Voo 771 De Afriqiyah Airways: Accidente de aviación en Libia en 2010

O voo 771 de Afriqiyah Airways era un servizo regular internacional de pasaxeiros entre o aeroporto de Xohanesburgo-O.R.

Tambo">aeroporto de Xohanesburgo-O.R. Tambo e o aeroporto de Trípoli. O día 12 de maio de 2010 o Airbus A330-202 que operaba a ruta esnafrouse ao redor das 06:01 hora local (04:01 UTC) cando se aproximaba a Trípoli. Dos 104 pasaxeiros e tripulantes a bordo só sobreviviu un neno neerlandés de nove anos chamado Ruben van Assouw. O accidente do voo 771 foi a terceira perda dun Airbus A330 con vítimas mortais, ocorrendo once meses despois do segundo deles, o accidente do voo 447 de Air France.

Voo 771 de Afriqiyah Airways
Voo 771 De Afriqiyah Airways: Accidente de aviación en Libia en 2010
O avión do accidente
Resumo
Data  12 de maio de 2010
Causa  erro dos pilotos
Lugar  na aproximación ao
aeroporto de Trípoli
Coordenadas  13°07′11″L / 32.661895, 13.119586
Orixe  Xohanesburgo-O.R. Tambo
Destino  aeroporto de Trípoli
Finados  103
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A330-202
Operador  Afriqiyah Airways
Rexistro  5A-ONG
Pasaxeiros  93
Tripulación  11
Superviventes  1

Avión e tripulación

O aparello era un Airbus A330-200, con rexistro 5A-ONG e número de serie 1024, fabricado no ano 2009. Foi entregado en setembro de 2009 e no momento do accidente tiña unhas 1 600 horas de voo nuns 420 ciclos. O avión estaba equipado con dous motores General Electric CF6-80E1. Estaba configurado para unha capacidade de 253 pasaxeiros. Este voo levaba 93 pasaxeiros e 11 tripulantes. A meirande parte dos pasaxeiros eran cidadáns neerlandeses regresando das súas vacacións en Suráfrica. Un traballador do aeroporto afirmou que 13 libios, entre pasaxeiros e tripulantes, e 70 neerlandeses morreran no accidente.

O capitán era Yousef Bashir Al-Saadi, de 57 anos. Fora contratado por Afriqiyah Airways en 2007 e tiña 17 016 horas de voo, incluídas 516 horas no Airbus A330. O primeiro oficial era Tareq Mousa Abu Al-Chaouachi, de 42 anos. Tiña 4 216 horas de experiencia, incluídas 516 no A330. O primeiro oficial de reserva era Nazim Al-Mabruk Al-Tarhuni, de 37 anos, con 1 866 horas, das que 516 eran no A330.

Notas

Tags:

12 de maio2010Aeroporto de Xohanesburgo-O.R. TamboAirbus A330Voo 447 de Air France

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xaxún no islamPafnuty ChebyshevTereixa NavazaKay PachaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoArgimiro Marnotes FernándezBueuAlberto Núñez FeijóoMiley CyrusFidiasGiorgia MeloniCarballo comúnTorre EiffelLingua neerlandesaNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarRuxe RuxeManu ChaoLapa (molusco)FingeringCouto MixtoAntón Losada TrabadaAmieiroPedro J. RamírezMiguel Anxo BastosA Sexta AngustiaModelo OSIAs aves na cultura popular galegaCarlos NegroFeixónEspañaBandeira de GaliciaXosé Neira VilasMonte ApoCastaneaDereito de autoríaEmilio Quiroga LosadaA memoria da choivaLiigaClaudio MonteverdiAlicia BorrásPedro I do BrasilFiúnchoCarlos de Matos GomesDavid PerdomoFrancisco Castro VelosoGérard DepardieuCohesiónCarballoPegaMuralla de LugoSara Vila AlonsoAfonso XII de EspañaMaribel VerdúArteixoSidraA GuardaPosición do canClub Deportivo ArenteiroÁ lus do candilRaquel AtanesSahelYouTubeDe factoCamila BossaAdriana LastraLingua galegaMesopotamiaAlfabeto galegoÁreas lingüísticas do galegoDavid (Donatello)Ramón Otero PedrayoLupus eritematoso sistémicoRamadán🡆 More