Bioloxía Taxonomía

A taxonomía (do grego ταξις, taxis, 'ordenamento', e νομος, nomos, 'regra') é, no seu sentido máis xeral, a ciencia de clasificación.

Normalmente utilízase o termo para referirse a taxonomía biolóxica, a ciencia da ordenación dos organismos nun sistema de clasificación composto de taxons.

Bioloxía Taxonomía
As árbores filoxenéticas teñen forma de dendrogramas. Cada nodo do dendrograma corresponde a un clado.

A taxonomía biolóxica é unha subdisciplina da sistemática, que estuda as relacións de parentesco entre os organismos e o seu historial de evolución. No presente, a taxonomía actúa unha vez que foi determinada a árbore filoxenética dos organismos estudados, é dicir, unha vez que teña determinado os clados, ou pólas evolutivas, de acordo coas súas relacións de parentesco.

No presente, existe o consenso dentro da comunidade científica que a clasificación debe ser totalmente consistente co que se sabe da filoxenia dos taxons, xa que só así dará o servizo que se espera dela ó restao de pólas da bioloxía (véxase por exemplo Soltis i Soltis 2003), pero hai escolas dentro da sistemática que definen con matices a maneira na que a clasificación debe corresponderse coa filoxenia coñecida.

Máis aló da escola que a define, a finalidade última da taxonomía é organizar a árbore filoxenética nun sistema de clasificación. Para facelo, a escola cladística (a que predomina hoxe en día) transforma os clados en taxons. Un taxon é un clado ó cal se asignou unha categoría taxonómica, ó cal se outorgou un nome en latín, que foi descrito, ó cal se asociou un exemplar tipo, e que foi publicado nunha revista científica. Cando se fixo todo iso, o taxon ten un nome correcto. A nomenclatura é a disciplina que se ocupa de regulamentar estes pasos, e encárgase de que se sigan os principios de nomenclatura. Os sistemas de clasificación funcionan como contedores de información e como preditores.

Unha vez se determinou a clasificación dun taxon, extráense os trazos diagnósticos de cada un dos seus membros, e a partir deles créanse claves dicotómicas de identificación, que son utilizadas para determinar ou identificar organismos, co fin de localizar un organismo descoñecido nun taxon coñecido do sistema de clasificación. A determinación ou identificación tamén é a especialidade taxonómica que se encarga dos principios de elaboración das claves dicotómicas e doutros instrumentos coa mesma finalidade.

As normas que regulan a creación dos sistemas de clasificación son en parte convencións máis ou menos arbitrarias. Para comprender estas arbitrariedades (por exemplo, a nomenclatura binomial das especies e a uninomial dos rangos superiores, ou a cantidade de rangos taxonómicos e dos seus nomes) é preciso estudar a historia da taxonomía, que deixou como herdanza os Códigos Internacionais de Nomenclatura, as regras técnicas que deben ser cumpridas polos sistemas de clasificación.

A nova crise de biodiversidade, os avances nas análises do ADN e a posibilidade de intercambiar información a través de Internet deron un enorme pulo a esta ciencia na década de 2000 e xeraron un debate sobre a necesidade de facer reformas substanciais nos Códigos, que aínda se están a discutir. Algúns exemplos de novas propostas son a taxonomía libre de rangos, os marcadores xenéticos e a publicación por Internet.

Notas

Tags:

CienciaLingua grega antigaSer vivoTaxon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vox populiCristovo ColónDeportivo da CoruñaReino UnidoSalgueiroBreogánStanley KubrickA CoruñaHard GZAires da miña terraVilagarcía de ArousaAciñeiraDiáspora galegaXabarín ClubOs outros feirantesNintendo 64Imperio BritánicoA PontenovaPablo Iglesias TurriónOlga NovoXabarilAgustina de AragónKarlos ArguiñanoMickey Mouse ClubhouseMasculino e feminino en galegoSérgio TannusCinema pornográficoCantabriaManuel María Puga PargaInés ReyManuel Lago GonzálezSólido platónicoCeutaEmma CouceiroPeer-to-peerExeria (escritora)IndonesiaCota lácteaGame Boy Advance SPO CarballiñoLista de voces dos animaisLista de nomes femininos en galegoLuis López DiéguezPatricia Argerey VilarLalínAlmudena ChacónAntonio López DíazDoenza de Paget de mamaAguaneiroVladimir PutinVacaPedro RieloVixía de HerbeiraHLA-DRMadridPep GuardiolaLista de WikipediasA EstradaTerraMártires de CarralPaleolíticoCascudaOs ResentidosLuís Pérez BarralLola ÍndigoCopia por contactoCarles PuigdemontCela 211ViveiroJosé Manuel Rodríguez PuenteDesviación típicaMonforte de LemosDios ke te crewAlba Mancebo🡆 More