Wilton Norman Wilt Chamberlain, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 21 de agosto de 1936 e finado nos Ánxeles (California) o 12 de outubro de 1999, foi un xogador estadounidense de baloncesto que militou nos Philadelphia/San Francisco Warriors, Philadelphia 76ers e Los Angeles Lakers.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Wilt Chamberlain | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 13 |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 131 kg (288 lb) |
Nacemento | 21 de agosto de 1936 Filadelfia, PA |
Morte | 12 de outubro de 1999 (63 anos) Bel Air, Os Ánxeles, CA |
Carreira | |
Universidade | UCLA |
NBA Draft | 1959 Por Philadelphia Warriors |
Tempadas | 1959–1974 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 31 419 (30,1 ppp) |
Rebotes | 23 924 (22,9 rpp) |
Asistencias | 4 643 (4,4 app) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Coñecido como "Wilt the Stilt" (Wilt o pilote) (alcume que odiaba) ou "The Big Dipper", é lembrado coma un dos xogadores de baloncesto máis dominantes de tódolos tempos polas súas estatísticas e logros acadados durante a súa carreira profesional, como por exemplo ser o único xogador da historia de NBA cunha media de puntos superior a 40 e 50 puntos durante a liga regular ou anotar 100 puntos nun partido de competición.
Naceu no seo dunha familia con nove fillos. Nos seus primeiros anos no colexio destacou como un completo competidor en atletismo, con estatísticas dun bo decatleta. Chegou a saltar 1,98 en salto de altura, a correr as 440 iardas en 49 segundos, as 880 yardas en 1:58.3, lanzar o peso a 16,27 metros e a saltar en salto de lonxitude 6,7 metros. Descubriu o baloncesto en sétimo grao, descubrindo enseguida que era un deporte ideal para el. Xa medía 2,11 metros cando entrou no Instituto Overbrook de Filadelfia. Alí mostrouse como un dos xogadores máis dominantes en High School de tódolos tempos.
Chamberlain suscitou a atención de todo o país xogando no Instituto Overbrook en West Philadelphia (1951-1955), liderando á súa escola aos Campionatos Cidadáns en 1954 e 1955. Anotou 90 puntos, incluído 60 nun período de 10 minutos, contra o equipo do Instituto Roxborough. No seu ano sénior anotou 800 puntos nos primeiros 16 partidos e foi nomeado All-American. Conseguiu un total de 2.252 puntos na súa carreira no instituto, cunha media de 37,4 puntos por partido, polo que máis de 200 universidades interesáronse polos seus servizos.
Posteriormente xogaría dous anos na Universidade de Kansas (por entón os freshmen, estudantes de primeiro ano, non podían xogar ao baloncesto na NCAA), onde foi nomeado All-American en dúas ocasións e liderou aos Jayhawks até a final do campionato de 1957, perdéndoa ante Carolina do Norte por 81-80 tras tres prórrogas. A pesar diso, foi nomeado xogador máis destacado da Final Four.
Tras un ano frustrante, no que Kansas non logrou clasificarse para o torneo NCAA (por entón, os equipos que perderan o campionato de liga non eran convidados), Chamberlain decidiu converterse en xogador profesional. Foi contratado por Philadelphia Warriors, quen lle escolleron en 1955 como unha elección territorial (nun draft que ese ano a NBA creou no que se permitía a un equipo reclamar a un xogador dunha universidade local). Os regulamentos prohibían entón entrar na NBA antes de cumprir os catro anos universitarios, polo que Wilt non puido entrar na liga até 1959.
Neste intervalo, Chamberlain xogou unha tempada cos Harlem Globetrotters. Abe Saperstein, adestrador dos Trotters, tiña o dilema de posuír dous grandes pivotes: Meadowlark Lemon, coñecido como "Clown Prince", e o propio Chamberlain. Saperstein aproveitou a Wilt como base, posición na que puido mostrar a súa capacidade de tiro, de pase e as súas habilidades penetrando a canastra. Chamberlain foi, posiblemente, o xogador máis alto que se viu nunha cancha xogando na posición de base. A súa camiseta co número 13 foi retirada como homenaxe. Tras esa tempada, foi seleccionado na terceira posición do Draft da NBA por Philadelphia Warriors, aínda que foi en realidade unha elección territorial.
