Remake

No cinema, un remake é un filme baseado noutro producido con anterioridade.

Unha nova versión dunha serie de televisión tamén é chamada remake.

Cinema

O termo "remake" emprégase en xeral para referirse a un filme que usa un filme anterior como fonte principal, e non a unha segunda parte ou continuación baseada na mesma fonte. Por exemplo, Ocean's Eleven (2001) é un remake de Ocean's 11; Batman (1989) é unha reinterpretación do material da banda deseñada que xa inspirara o filme de 1966; Psycho, dirixida por Gus Van Sant en 1998 é unha copia plano por plano de Psicose de Alfred Hitchcock.

Ocasionalmente os remakes son filmados polo mesmo director: Yasujirō Ozu dirixiu en branco en negro Ukigusa monogatari e en cor o seu remake Herbas errantes. Alfred Hitchcock tamén fixo o mesmo con The Man Who Knew Too Much (1934, en branco e negro) e The Man Who Knew Too Much (1956, en cor). En 2008, Michael Haneke dirixiu Funny Games calcando plano a plano o seu orixinal Funny Games, levando aos Estados Unidos e en inglés o que orixinariamente ocorría en Austria e en alemán.

Televisión

Os remakes son menos habituais na televisión, pero téñense feito novas versións de series, como Battlestar Galactica (1978 e 2004) ou Hawaii Five-O (1968, 2010). Porén, si se fixeron varios remakes nos Estados Unidos de series británicas, como Three's Company, remake de Man About the House, que mesmo deu lugar a remakes de spin-offs, como The Ropers e George e Mildred.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Remake CinemaRemake TelevisiónRemake NotasRemake Véxase taménRemake

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bigues i Riells del FaiSanta CompañaNava CastroO Pedrouzo, Arca, O PinoDía das Letras GalegasLola FloresOs adverbios galegosLuís CíliaAlfonso RuedaPere Pau Ripollès AlegreLista de episodios de Shin ChanWikipediaNarónManuel Curros EnríquezEstado NovoHarvey WeinsteinBipartito galegoPampallínGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Armando BlancoFerrer BassaVox populiÁlvaro MorataRaquel Castro MartínezDavid PerdomoÁlvaro CunqueiroXavi HernándezHelsingin JalkapalloklubiCamilo Díaz BaliñoFrancisco AsoreyPedro SánchezDiego González RivasGalego-portuguésDiáspora galegaSalvador DalíPonte 25 de AbrilWayback MachineAmérica do NorteHarry StylesMaría PitaTarragonaTeresa González CostaTrofoblastoMalena AlterioMiro CasabellaJosé López CamposDiglosiaLaurent CantetLongueirón (molusco)PontevedraStellantisPLista de paísesMiguel SolísRoberto VerinoXabier FortesVento feridoIKEAXinzo de LimiaWikiPardo de CelaChatGPTFermin MuguruzaShōgunXogo da chaveProvincia da CoruñaVigopxhj6Deserto do SáharaDoenza de Paget de mamac70mgSan PetersburgoCarlos NegroZeca Afonso18682024🡆 More