Música Voz

A voz é o son producido polo aparello fonador humano.

A emisión consciente de sons producidos utilizando o aparello fonador é coñecida como canto. O canto ten un rol importante na arte da música, porque é o único instrumento musical capaz de integrar palabras na liña musical.

Música Voz
Espectrograma da oración do checo Strč prst skrz krk que significa 'Insire o dedo pola gorxa', no espectrograma aprécianse claramente os fonos que a compoñen.

O son vocal prodúcese por unha acción física combinada: dunha banda a función combinada de mucosidade, cordas e músculos vocais e doutra, a resonancia ou non do son así emitido na boca e na cabeza.

Ámbito e tesitura

O ámbito vocal é o rexistro total de frecuencias que pode xerar unha voz. Mídese pola distancia entre a frecuencia máis grave e máis aguda posibles. Porén, as notas graves non son aplicables pola falta de volume, e as notas máis agudas polo volume descontrolado. Por iso, para a música clásica, defínese unha zona apta para o uso musical que se chama tesitura. É máis pequena que o ámbito e está formada polas notas que se poden producir cunha calidade apta para o uso musical. A través de tesitura e timbre, as voces poden clasificarse.

Rexistros vocais

No século XVI inícianse as composicións polifónicas. O pioneiro da composición a catro voces foi o francés Josquin des Prés (1457/58 - 1521). A nova técnica coral fixo necesario diferenciar tipos de voces que cumprían con diferentes papeis dentro da música. Coa música de catro voces xurdía a clasificación en catro tipos básicos de voz: Sopran, Altus, Tenor e Baixo, que se atopan en partituras de oratorio e ópera ata o día de hoxe.

No século XIX fíxose necesario agregar dúas voces intermedias entre ambos pares: mezzosoprano (feminina) e barítono (masculino). Estas seis voces describen tanto o rexistro como a “cor” (que é un parámetro que combina o timbre da voz e a súa intensidade), seguindo o Sistema Internacional de Índice Acústico:

Rango da voz en termos de frecuencia

En termos de frecuencia, a voz humana está normalmente entre o rango de 80 Hertz Hz e 1100 Hz (o que equivale a ir do mi2 ao do6, en notación internacional, mi1 al do5 en notación franco-belga) considerando todo o rango de voces masculinas e femininas.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Música Voz Ámbito e tesituraMúsica Voz Rexistros vocaisMúsica Voz Rango da voz en termos de frecuenciaMúsica Voz Véxase taménMúsica VozAparello fonadorCantoHomo sapiensInstrumento musicalMúsicaPalabraSon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rafael NadalRevolución dos CaraveisRacing Club de FerrolGerardo Pardo de VeraSandra Vázquez DomínguezAnxo AngueiraVila de CrucesArgimiro Marnotes FernándezAs dúas MaríasPadrónRocco SiffrediArco da vellaMaría Xosé QueizánMarta Mariño RegueiroGrândola, Vila MorenaPoloniaSusana FortesRoberto Carlos da SilvaIrmandiñosFelip PedrellMercedes MiláRSSLuciano PavarottiO Barco de ValdeorrasYolanda DíazValentín García GómezPafnuty ChebyshevMartin Luther KingSabugueiroCSSIria MisaCopia por contactoTamara CanosaCadea de bloquesVerbos galegos ser, estar e irBubelaGrupo RompenteIndiaMarie CurieVicente RiscoTelevisión de GaliciaGuillermo VicenteSabela López PatoThe Beekeeper (2024 film)163Ouka LeeleMagnitude aparenteEmilia Pardo BazánOs EoasXabarín ClubLuísa VillaltaLuis Ángel Lago LageOurenseAdriana LastraEva MejutoÑReal Club Celta de VigoLaura Gómez-LacuevaSam WorthingtonMiguel Primo de RiveraVacalouraCinema de GaliciaRosalía de CastroJavier GutiérrezAmorodoIndonesiaHeredeiros da CrusHaikuFrancisco Porto MellaSexo analRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaIlustración en GaliciaEscherichia coliAdwareManuel Núñez SingalaCódigo QRFauna de Galicia🡆 More