Na súa primeira tempada cos Warriors (1960), Chamberlain foi o máximo anotador da liga, cunha media 37,6 puntos por partido, e máximo reboteador, con 27. Foi nomeado MVP tras anotar 25 puntos e coller 27 rebotes durante a vitoria do Leste sobre o Oeste. Tamén se converteu no primeiro xogador (posteriormente faríao tamén Wes Unseld en 1969) en ser nomeado MVP e Rookie do Ano na mesma tempada. Con Wilt de pivote, os Warriors pasaron nun ano de ser os peores da súa división a posuír a segunda mellor marca da NBA. Con todo, foron eliminados nas Finais de Conferencia por Boston Celtics, algo que se repetiría moitas veces na súa carreira.
Dende que os Celtics foron colocados na mesma división do Leste que os Warriors, Chamberlain e os seus compañeiros non puideron alcanzar as Finais da NBA xa que sempre caían derrotados polos "verdes". Aqueles foron os míticos Celtics que lograron once aneis en trece tempadas liderados por Bill Russell. Con todo, Chamberlain estableceuse como un dos mellores xogadores de todos os tempos. Nos seus primeiros cinco anos na liga, as súas medias foron 37,6 puntos por partido e 27 rebotes (1960), 38,4 ppp e 27,2 rpp (1961), 50,4 ppp e 25,7 rpp (1962), 44,8 ppp e 24,3 rpp (1963), 36,9 ppp e 22,3 rpp (1964) e 38,9 ppp e 23,5 rpp (1965). O xogador que máis se achegou a esas medias de anotación foi Elgin Baylor, cunha media de 38,3 puntos por partido na tempada 1961-62. A seguinte mellor actuación reboteadora foi de Bill Russell, con 24,7. En 1963 os Warriors mudáronse a San Francisco, e en 1964 Chamberlain e os seus San Francisco Warriors perderon con Boston Celtics nas Finais da NBA. Tras esa tempada, Wilt foi traspasado a Philadelphia 76ers.
De volta á Conferencia Leste, a dinastía dos Celtics frustrou de novo a Chamberlain no seu camiño cara ás Finais. A final de conferencia dese ano chegou ao sétimo e definitivo partido moi igualada, sendo finalmente gañada polos Celtics nun final lendario, cando Hal Greer tentou pasar o balón a un compañeiro e John Havlicek roubouna para dar a vitoria a Boston.
Chamberlain foi a peza central dos 76ers de 1967 que incluían aos por entón futuros membros do Hall of Fame Greer e Billy Cunningham, ademais doutros xogadores fundamentais como Chet Walker e Luke Jackson e Rubén Graza. Nos primeiros 50 partidos da liga o equipo levaba un balance de 46-4, indo en progresión por entón de conseguir 68 triunfos. En playoffs por fin venceron aos Celtics, cortándolles así a súa serie de oito aneis consecutivos, antes de conseguir o título da NBA ante San Francisco Warriors en seis partidos. Nesa serie, Wilt promedió uns relativamente modestos 17,7 puntos por partidos, aínda que tamén uns incribles 28.7 rebotes por encontro. De feito, o seu peor partido na faceta reboteadora foi o sexto, con 23. Esta fazaña é máis asombrosa tendo en conta que o pivote rival era o impoñente Nate Thurmond, que promediou 26,7 rebotes nesa serie. Chamberlain e Thurmond convertéronse nos 5º e 6º xogadores (e últimos até a data) en capturar máis de 20 rebotes en cada un dos partidos das Finais da NBA. En 1980, eses Philadelphia 76ers foron votados como o mellor equipo dos primeiros 35 anos de competición. O propio Wilt dixo que ese foi o mellor equipo da historia. Chamberlain recibiu o seu terceiro MVP esa tempada. En 1967-68, Chamberlain foi nomeado MVP por cuarta e última vez, mentres se convertía no primeiro pivote en liderar a liga en asistencias da historia, con 702 e 8,6 de media. Por terceiro ano consecutivo, os 76ers tiveron o mellor rexistro da liga, pero os Celtics elimináronlles en sete partidos nas Finais de Conferencia Leste.
