Traducións Da Biblia: Edicións traducidas da Biblia

A Biblia foi traducida a moitas linguas dende as linguas bíblicas do hebreo, o arameo e o grego.

En setembro de 2023, o texto completo da Biblia foi traducido a 736 linguas, mentres que o Novo Testamento foi traducido a unhas 1.658 linguas adicionais, e pequenos textos da Biblia foron traducidos a unhas 1.264 linguas máis segundo Wycliffe Global Alliance. Segundo isto, cando menos algunhas partes da Biblia foron traducidas a 3.658 linguas.

Traducións Da Biblia: Texto orixinal, Nova Vulgata, Esforzos modernos de tradución
Unha selección de traducións da Biblia ao inglés contemporáneo.

Os primeiros tradutores trasladaron os textos bíblicos ao siríaco, latín, ge'ez, gótico e eslavo, entre outros. A versión latina da Vulgata do século IV de Xerome de Estridón foi dominante no cristianismo occidental durante a Idade Media. Dende entón, a Biblia foi traducida a moitas máis linguas.

Texto orixinal

Biblia hebrea

A Biblia hebrea foi escrita principalmente en hebreo bíblico, con algunhas partes (notablemente nos libros de Daniel e Esdras) en arameo bíblico. Dende o século VI ata o século X, os eruditos xudeus, hoxe coñecidos como masoretas, compararon o texto de varios manuscritos bíblicos nun esforzo por crear un texto unificado e estandarizado. Finalmente xurdiu unha serie de textos moi semellantes, e calquera destes textos coñécese como textos masoréticos. Os masoretas tamén engadiron puntos vocálicos (chamados niqqud) ao texto, xa que o texto orixinal contiña só consoantes. Isto requiría ás veces a selección dunha interpretación xa que algunhas palabras difiren só nas súas vogais o seu significado pode variar segundo as vogais escollidas. Na antigüidade existían variantes de lecturas hebreas, algunhas das cales sobreviviron no Pentateuco samaritano e noutros fragmentos antigos, ademais de estar testemuñadas en versións antigas noutras linguas.

Novo Testamento

O Novo Testamento escribiuse orixinalmente en grego koiné informando da fala orixinalmente en arameo, grego e latín (véxase Lingua do Novo Testamento.)

Os autógrafos, os manuscritos gregos escritos polos autores orixinais, non sobreviviron. Os estudosos conxecturan o texto orixinal grego a partir dos manuscritos que sobreviven. As tres principais tradicións textuais do Novo Testamento grego son o tipo textual alexandrino, o tipo textual bizantino e o tipo textual occidental.

A maioría das variantes entre os manuscritos son menores, como a ortografía alternativa, a orde alternativa das palabras, a presenza ou ausencia dun artigo determinado opcional ("o"), etc. En ocasións, ocorre unha variante importante cando faltaba unha parte dun texto ou por outros motivos. Exemplos de variantes principais son o final de Marcos, o Pericope Adulteræ, o Coma xoánica e a versión occidental dos Feitos.

O descubrimento de manuscritos máis antigos que pertencen ao tipo textual alexandrino, incluíndo o Codex Vaticanus e o Codex Sinaiticus do século IV, levou aos estudosos a revisar a súa opinión sobre o texto orixinal grego. Karl Lachmann baseou a súa edición crítica de 1831 en manuscritos que datan do século IV e anteriores, para argumentar que o Textus Receptus debe ser corrixido segundo estes textos anteriores.

Os primeiros manuscritos das cartas paulinas e outros escritos do Novo Testamento non mostran ningunha puntuación. A puntuación foi engadida máis tarde por outros editores, segundo a súa propia comprensión do texto.

Nova Vulgata

A Nova Vulgata é a máis recente tradución da Biblia ao latín. O 29 de novembro de 1965, o papa Paulo VI instituíu a Pontificia Comisión para a Versión Estándar Revisada da Biblia, co fin de preparar unha nova tradución dende o hebreo, o arameo e o grego koiné ao latín. O resultado foi a Nova Vulgata, promulgada polo papa Xoán Paulo II en 1979.

O propósito era conseguir máis precisión e claridade nos textos, e eliminar os erros e pasaxes escuras que estaban presentes na versión de Xerome de Estridón, coñecida como a Vulgata.

Esforzos modernos de tradución

Estatísticas da tradución da Biblia (en anos seleccionados)
Ano Biblia completa Novo Testamento Anacos Total
1996 308 764 1014 2086
2006 426 1114 862 2402
2010 457 1211 897 2565
2011 513 1276 1015 2804
2012 518 1275 1005 2798
2013 513 1309 1028 2850
2014 531 1329 1023 2883
2015 554 1333 1045 2932
2016 636 1442 1145 3223
2017 670 1521 1121 3312
2018 683 1534 1133 3350
2019 698 1548 1138 3384
2020 704 1551 1160 3415
2021 717 1582 1196 3495
2022 724 1617 1248 3589
2023 736 1658 1264 3658

A Biblia é o libro máis traducido do mundo. As Sociedades Bíblicas Unidas anunciaron que o 31 de decembro de 2007 a Biblia completa estaba dispoñible en 438 linguas, 123 das cales incluían o material deuterocanónico, así como o Tanakh e o Novo Testamento. O Tanakh ou o Novo Testamento estaban dispoñibles en 1.168 linguas adicionais, nalgún tipo de traducións, como a tradución interlineal morfema por morfema (por exemplo, algunha Biblia paralela).

