Fonoloxía Voz

A física estableceu que para que exista son se requiren tres elementos:

A Voz como Son

  1. Un corpo que vibre
  2. Un medio elástico que vibre (as ondas sonoras son mecánicas que se propagan pola expansión e compresión do propio medio)
  3. Unha caixa de resonancia que amplifique esas vibracións, permitindo que sexan percibidas polo oído.

A voz humana cumpre coas tres condicións sinaladas:

  1. O corpo elástico que vibra son as cordas vocais.
  2. O medio elástico é o aire.
  3. A caixa de resonancia está formada por parte da garganta, pola boca e pola cavidade nasal.

O aparello fonador humano

O aparello fonador compóñeno 3 grupos de órganos diferenciados:

  1. Órganos de respiración (Cavidades infraglóticas: pulmóns, bronquios e traquea).
  2. Órganos de fonación (Cavidades glóticas: larinxe, cordas vocais e resoadores -nasal, bucal e farínxeo-).
  3. Órganos de articulación (cavidade supraglóticas: padal, lingua, dentes, beizos e glote) .

Ademais, o correcto funcionamento do aparello fonador contrólao o sistema nervioso central, pois máis aló da mera fonoloxía, está o significante. Especificamente, sábese que o control da fala se realiza na área de Broca situada no hemisferio esquerdo da cortiza cerebral.

A produción da fala

A fonación realízase durante a expiración, cando o aire contido nos pulmóns, sae destes e, a través dos bronquios e a traquea, chega á larinxe.

Na larinxe atópanse as cordas vocais. As cordas vocais non teñen forma cordófona senón que se trata dunha serie de pregues ou beizos.

Hai 4 cordas vocais:

    • 2 superiores (bandas ventriculares), que non participan na articulación da voz.
    • 2 inferiores, as verdadeiras cordas vocais, responsables da produción da voz.

As dúas cordas inferiores son dous pequenos músculos elásticos:

  • Se se abren e se recollen aos lados, o aire pasa libremente, sen facer presión: respiramos.
  • Se, pola contra, se xuntan, o aire peta contra elas producindo o son que denominamos voz.

Hai 3 mecanismos básicos de produción de voz:

  • Vibración das cordas que produce os sons tonais ou sonoros (vocais, semivogais, nasalé etc.).
  • As interrupcións (totais ou parciais) no fluxo de aire que sae dos pulmóns que dá lugar aos sons "xordos" (fricativas etc.)
  • A combinación de vibración e interrupción, como as oclusivas sonoras (en galego 'b', 'd' e 'g').

O rango vocal determínao a flexibilidade das cordas vocais, que permite diferenciar os distintos tipos de voces (en canto: tenor, soprano, contralto, ...), en función da altura, intensidade e timbre.

O son producido nas cordas vocais é moi feble; por iso, debe ser amplificado. Esta amplificación terá lugar nos resoadores nasal, bucal e farínxeo, onde se producen modificacións que consisten no aumento da frecuencia de certos sons e a desvalorización doutros.

A voz humana, unha vez que sae dos resoadores, é moldeada polos articuladores (padal, lingua, dentes, beizos e glote), transformándose en sons da fala: fonemas, sílabas, palabras, ... A posición concreta dos articuladores determinará o son que emita a voz.

Tags:

FísicaSon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mucha e NuchaMaio2IndiaLBaiuca (banda)SexoAlba CidMesopotamiaO incerto señor Don HamletRamón López RodríguezUJimmy GaroppoloSuomen JääkiekkoleijonatWAmanitaBipartito galegoCastelo de MesíaLingua polacaCarles PuigdemontConsellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaHistoria do CairoValderreiMinia ManteigaNormativa oficial do galegoJosé Cornide SaavedraFerroAtlánticaMoinanteDaft PunkEscociaÁ lus do candilMitoloxía galegaCarlos Fernández CastroTiburónsRafael DiesteBReconquista de VigoCelso ParadaCroaciaPatacaAs bestasMaría KodamaPartido Independentista PortorriqueñoMichael JacksonLeonarda de TalloCemiterio de Santo Amaro da CoruñaMar TirrenoGuadi GalegoRomaCasto Sampedro FolgarCangasAs crónicas do sochantreSerbiaGmailCalendario persaMarc MárquezAlexandra Fernández GómezLista de ríos de GaliciaHFrancisco Fernández del RiegoPotaLingua casteláContactorCharo LopesLista de países por poboaciónGoretti SanmartínEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosFlandresFachada do ObradoiroVConcha VelascoAlejandro Mon Landa LandaMiguel Ángel Zabalza BerazaPablo Díaz🡆 More