Ao ano seguinte, Wilt Chamberlain foi traspasado a Los Angeles Lakers, onde compartiu vestiario con Elgin Baylor e Jerry West, futuros membros do Hall of Fame, creando unha das máis prolíficas máquinas anotadoras de baloncesto de todos os tempos. Baylor e Chamberlain, con todo, xogaron só uns poucos partidos como compañeiros de equipo debido á retirada dun por problemas familiares e de equipo, e á lesión de xeonllo do outro. Esta lesión limitou o número de partidos que xogou ante un mozo pivote dos Milwaukee Bucks Lew Alcindor, que logo sería coñecido como Kareem Abdul-Jabbar. O pivote dos Lakers foi o único xogador capaz de taponar un dos seus míticos "sky-hook" (ganchos). Esa tempada os Lakers fixéronse co título vencendo a un vellos pero batalladores Celtics.
En 1970, a adquisición de Gail Goodrich reforzou o xogo ofensivo dos Lakers tras a perda de Baylor. Nas Finais, perderon ante New York Knicks, un dos mellores equipos defensivos da era post-Russell-Celtics. Ambos os equipos disputaron unha difícil e competitiva serie, pero no quinto partido Willis Reed sufriu unha seria lesión de xeonllo. Os Knicks gañaron ese encontro, pero no seguinte foron esnaquizados polo xogo ofensivo de Wilt Chamberlain, e todo parecía indicar que xogarían o sétimo e definitivo partido sen o seu pivote titular. Con todo, Reed, cojeando, gañoulle o salto inicial a Chamberlain e anotou o catro primeiros puntos do seu equipo, levando ao seu equipo a un dos partidos de playoffs de desempate máis famosos de todos os tempos. Aínda que Reed só puido xogar unha pequena parte do partido, e cando o fixo realmente custáballe moverse, Chamberlain anotou soamente 21 puntos (cando esa tempada a súa media era de 27,3) en 16 tiros, moitos para un sétimo partido dunhas Finais. Ademais, na liña de tiros libres asinou un triste 1/11, quizais o seu peor partido xamais visto nesta faceta.
En 1971 os Lakers realizaron un notable movemento asinando ao antigo xogador dos Celtics Bill Sharman como adestrador. Sharman explotou todas as calidades defensivas de Chamberlain. Este experimento resultou ser moi exitoso, sendo Wilt elixido no mellor quinteto defensivo da tempada por primeira vez na súa carreira, e cos Lakers batendo o seu récord de vitorias, 69, incluíndo o mítico refacho de 33 vitorias consecutivas, a máis longa na historia do deporte americano profesional. Chamberlain, pouco impresionado, ironizou: "Eu xoguei cos Harlem Globetrotters e gañamos 445 partidos seguidos".
Chamberlain e West gañarían o seu primeiro e único título cos Lakers en 1972, na primeira tempada sen Baylor. Este equipo tamén incluía aos beirados Jim McMillian, un anotador, e ao especialista reboteador e defensivo Happy Hairston. Nas series ante os Knicks, Wilt promedió 19,2 puntos por partido, sendo elixido MVP das Finais, principalmente pola súa incrible achega no rebote. No partido final anotou 23 puntos e recolleu 29 rebotes, a pesar de ter danada a súa boneca dereita. Durante a serie promedió 23,2 rebotes por encontro, á idade de 36. Ao ano seguinte, a que sería a súa última tempada como xogador profesional con 37 anos, Chamberlain aínda lideraba a liga en rebotes cunha media de 18,6, mentres asinaba unha marca NBA grazas á súa 72,7% en tiros de campo.
Miro cara atrás e vexo que o meu primeiros sete anos comparados cos meus sete últimos son unha broma en termos de anotación. Parei de lanzar porque os adestradores pedíronme facelo e fíxeno. Ás veces pregúntome se iso foi un erro.Wilt Chamberlain, falando en Philadelphia Daily News
En 1973, San Diego Conquistadors da ABA, unha liga que fora fundada para competir coa NBA, ofreceu a Chamberlain un contrato de 600.000 dólares para ser adestrador-xogador e este aceptou. Os Conquistadors rapidamente difundiron fotos publicitarias de Chamberlain co uniforme oficial do equipo e un balón da ABA. Con todo, Wilt aínda debía aos Lakers o ano de opción sobre o seu contrato, e denunciárono, argumentando que Chamberlain tiña prohibido xogar con outro equipo, aínda que sexa dunha liga diferente. O caso foi arbitrado en favor dos Lakers, e Chamberlain nunca chegou a disputar un partido na ABA. Con todo, Chamberlain adestrou a San Diego aquel ano.
