Televisión Española: Grupo de TV público de España

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España.

Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles
Logo da TVE.
Inicio das emisións 28 de outubro de 1956
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe 576i SD 4:3 16:9
720p HD 16:9
Slogan Parte de ti
País España España
Lingua español
Área de emisión España, mundial
Sede central Pozuelo de Alarcón, Madrid
Canle/s irmá(s) La 1
La 2
Clan
Canal 24h
Teledeporte
Servizo en diferido TVE Internacional
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT
Satélite
TVE Internacional

Na rede
Páxina web da RTVE
Twitter: tve_tve Editar o valor em Wikidata

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Historia

A aparición da Televisión Española no ano 1956 é o comezo da televisión en España. A Constitución española define a súa misión no artigo 20: "Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión".

No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Información e Turismo, do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne. Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade. Todos os programas emitíanse en directo dende o Paseo de la Habana (Madrid).

En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitiríanse os contidos deportivos, culturais e de servizo público de baixa audiencia.

En 1974 comeza a emitir en galego a media hora do programa informativo Panorama de Galicia.

En 1990 aparece a Lei de Televisión Privada a trae con ela novas canles (Antena 3, Telecinco, Canal+).

En 1994 créanse as canles temáticas Teledeporte e Canal Clásico que emiten vía satélite (agora Teledeporte emite por TDT), tamén comeza a emitir por vía satélite TVE internacional lanzado en 1989.

O 1 de xaneiro de 2010 desapareceu a publicidade en todas as súas canles (igual que noutras cadeas públicas europeas como a BBC ou France 2). Ademais eliminouse a posibilidade de que TVE poida ter canles TDT de pagamento como os operadores privados.

Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre Televisión Española conta con maior número de canles. O 3 de abril de 2010 completouse o apagamento analóxico, cesando definitivamente as emisións de La 1 e La 2 por este medio.

Logotipos

Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles  Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles  Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles  Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
1956 - 1962 1962 - 1991 1991 - 2008 2008 - Actualidade

Canles

Canles de TVE
Cadea Descrición Dispoñible por
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
La 1
Cadea xeralista que contén principalmente series españolas e latinoamericanas, cine (sobre todo nacional e norteamericano), magazines e reportaxes de actualidade, informativos e algunhas das competicións deportivas máis populares. É a primeira canle de televisión creada en España, o 28 de outubro de 1956. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
La 2
Cadea cultural e de atención ao cidadán que emite unha programación composta por espazos de cultura e cidadanía, series norteamericanas, documentais, cine español e europeo, reportaxes e debates, informativos alternativos, culturais e musicais, e antigamente espazos de teleteatro. Ofrece unha televisión alternativa ás televisións xeralistas. Foi antigamente coñecida como a segunda cadea ou o UHF, xa que foi a primeira canle española que utilizou esta banda de emisión. É a segunda canle máis antiga de España, lanzada o 15 de novembro de 1966. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
24h
Canle temática de noticias creada en 1997, que emite informativos cada media hora, espazos de debate e análise, entrevistas, magazines de actualidade e reportaxes emitidas noutras canles de TVE. É a primeira canle de noticias en España. TDT / Digital+ / Hotbird / Hispasat / IA13 / NSS7 / Cable / Imagenio / Orange TV / Euskaltel / ONO / GTD Manquehue
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
Teledeporte
Canle temática creada en 1994 que emite competicións deportivas que non poden ser emitidas en directo por La 1 ou La 2, ou que son minoritarios e de audiencia escasa. Ademais produce resumos da xornada deportiva. TDT / Digital+ / Hispasat / Euskaltel / Cable / Imagenio / Orange TV / ONO
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
Clan
Canle temática principalmente infantil creada en 2005, pero tamén emite programación xuvenil pola noite e series repetidas de TVE pola madrugada. A súa programación é case completamente de ficción (animada ou non). TDT / Digital+ / Cable / Imagenio / Euskaltel / ONO
Televisión Española: Historia, Logotipos, Canles 
TVE Internacional
Sinal internacional de Televisión Española para a emisión de contidos televisivos no estranxeiro, creado en 1989. Transmite programas de La 1, La 2 e o 24h. Divídese á súa vez en tres sinais, destinadas para América, Europa e Asia respectivamente. Satélite Hot Bird 13ºE

Centros territoriais e de produción

Ademais dos seus estudos en Madrid, TVE conta ademais con dous centros de produción:

  • TVE Cataluña: destinado á produción de programas rexionais en catalán, e doutros programas a nivel nacional, como Saber y Ganar, ademais dalgunhas cadeas da corporación, como La 2 ou Teledeporte. O centro fundouse en Miramar en 1959, e os seus estudos atópanse actualmente, e desde 1983, en Sant Cugat del Vallès. Emite o seu informativo territorial L'informatiu todos os días.
  • TVE Canarias: dedicado á produción de programas da rexión e á adaptación de programación debido á diferenza horaria das Canarias. Fundado en 1964, ten a súa sede nas Palmas de Gran Canaria, e ata 1971 tivo autonomía completa relativa á programación ata que puido enlazar a La 1 peninsular a través da rede de satélites Intelsat. Emite o seu informativo territorial todos os días.

No resto de comunidades, TVE conta en cada unha delas cun Centro Territorial encargado de realizar o informativo da rexión. O devandito informativo emítese de luns a venres ás dúas en punto (agás Canarias, que emite tamén os sábados e domingos; e Cataluña, que ademais emite unha segunda emisión do seu informativo territorial ás 8 en La 2). Os seus nomes, idioma e anos de creación son:

Televisión Española non conta cun Centro Territorial na Comunidade de Madrid, debido a que a sede central da Corporación RTVE xa se atopa en Madrid, aínda que si emite Informativo Madrid.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Televisión Española HistoriaTelevisión Española LogotiposTelevisión Española CanlesTelevisión Española Centros territoriais e de produciónTelevisión Española Véxase taménTelevisión Española1956200728 de outubroCadea de televisiónEspañaRadiotelevisión EspañolaUnión Europea de Radiodifusión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

2015El NiñoWikiPosición aconchegadaYouTubeNormativa oficial do galegoO pensadorFrancisco Castro VelosoA morte na cultura popular galegaMar MediterráneoXosé Carlos Carracedo PortoJosé Luis GilAC-960Segunda guerra mundialToxo arnalStellantisRamiro CarregalSantiago AbascalA Mesa pola Normalización LingüísticaJorge Sanz MirandaInterstellar (filme)BidueiroMaría Xosé QueizánCinema pornográficoÁlex FidalgoQuímicaKeanu ReevesLlama M-82C++Provincia da CoruñaXabier DeiveAdrián NoiaBipartito galegoLingua kusaalJosé Manuel Rodríguez PuenteComarcas de GaliciaOurenseIraqJorge BermelloProvincia de PontevedraItxu DíazGuillermo Alonso BarciaExeria (escritora)Río UllaPilar AbellaAires da miña terraA Muraza, Trasmonte, FriolDesviación típicaAna TurpinCouto MixtoHenrique MonteagudoCorea do NorteSalamancaNintendo Entertainment SystemCarballoFozPartido PopularJulia OteroOtelo Saraiva de CarvalhoEncoroRío MiñoAntón Villar PonteFabiola GarcíaOs ResentidosJulián ElviraXosé RepresasVladimir PutinMario CaneiroTeoSexo oralSólido platónicoFala de EstremaduraXacioAna ObregónO sabor das margaridas🡆 More