Territorio Antártico Británico

50°00′O / -75.000, -50.000

Territorio Antártico Británico (en inglés British Antarctic Territory) é a denominación que lle dá o Reino Unido ao territorio da Antártida sobre o que o reclama a soberanía, que abarca todas as terras ao sur do paralelo 60° S, entre o meridiano 20° O e 80° O, cunha superficie aproximada de 1.709.400 km². Esta reclamación superponse parcialmente coa área reclamada por Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa da Arxentina (Antártida Arxentina). Estas reclamacións están suspendidas por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.

Territorio Antártico Británico

(British Antarctic Territory)

Flag of SGSSI Territorio Antártico Británico
(Bandeira) (Escudo)
Territorio Antártico Británico
Lema: Investigación e Descubrimento
Idioma oficial Inglés
Capital ningunha
Comisionado Tony Crombie
Área 1 709 400 km²
Poboación 200
Moeda Libra esterlina

En 1908 mediante "Cartas Patentes", Gran Bretaña declarou do seu dominio todas as terras situadas ao sur do paralelo 50° S, entre os 20° e 80° lonxitude Oeste de Greenwich. Como esa definición incluía a parte austral de América do Sur (Chile e a Arxentina), ditáronse unhas novas Cartas Patentes en 1917, esta vez excluíndo a zona ao oeste do meridiano 50° O ao norte do paralelo 58° S.

O territorio inclúe parte da Terra de Coats, a Península Antártica, as Illas Orcadas do Sur, as Shetland do Sur, a Illa Alexandre I e moitas outras.

O territorio foi declarado "Dependencia das Illas Malvinas".

Actualmente o Reino Unido considera esta rexión como Territorio británico de ultramar, separado das Malvinas.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fala de EstremaduraIrmandiñosCristina LosadaGrupo EroskiHTMLAbegondoHerba de namorarSeptimio SeveroApóutegaImmanuel KantProvincias de EspañaRonda de NelleBetanzosTito VilanovaCarlos García BayónXavier BlancoFerrolRamón María del Valle-InclánAcademia Chinesa de CienciasIsabel Díaz AyusoMitoloxía galegaFrancisco AñónColocación do pronome átono en galegoXHamsterLuar (programa)Zakat al-FitrJosé Antonio Rueda CrespoXosé Ramón Fernández-OxeaFragas do EumeAC-413Muralla de LugoGatipedroSelección de fútbol de GaliciaO porco de péDía do LibroIsmael RamosPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024AterínidosMártires de CarralMiguel de CervantesAresoLista de ríos de GaliciaMartiño de DumioCastañolaAngelina JolieElena CandiaDecembroMiguel Anxo BastosRamón María NarváezSalgueiro MaiaLeitzaldeaPZendayaXXX edición dos Premios GoyaHLA-DOBiblioteca Gabriel García MárquezMareas vivasUrueñaXinzo de LimiaLingua galegaCristina Pérez HerraizCantanteA CoruñaTereixa NavazaIsaac Díaz PardoRoberto Vidal BolañoNacho VegasNee BarrosMikaRexionalismo galegoÑuCurmánMontañésEduard del Castillo VelascoLoberno🡆 More