Temp. | Idade | Equipo | Liga | P | TIT | MIN | TC | TCA | %TC | 3P | 3PA | %3P | TL | TLA | %TL | R.OF. | R.DEF. | REB | ASIS | ROB | TAP | PER | FP | PTS |
1959-60 | 23 | Philadelphia | NBA | 72 | 46.4 | 14.8 | 32.1 | .461 | 8.0 | 13.8 | .582 | 27.0 | 2.3 | 2.1 | 37.6 | |||||||||
1960-61 | 24 | Philadelphia | NBA | 79 | 47.8 | 15.8 | 31.1 | .509 | 6.7 | 13.3 | .504 | 27.2 | 1.9 | 1.6 | 38.4 | |||||||||
1961-62 | 25 | Philadelphia | NBA | 80 | 48.5 | 20.0 | 39.5 | .506 | 10.4 | 17.0 | .613 | 25.7 | 2.4 | 1.5 | 50.4 | |||||||||
1962-63 | 26 | S.Francisco | NBA | 80 | 47.6 | 18.3 | 34.6 | .528 | 8.3 | 13.9 | .593 | 24.3 | 3.4 | 1.7 | 44.8 | |||||||||
1963-64 | 27 | S.Francisco | NBA | 80 | 46.1 | 15.1 | 28.7 | .524 | 6.8 | 12.7 | .531 | 22.3 | 5.0 | 2.3 | 36.9 | |||||||||
1964-65 | 28 | TOTAL | NBA | 73 | 45.2 | 14.6 | 28.5 | .510 | 5.6 | 12.1 | .464 | 22.9 | 3.4 | 2.0 | 34.7 | |||||||||
1964-65 | 28 | S.Francisco | NBA | 38 | 45.9 | 16.7 | 33.6 | .499 | 5.5 | 13.2 | .416 | 23.5 | 3.1 | 2.0 | 38.9 | |||||||||
1964-65 | 28 | Philadelphia | NBA | 35 | 44.5 | 12.2 | 23.1 | .528 | 5.7 | 10.9 | .526 | 22.3 | 3.8 | 2.0 | 30.1 | |||||||||
1965-66 | 29 | Philadelphia | NBA | 79 | 47.3 | 13.6 | 25.2 | .540 | 6.3 | 12.4 | .513 | 24.6 | 5.2 | 2.2 | 33.5 | |||||||||
1966-67 | 30 | Philadelphia | NBA | 81 | 45.5 | 9.7 | 14.2 | .683 | 4.8 | 10.8 | .441 | 24.2 | 7.8 | 1.8 | 24.1 | |||||||||
1967-68 | 31 | Philadelphia | NBA | 82 | 46.8 | 10.0 | 16.8 | .595 | 4.3 | 11.4 | .380 | 23.8 | 8.6 | 2.0 | 24.3 | |||||||||
1968-69 | 32 | L.A. Lakers | NBA | 81 | 45.3 | 7.9 | 13.6 | .583 | 4.7 | 10.6 | .446 | 21.1 | 4.5 | 1.8 | 20.5 | |||||||||
1969-70 | 33 | L.A. Lakers | NBA | 12 | 42.1 | 10.8 | 18.9 | .568 | 5.8 | 13.1 | .446 | 18.4 | 4.1 | 2.6 | 27.3 | |||||||||
1970-71 | 34 | L.A. Lakers | NBA | 82 | 44.3 | 8.1 | 15.0 | .545 | 4.4 | 8.2 | .538 | 18.2 | 4.3 | 2.1 | 20.7 | |||||||||
1971-72 | 35 | L.A. Lakers | NBA | 82 | 42.3 | 6.0 | 9.3 | .649 | 2.7 | 6.4 | .422 | 19.2 | 4.0 | 2.4 | 14.8 | |||||||||
1972-73 | 36 | L.A. Lakers | NBA | 82 | 43.2 | 5.2 | 7.1 | .727 | 2.8 | 5.5 | .510 | 18.6 | 4.5 | 2.3 | 13.2 | |||||||||
Carreira | NBA | 1045 | 45.8 | 12.1 | 22.5 | .540 | 5.8 | 11.4 | .511 | 22.9 | 4.4 | 2.0 | 30.1 |
Temp. | Idade | Equipo | Liga | P | MIN | TCA | TC | 3PA | 3P | TLA | TL | R.OF. | REB | ASIS | ROB | TAP | PER | FP | PTS | %TC | %3P | %FT | MIN | PTS | REB | AST |
1959-60 | 23 | Philadelphia | NBA | 9 | 415 | 125 | 252 | 49 | 110 | 232 | 19 | 17 | 299 | .496 | .445 | 46.1 | 33.2 | 25.8 | 2.1 | |||||||
