia L
  • Equisetum riparium Fr. [1843]
  • Equisetum campestre Schultz [1819]
  • Equisetum boreale Brongn. [1831]
  • Equisetum arcticum Rupr. [1845]
  • Presla arvensis (L.) Dulac [1867, Fl. Hautes-Pyr. : 26]
  • Allostelites arvense (L.) Börner
    Variedades
  • Equisetum arvense var. serotinum G.Mey. [1836]
  • Equisetum arvense var. nemorosum A.Br. in Döll [1859]
  • Equisetum arvense var. irriguum Milde [1851]
  • Equisetum arvense var. duffortianum Hy [1898]
  • Equisetum arvense var. alpestre Wahlenb. [1812]
  • Equisetum arvense subsp. riparium (Fr.) Nyman [1884]
  • Equisetum arvense subsp. alpestre (Wahlenb.) Arcang. [1882]
  • [1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Xestela DescriciónXestela Distribución e hábitatXestela Composición químicaXestela PropiedadesXestela Usos na menciña herboristaXestela Outros usosXestela Denominación popularXestela SinónimosXestela NotasXestela Véxase taménXestelaEquisetáceasEspecieFento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sólido platónicoRefraneiro galego sobre o mes de maioJosé Antonio ArdanzaCarballo comúnAves acuáticasDía de San XurxoJosé Luis GilIdade do CobreProtocolo de transferencia de arquivosXosé Luís BernalIrene FerrerasJosé López CamposArantza PortabalesMontse DopicoO comparativo galegoBatalla de CacheirasLeonardo da VinciMiñocaMaría JamardoSantiago AbascalBidueiroVacaEstrella GaliciaArnaldo OtegiXílgaroOzzy OsbourneRaffaella CarràJenna JamesonHistoria de LimaDereito de autoríaLuis Ferrer i BalsebreCastelo da PicoñaKeanu ReevesSamuel Eto'oJude BellinghamEuropaRonaldinhoCarlos NegroIrmandiñosVladimir PutinMarie CurieAsunta Basterra PortoRamiro CarregalIlustrísimaCreampieJesús Hidalgo BermejoEstadio Santiago BernabéuRomaSonia FerrerDitongoA memoria da choivaValentín García GómezAndoriñaRakel WinchesterCangasO porco de péSistema operativoMichelle Clemente EscotetJorge Sanz MirandaGrândola, Vila Morena23 de abrilReal Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónEva Iglesias MiguénsManuel MaríaAbrilZanfonaIndependentismo galegoItä-Helsingin KiekkoSalgueiroRianxoPeer-to-peer🡆 More