En xadrez, a posición de xaque mate, ou mate, é aquela coa que o último bando que moveu gaña a partida.
É dicir, hai un xaque ao rei, que non pode ser evitado mediante ningunha xogada legal por parte do bando ameazado.
O xaque como xogada de ameaza de captura que é, só pode ser evadido dun dos tres seguintes xeitos:
Se ningunha das tres formas anteriores é posible, fálase entón dun xaque mate.
A continuación preséntanse os mates fundamentais máis comúns onde un bando só ten ao seu rei e o outro ademais do seu rei ten o mínimo material para forzar ao xaque mate ao contrario.
Nótese que dous cabalos non poden forzar un xaque mate a un rei solitario.
Estes diagramas mostran a posición básica de xaque mate cunha dama, a cal pode ocorrer en calquera beira do taboleiro. Obviamente, a posición exacta pode variar do diagrama. Sendo a quenda das negras, o mate pode ser forzado en non máis de dez movementos a partir de calquera posición inicial das pezas.
Na primeira posición, a dama está directamente enfronte do rei inimigo.
Na segunda posición, os reis están en oposición e a dama fai mate desde un flanco do rei.
Este é o primeiro mate que debe practicar o principiante, xa que é o máis sinxelo e fácil de comprender. Débese de levar ao rei inimigo á banda con dúas torres usando o método coñecido como "a escaleira".Para conseguir este mate non fai falta a axuda do rei.
A continuación preséntase a posición básica de mate cunha torre, o cal pode ocorrer en calquera beira do taboleiro. Sendo quenda das negras, o mate pode forzarse en non máis de 16 xogadas a partir de calquera posición inicial das pezas.
A continuación, preséntanse os dous xaques mates básicos que poden realizar un alfil e un cabalo, o mate pode ser forzado soamente nunha esquina en que o alfil teña control. Sendo quenda das brancas, o mate pode forzarse en non máis de 33 movementos a partir de calquera posición inicial das pezas, exceptuando aquelas en que o rei negro realiza un ataque dobre ao cabalo e ao alfil e non é posible salvar material. Con todo, o proceso do mate é difícil e require xogadas precisas, xa que un pequeno erro pode resultar en táboas pola regra do quincuaxésimo movemento.
O primeiro diagrama mostra un mate realizado polo alfil co rei no recuncho.
O segundo diagrama mostra un mate executado polo cabalo, co rei nunha casa preto do recuncho e o alfil entre ambos os dous reis. Alternativamente, o cabalo pode colocarse en d7.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xaque mate, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.