1960-61 | 24 | Philadelphia | NBA | 3 | 144 | 45 | 96 | 21 | 38 | 69 | 6 | 10 | 111 | .469 | .553 | 48.0 | 37.0 | 23.0 | 2.0 | |||||||
1961-62 | 25 | Philadelphia | NBA | 12 | 576 | 162 | 347 | 96 | 151 | 319 | 37 | 27 | 420 | .467 | .636 | 48.0 | 35.0 | 26.6 | 3.1 | |||||||
1963-64 | 27 | S.Francisco | NBA | 12 | 558 | 175 | 322 | 66 | 139 | 302 | 39 | 27 | 416 | .543 | .475 | 46.5 | 34.7 | 25.2 | 3.3 | |||||||
1964-65 | 28 | Philadelphia | NBA | 11 | 536 | 123 | 232 | 76 | 136 | 299 | 48 | 29 | 322 | .530 | .559 | 48.7 | 29.3 | 27.2 | 4.4 | |||||||
1965-66 | 29 | Philadelphia | NBA | 5 | 240 | 56 | 110 | 28 | 68 | 151 | 15 | 10 | 140 | .509 | .412 | 48.0 | 28.0 | 30.2 | 3.0 | |||||||
1966-67 | 30 | Philadelphia | NBA | 15 | 718 | 132 | 228 | 62 | 160 | 437 | 135 | 37 | 326 | .579 | .388 | 47.9 | 21.7 | 29.1 | 9.0 | |||||||
1967-68 | 31 | Philadelphia | NBA | 13 | 631 | 124 | 232 | 60 | 158 | 321 | 85 | 29 | 308 | .534 | .380 | 48.5 | 23.7 | 24.7 | 6.5 | |||||||
1968-69 | 32 | L.A. Lakers | NBA | 18 | 832 | 96 | 176 | 58 | 148 | 444 | 46 | 46 | 250 | .545 | .392 | 46.2 | 13.9 | 24.7 | 2.6 | |||||||
1969-70 | 33 | L.A. Lakers | NBA | 18 | 851 | 158 | 288 | 82 | 202 | 399 | 81 | 42 | 398 | .549 | .406 | 47.3 | 22.1 | 22.2 | 4.5 | |||||||
1970-71 | 34 | L.A. Lakers | NBA | 12 | 554 | 85 | 187 | 50 | 97 | 242 | 53 | 33 | 220 | .455 | .515 | 46.2 | 18.3 | 20.2 | 4.4 | |||||||
1971-72 | 35 | L.A. Lakers | NBA | 15 | 703 | 80 | 142 | 60 | 122 | 315 | 49 | 47 | 220 | .563 | .492 | 46.9 | 14.7 | 21.0 | 3.3 | |||||||
1972-73 | 36 | L.A. Lakers | NBA | 17 | 801 | 64 | 116 | 49 | 98 | 383 | 60 | 48 | 177 | .552 | .500 | 47.1 | 10.4 | 22.5 | 3.5 | |||||||
Carreira | NBA | 160 | 7559 | 1425 | 2728 | 757 | 1627 | 3913 | 673 | 402 | 3607 | .522 | .465 | 47.2 | 22.5 | 24.5 | 4.2 |
Tras o seu período nos Conquistadors, terminou aburrido do traballo de adestrador. Entrou de maneira triunfal na industria do entretemento e converteuse en home de negocios, abrindo ademais unha popular discoteca en Harlem chamada Smalls Paradise. Chamberlain tamén patrocinou aos seus equipos profesionais de voleibol e atletismo, aparecendo tamén en anuncios de Drexel Burnham, Le Tigre Clothing e Foot Locker, e na película "Conan o destrutor" xunto con Arnold Schwarzenegger en 1984. Publicou varios libros, entre os que destaca Who's Running the Asylum? Inside the Insane World of Sports Today (1997), no que critica duramente á NBA da década dos 90 por mostrarse irrespetuosa cos xogadores do pasado.