En 1999, Wycliffe Bible Translators anunciou o seu proxecto Vision 2025, que pretende comezar a tradución da Biblia en todas as comunidades lingüísticas restantes para o ano 2025. Decatáronse de que, ao ritmo da tradución da Biblia daquela época, levaría cando menos ata 2150 que a Biblia estivese dispoñible en todos as linguas do mundo. Dende o lanzamento de Vision 2025, os esforzos de tradución da Biblia aumentaron drasticamente, en gran parte debido á tecnoloxía que agora está dispoñible. Debido ao aumento no ritmo de tradución prevese que a Biblia estará traducida en todas as linguas en 2038, uns 112 anos máis rápido.

En setembro de 2023, estimouse que uns 99,8 millóns de persoas falaban esas 1.268 linguas nas que aínda ten que comezar o traballo de tradución. Isto representa o 17,1% de todas as linguas (con base nunha estimación de 7.394 linguas totais) e o 1,3% da poboación humana (con base nunha poboación global de 7.420 millóns).

En total, hai 3.736 linguas sen ningunha tradución da Biblia, mais calcúlase que 1.148 delas (cunha poboación de 9,6 millóns de persoas) é probable que nunca necesiten unha Biblia porque son moi semellantes a outras linguas, ou faladas por moi poucos falantes onde o a lingua desaparecerá moi axiña.

A tradución da Biblia está a producirse actualmente en 3.283 linguas en 167 países. Este traballo afecta a 1.150 millóns de persoas, ou preto do 15,5 por cento de todos os falantes de linguas do mundo, que teñen (ou terán en breve) acceso a polo menos algunhas partes das escrituras na súa primeira lingua.

Edición en galego

Tralo Concilio Vaticano II comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia en lingua galega, e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, do que formaban parte Martín María Díaz, Xesús Ferro Ruibal, Anxo González Núñez, Emilio Losada Castiñeiras, Xosé Antón Miguélez Díaz, Francisco Pérez Santalices, Manuel Regal Ledo, Xosé Rodríguez Carballo, Xoán Carlos Rodríguez Herranz, Xosé Manuel Rodríguez Pampín e Xosé Antonio Salgado Agromartín. En 1980 saíu a tradución do Novo Testamento, e a edición completa da Biblia en galego apareceu en 1989, tomada directamente do hebreo, arameo e o grego. En 1990 acadou o Premio Nacional de Tradución de España.

No ano 2022 presentouse a cuarta edición da Biblia en galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Wills, Garry, "A Wild and Indecent Book" (revisado por David Bentley Hart, The New Testament: A Translation, Yale University Press, 577 pp.), The New York Review of Books, vol. LXV, no. 2 (8 de febreiro de 2018), pp. 34–35. Analiza algúns erros na interpretación e tradución do Novo Testamento.
  • Sharma, Sandeep (2018). "Chichewa and Hindi Back Translations of the Bible: A Comparative Check of Translation Techniques". Journal of Translation 14 (1): 42–47. doi:10.54395/jot-69624. 

Tags:

Traducións Da Biblia Texto orixinalTraducións Da Biblia Nova VulgataTraducións Da Biblia Esforzos modernos de traduciónTraducións Da Biblia Edición en galegoTraducións Da Biblia NotasTraducións Da Biblia Véxase taménTraducións Da BibliaBibliaHebreo bíblicoKoinéLingua arameaNovo TestamentoTraduciónWycliffe Global Alliance

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Pobra do CaramiñalLogroñoPachi VázquezÁreas lingüísticas do galegoRío MiñoCousasFrancisco AsoreyJosé Ernesto Díaz NoriegaAliança CatalanaAndrés PajaresGondar, SanxenxoCurmánA memoria da choivaBloque Nacionalista GalegoKA ira dos mansosLista de filmes con versión en galegoDonostiaUxío NovoneyraIrene FerrerasReino suevoEmilia Pardo BazánAs aves na cultura popular galega26 de abrilBubelaCarme ChacónPonte das PíasRakel WinchesterAJordi HurtadoCristina Pérez HerraizJosé Ramón Soraluce BlondChipionaFranz KafkaCándido Conde-PumpidoCantinflasChe GuevaraGoretti SanmartínBiblioteca Gabriel García MárquezXapónMaría do Socorro Ortega RomeroMurciaRosario FloresVerónica ForquéSalgueiro MaiaZeca AfonsoCarlos CasaresDolores O'RiordanRamón María NarváezMediaWikiDolores IbárruriVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaRomaníaJosé Luis ValladaresGalería de imaxes de arañas de GaliciaA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoFerroAtlánticaAntonio Muñoz MolinaNormandíaXHamsterJosé Manuel Rodríguez PuenteOs Castros, A CoruñaLeninShishuo xinyuAna BotellaTruman CapoteA EstradaSandroMoscovaPrimeira guerra mundialCampo Municipal de Las LlanasToni KroosFerrolCeleste Caeiro🡆 More