Sachin Tendulkar

Sachin Ramesh Tendulkar (|ˌsʌtʃɪn tɛnˈduːlkər|), nado en Mumbai o 24 de abril de 1973, é un xogador de crícket indio, antigo capitán da selección nacional india.

Está amplamente recoñecido como o mellor bateador da historia do crícket. Realizou tamén o maior número de carreiras na historia deste deporte. É coñecido coloquialmente como Little Master ou Master Blaster.

Infotaula de personaSachin Tendulkar
Sachin Tendulkar
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Bombai, India Editar o valor em Wikidata
Membro do Rajya Sabha
2 de maio de 2012 – 26 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónKirti M.Doongursee College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrícket Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxogador de criquet , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua marathi, lingua inglesa e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor em Wikidata
DeporteCrícket Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoRebatedor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1988-1988 Cricket Club of India (pt) Traducir
1988-2013 Mumbai cricket team (en) Traducir
1989-2014 Marylebone Cricket Club (en) Traducir
1992-1992 Yorkshire County Cricket Club (en) Traducir
2008-2013 Mumbai Indians (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç=
1989-2013 Selección de crícket da India Editar o valor em Wikidata
Participou en
1998Jogos da Commonwealth de 1998 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnjali Tendulkar
FillosSara Tendulkar (en) Traducir, Arjun Tendulkar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRamesh Tendulkar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1340094 Facebook: SachinTendulkar Twitter: sachin_rt Instagram: sachintendulkar Youtube: UCCmuOqG7RtGc_F_n7GimyVQ Editar o valor em Wikidata

Tendulkar é o único xogador que marcou cen centuries internacionalmente e o primeiro bateador en marcar un double century nunha competición One Day International (ODI), conserva a marca de máis carreiras tanto en Test como en ODI, e é o único xogador que completou máis de 30 000 carreiras no crícket internacional.

Traxectoria

Tendulkar iniciouse no crícket aos once anos, debutando o 15 de novembro de 1989 contra a selección de Paquistán en Karachi con dezaseis anos. Estivo representando o equipo de Mumbai nas competicións nacionais e a India nas internacionais durante case vinte e catro anos.

En 2001, Sachin Tendulkar converteuse no primeiro bateador que completou 10 000 carreiras ODI runs nas súas 259 entradas. En 2002, na medio da súa carreira, Wisden Cricketers' Almanack nomeouno o segundo mellor bateador en Test de todos os tempos, tras Don Bradman, e o segundo mellor en ODI, tras Viv Richards. Posteriormente na súa carreira, Tendulkar foi parte do equipo indio que gañou a Copa Mundial de 2011, primeira vitoria nas seis participacións da India na Copa do Mundo. Anteriormente fora nomeado "Xogador do Torneo" na edición de 2003 celebrada en Suráfrica. En 2013, foi o único xogador indio incluído no Test World XI formado para celebrar o 150 aniversario de Wisden Cricketers' Almanack.

Tendulkar recibiu en 1994 o Arjuna Award polos seus méritos deportivos, o premio Rajiv Gandhi Khel Ratna, máxima condecoración deportiva da India, en 1997, e os premios Padma Shri e Padma Vibhushan en 1999 e en 2008, respectivamente, que son o cuarto e o segundo premios civís máis altos do seu país. Unhas poucas horas despois do seu último partido o 16 de novembro de 2013, a oficina do Primeiro Ministro da India anunciou a decisión de outorgarlle o Bharat Ratna, máxima distinción civil da India. Foi o receptor máis novo e o primeiro deportista en obtelo. Gañou tamén o Sir Garfield Sobers Trophy de 2010 como xogador de crícket do ano nos premios da ICC. En 2012, Tendulkar foi candidato á Rajya Sabha, cámara alta do Parlamento da India. Foi tamén o primeiro deportista e a primeira persoa sen pasado na aviación en recibir o rango honorario de group captain da Forza Aérea India. En 2012, foi nomeado membro de honra da Orde de Australia. En 2010, a revista Time incluíu a Tendulkar na súa listaxe anual das cen persoas máis influentes do mundo.

En decembro de 2012, Tendulkar anunciou a súa retirada das ODI. Retirouse do Twenty20 en outubro de 2013 e posteriormente retirouse de todas as formas de crícket o 16 de novembro de 2013 despois de xogar o seu 200º partido Test contra o equipo das Indias Occidentais no Wankhede Stadium de Mumbai. Tendulkar xogou 664 partidos de crícket en total, realizando 34 357 carreiras.

En 2019, Tendulkar foi incluído no ICC Cricket Hall of Fame.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Sachin Tendulkar TraxectoriaSachin Tendulkar NotasSachin Tendulkar Véxase taménSachin Tendulkar197324 de abrilBombaiCrícketIndia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Castro de Punta do BicoGas naturalOrbital atómicoRSSOAlicia BorrásÁgatha Ruiz de la PradaPeneJohann Sebastian BachSabela López PatoProvincia de PontevedraJosé Ramón Romero GarcíaDodecágonoComarca de ValdeorrasOs demostrativos galegosIdeaJosé Quiroga Pérez de DezaAmieiroCristina MaróGrupo EroskiAlfonso Basterra CamporroHard GZRamadánYongzhouJunts per Catalunya (partido político)A Sexta AngustiaCastelanismoBenito MussoliniRigoberta BandiniCohesiónTailandiaListenbourgGheadaCaja MágicaCarlos III de EspañaMediaWikiCanle (comunicación)Álex FidalgoA poeta analfabetaLingua indonesiaMomia de ManchesterGrupo RompenteArcadi EspadaSéculos EscurosRamenTeresa MoureSnookerA crueldade de abrilAs dúas MaríasRexional ExprésRoberto Fernández RicoBorder CollieRoberto Carlos (cantante)María LadoSingular e plural en galegoMónica González CondeManuel MurguíaRafael Nadal163CapitalismoA GuardaCarlos NegroMia KhalifaCianuro de hidróxenoFiúnchoChatGPTCentro penitenciario de TeixeiroFrancisco Porto ReyDaniel BasteiroCártamoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingPablo Iglesias TurriónTalavera de la ReinaLois Pereiro🡆 More