Chamberlain meditou regresar ás pistas na década dos 80 debido ao seu gran estado de forma a pesar da súa idade. Na tempada 1980-81, Larry Brown admitiu que Cleveland Cavaliers fixera unha oferta a Chamberlain, que por entón tiña 45 anos. Cinco anos máis tarde, New Jersey Nets tentouno de novo pero Chamberlain volveu declinar a oferta. Até o seu rápido empeoramento de saúde en 1999, Chamberlain sempre estivo nun gran estado físico, chegando mesmo a correr a miúdo maratóns.
Cun repertorio ofensivo que consistía de mates, finger rolls (bandexa sutil coas xemas dos dedos) e un tiro fadeaway (virarse e saltar en dirección contraria á canastra e o seu defensor), Wilt Chamberlain posúe preto de 100 récords da NBA, incluído os de máis puntos anotados nun partido: 100. A día de hoxe é aínda o único xogador capaz de anotar máis de 4.000 puntos nunha tempada (é difícil ver que alguén exceda incluso os 3.000). Tamén conseguiu 55 rebotes nun partido, e promedió 27 esa tempada, batendo o récord de media de rebotes nunha tempada, e que a data de hoxe aínda se mantén. De 1959 a 1963 (5 tempadas), Chamberlain tivo unha carreira espectacular, conseguindo 5 das 7 mellores medias anotadoras de todos os tempos (incluíndo as 3 primeiras). En 1962 promedió 50,4 puntos por partido, e ao ano seguinte 44,8. O seu rival máis próximo nesta categoría foi Elgin Baylor, que 1962 rexistrou a 4º mellor media anotador da historia, con 38,3.
Antes da tempada 1961-62, a marca de máis puntos nun partido posuíao Elgin Baylor dos Lakers con 71. O 8 de decembro de 1961, os Warriors xogaron ante os Lakers e Chamberlain anotou 78 puntos, superando a marca de Baylor, nun partido de tres prórrogas. O lendario comentarista dos Lakers "Chick" Hearn a miúdo contou a historia de que preguntou a Baylor ao finalizar o partido se estaba molesto por perder a marca daquel xeito, con Wilt tendo quince minutos suplementarios no partido para exceder o seu rexistro. Segundo Hearn, Baylor non estaba preocupado porque "un día, o tipo anotará 100 puntos".
Menos de tres meses máis tarde, o 2 de marzo de 1962, nunha vitoria sobre os Knicks por 169-147 no Hersheypark Area en Hershey, Pensilvania, Wilt Chamberlain anotou nin máis nin menos que 100 puntos (59 na segunda metade). De feito, dise que Chamberlain anotou a última canastra a falta de 46 segundos para o final, pero xa non había nada que puidese facer parar ao xentío sobre a cancha de xogo. Debido a que o partido non foi televisado, non existen imaxes nin vídeos do mesmo, aínda que si unha gravación de son da emisión de radio do partido.
Chamberlain asinou un 36/63 en tiros de campo e un 28/32 na liña de tiros libres; algo notable dado que Wilt apenas anotou a metade de tiros libres que lanzou en toda a súa carreira. Hai que lembrar que por entón non existía a liña de tres puntos. Chamberlain inicialmente dixo que sentía "avergoñado" desas estatísticas, por lanzar 63 veces a canastra e conseguir anotar "só" 36 tiros. Tres xogadores dos Knicks excederon a trintena de puntos nese encontro, pero de todas as maneiras, nin xuntando todos eses puntos superaban a fazaña individual de Chamberlain. O partido dos 78 puntos anotados ante os Lakers en tres prórrogas permaneceu como a segunda marca de máis puntos anotados nun só encontro durante máis de 40 anos, até o 22 de xaneiro de 2006, cando Kobe Bryant, escolta dos Lakers, endosou 81 puntos a Toronto Raptors.
