Polgada: Unidade de lonxitude

A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.).

En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición).

Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.[Cómpre referencia] Foi utilizada en moitos países, con diferentes equivalencias (moi probablemente dependendo da anchura da falanxe do gobernante que fixou a medida ou, máis ben, do tamaño desa falanxe que quería ter o gobernante para que os súbditos o tivesen por alguén moi grande).[Cómpre referencia] Pero tras a introdución do sistema métrico decimal no século XIX, foise abandonando en case todo o planeta, salvo nos países da angloesfera (aínda que tamén neles estase empezando a adoptar o Sistema Internacional de Unidades).

Como exemplo, unha polgada castelá equivalía a 23,22 milímetros, mentres que a anglosaxoa actual equivale a 25,4 mm. A polgada é unha medida de lonxitude antropométrica que equivalía á lonxitude dun polgar. En inglés chámase inch.

A polgada no mundo

A polgada foi substituída en gran parte do mundo por unidades do SI. As equivalencias son:

  • En uso
    • 1 polgada (Sistema imperial británico) = 2,54 cm.
  • Obsoletas
    • 1 polgada (Sistema castelán de Filipe II) = 2,32166 cm.
    • 1 polgada (Aragón) = 2,14 cm.
    • 1 polgada (México) = 2,3278 cm.

A polgada imperial segue en uso, aínda que confinada sobre todo a Estados Unidos. En 1958 definiuse que a polgada imperial equivalería a exactamente 2,54 centímetros.

Polgada: Unidade de lonxitude 

Equivalencias

  • 1 vara / 1 iarda = 36 polgadas
  • 1 varapé = 12 polgadas
  • 1 polgada = 12 liñas
  • 1 polgada = 72 puntos

Nota: Cando se fala de roscas de gas en polgadas, esta medida non se refire directamente ao diámetro da rosca. Para coñecer a medida exacta do diámetro o mellor é acudir a un prontuario mecánico. Buscar como rosca "Briggs" americana para tubos de gas, auga e vapor. Por exemplo rosca G1/4 --> Diámetro exterior medio = 12,12 mm

Tags:

Estados Unidos de AméricaGran BretañaLingua inglesaLonxitudeMetro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CucoPrimeira división española de fútbolHijos de RiveraÁlvaro García DiéguezJavier Fernández AbruñedoGalifontesDistribuciónDavid Álvarez ReyDiego AnidoRakel WinchesterInternetElvis PresleyRía da CoruñaTormentaFidel FernánHistoria de GaliciaManuel ComesañaCeltas CortosRoko (actriz)Viana do BoloShutter IslandNino BravoClaudio GiráldezSharon StoneRibeiraSanta CombaTerna pitagóricaManuel ManquiñaCarrizo (paxaro)Real Academia GalegaBukkakeLa Voz de GaliciaInglourious BasterdsMexacánSéchu SendeReboreda, RedondelaJosé Manuel López VarelaPadre CasaresPanel solarNoiaAmerican Psycho (filme)BoiroXosé Antonio TouriñánEscudo de GaliciaLusofoníaFerrolEntíns, OutesPosición do misioneiroAmaia MonteroHLA-AElena FuriaseMiguel Pampín RúaBordeosDonald SutherlandAvespa asiáticaLand Rober Tunai ShowDjalminhaJosito PortoÍñigo AlfonsoMSNGaliciaPeaky BlindersA Pobra do CaramiñalDolores IbárruriJosé López CamposDavid WalliamsVoo 587 de American AirlinesMaría ReimóndezSilva bravaO soño sulagadoHLA-DQMiguel de LiraVerbos galegos ser, estar e irGuezosFurón🡆 More