O impacto de Chamberlain no xogo queda reflectido no feito de que a súa camiseta número 13 foi retirada por cinco equipos diferentes:
Totais - Carreira | Media por partido | Totais - Playoffs | Totais- All-Star |
---|---|---|---|
Partidos xogados: 1.045 | Partidos xogados: 160 | Partidos xogados: 13 | |
Puntos: 31.419 | Puntos: 30,1 | Puntos: 3.607 | Puntos: 191 |
Rebotes: 23.924 | Rebotes: 22,9 | Rebotes: 3.913 | Rebotes: 197 |
Asistencias: 4.643 | Asistencias: 4,4 | Asistencias: 673 | Asistencias: 36 |
Hai un feito que fala por si só, e é que as súas incribles estatísticas son inigualables. Pero o argumento máis utilizado na súa contra é que "só" gañou dous aneis de campión, que se se comparan cos gañados por outros grandes xogadores (Magic Johnson, por exemplo, gañou cinco, Michael Jordan e Kareem Abdul Jabbar seis e Bill Russell once), poden en principio saber a pouco. O propio Wilt di na súa primeira autobiografía, Wilt: Just Like Any Other 7-Foot Black Millionaire Who Lives Next Door: "Non son naturalmente competitivo e agresivo. Non teño un instinto asasino". Isto quedou patente nunha ocasión: o sétimo partido das Finais da NBA de 1970, famosas debido a que o pivote dos Knicks Willis Reed xogou coxeando. Por mor da inmobilidade de Reed, Chamberlain debería anotar tanto canto quixo. Con todo, contribuíu soamente con 21 puntos e os Lakers perderon o partido e, por tanto, o campionato.
Con todo, os partidarios de Chamberlain ofrecen varios argumentos para defender que é o mellor xogador da historia. Wilt era tan dominante que obrigou á NBA a cambiar varias regras para frustrarlo, por exemplo a creación dunha regra baseada na prohibición de palmear o balón no círculo superior imaxinario do aro (chamado "goaltending"). Tamén ensancharon as liñas da cancha para facer máis lento o seu progreso e que se fatigase máis. Cando preguntaron ao lendario Oscar Robertson sobre si Chamberlain era o mellor xogador da historia, contestou: "os libros non menten".
Pero non só en baloncesto tiña éxito, senón tamén noutros deportes. Participou co seu equipo en probas universitarias de atletismo, excedendo os dous metros en salto de altura, correndo os 440 en 49 segundos, os 880 en 1:58.3, e os 100 en 10.9. Tamén participou en competicións de voleibol (deporte no que destacaba), automobilismo, flirteou co boxeo e foi ofrecido a xogar con Kansas City Chiefs en 1966, equipo de fútbol americano.
Tras a súa retirada foi actor, unha celebridade e home de negocios. En 1984, tivo un papel secundario na película Conan o Destrutor, de Arnold Schwarzenegger. Mentres que Chamberlain vivía a boa vida co baloncesto, cobraba unha miseria comparado cos xogadores da era moderna. Con todo fíxose multimillonario debido a varios investimentos lucrativos en bens inmobles dos Ánxeles.
Na súa segunda autobiografía, A View from Above (1991), afirma que tivo relacións sexuais cunhas 20.000 mulleres. Isto significaría que, en media, tivo sexo con máis dunha muller nova diariamente desde os 15 anos. Debido a isto, moita xente dubida das súas afirmacións, aínda que poucos se pregunten o feito da súa promiscuidade. Foi moi criticado e acusado de realizar estereotipos sobre os afroamericanos, e do seu comportamento irresponsable, especialmente debido á crise do sida, que avanzaba con forza na década de 1980, cando se produciron varios dos seus encontros con mulleres. Wilt defendeuse dicindo que soamente estaba a facer "algo natural", e que procuraba non deitarse con mulleres casadas. Chamberlain foi toda a súa vida solteiro, e que se saiba, non tivo ningún fillo, a pesar de ser un auténtico mullereiro.
O 12 de outubro de 1999 Chamberlain morreu dun ataque cardíaco mentres durmía na súa casa de Bel-Air, California. Estaba baixo coidado de cardiólogos e outros médicos debido aos seus problemas de corazón nos seus últimos anos de vida. Tiña 63 anos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wilt Chamberlain, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.