Pulso

Na anatomía humana, o pulso pode ser definido coma 1) o carpo, o complexo de oito ósos que forman o esqueleto da parte máis proximal da man; (2) a articulación do pulso ou articulación radiocarpal, a articulación entre o radio e o carpo; e (3) a rexión anatómica ao redor do carpo incluíndo as epífisis distais dos ósos do antebrazo (radio e cúbito) e a parte proximal do metacarpo ou cinco óso metacarpais e a serie de articulacións entre eles, tamén denominada articulación do pulso.

Esta rexión tamén inclúe o arco do carpo, a entrada na man, para os músculos extensores e flexores da man.

Pulso
Pulso
Pulso nunha man dereita humana
Latín articulatio radiocarpea
Articulacións articulación do pulso

Debido a esta variabilidade de definiciións, a fractura dun o varios ósos do carpo considérase unha rotura carpal, pero cando se lesionan outras estruturas coma as partes distais do cúbito ou radio, fálase de roturas do carpo.

Anatomía

Pulso 
Ligamentos do pulso.

Articulacións

A articulación radioescafolunar, articulacións intercarpais, articulacións mediocarpais, articulacións carpometacarpianas, e articulacións intermetacarpianas comunícanse entre si a través dunha cavidade sinovial.

Man extrínseca

A articulación radiocubital inferior é un eixo localizado entre os ósos do antebrazo, o radio e o cúbito. Formada pola cabeza cubital e a superficie articular do cúbito, esta articulación está separada da radioescafolunar por unha cartilaxe situada na apófise estiloide do cúbito. A cápsula da articulación é laxa e se estende dende a epífise distal do radio ata o cúbito. Colabora coa articulación radiocubital superior na pronación e na supinación.

A articulación radioescafolunar ou a articulación do pulso é unha articulación de forma elíptica que forma o radio, un disco articular e a fileira proximal do carpo. Os ósos do lado cubital do carpo teñen un rol menos importante; o óso pisiforme só contacta co resto de ósos durante a abdución do cúbito. A cápsula articular, laxa, é delgada no plano dorsal e pode conter membranas sinoviais. A cápsula continúase a través da articulación mediocarpal e reforzada por numerosos ligamentos, incluíndo o ligamento radiocarpal anterior e ligamento radiocarpal posterior, e o ligamento lateral interno do pulso e o ligamento radial externo do pulso.

A articulación radioescafolunar está constituída pola epífise distal do radio e a superficie inferior do disco articular; o óso escafoide, o óso semilunar, e o óso pisiforme. A superficie articular radial e a superficie inferior do disco articular forman unha cavidade cóncava. A superficie superior do escafoide, semilunar, e pisforme forman en conxunto un cóndilo convexo que se introduce na cavidade.

Man intrínseca

Pulso 
Carpo.

Na man, un total de 13 ósos forman parte da articulación do pulso: oito pertencen ao carpoescafoide, óso semilunar, pisiforme, piramidal, trapecio, trapezoide, grande, e ganchudo— e cinco ósos metacarpais.

A articulación mediocarpal é unha articulación con forma de S que separa as fileiras proximal e distal carpais. As pequenas articulacións intercarpais, entre os ósos da mesma fileira, están reforzadas polo ligamento radial do carpo e o ligamento pisiganchudo e o ligamento intercarpal palmar, ligamento interóseo intercarpal, e o ligamento intercarpal dorsal. Existe certo grao de mobilidade entre os ósos da filera proximal do carpo mentres que os ósos da fileira distal están artellados cos ósos do metacarpo —as articulacións carpometacarpianas— por ligamentos fortes —o ligamento pisometacarpal e ligamento carpometacarpal anterior e ligamento carpometacarpal dorsal— que permite a mobilidade destes ósos. Ademais, as articulacións entre os ósos metacarpais —as articulacións intermetacarpais— están reforzadas polo ligamento intermetacarpal posterior, ligamento interóseo intermetacarpal, e o ligamento intercarpal anterior.

Movementos e músculos

Os músculos extrínsecos da man insírense no brazo e antebrazo, percórrenos e insírense nas vainas tendíneas dos dedos. Cando se contraen, a maioría dos tendóns deses músculos entran na man agrupados a través do retináculo flexor da man no lado palmar e a través do retináculo extensor da man no lado dorsal ou posterior. No lado palmar, os ósos do carpo forman un arco óseo polo que circulan múltiples tendóns de músculos flexores. A súa estrutura permite que os tendóns poidan deslizarse cara a adiante (na relaxación) e cara a atrás (na contracción). Cando por algunha causa este tramo se obstrúe, aparece dor, alteracións motoras e outros síntomas, constituíndose a síndrome do túnel carpiano.

O pulso, en conxunto permite realizar os seguintes movementos:

Os movementos de pronación e supinación realizados polo pulso requiren a participación da articulación radiocubital inferior, e por iso esta última articulación adoita ser considerada parte do pulso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Fractura radial distal
  • Operación de Brunelli

Ligazóns externas

Tags:

Pulso AnatomíaPulso NotasPulso Véxase taménPulsoAnatomía humanaAntebrazoArco do carpoArticulación (anatomía)CarpoCúbitoEsqueletoManMetacarpoMúsculoRadio (óso)Óso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rosario DúrcalRamiro I de OviedoVictoria Núñez LópezValenciaDios ke te crewGalipediaParalelismoLeón, EspañaSancho GraciaVilalbaBilbaoIgnacio Rivera QuintanaO Viso, RedondelaVixía de HerbeiraPortadaTigreCesc FàbregasTeodorico II, rei visigodoLucía VeigaNetiquetaLagarto arnalDeadmau5Fragas do EumePrimeira división española de fútbolAmorodeiraMacrófago alveolarRonaldoLista de episodios de O detective ConanAndrés Martínez SalazarSoraya ArnelasÁlex FidalgoHidacioDavid PerdomoAna Belén FortesElvira Fernández BalboaIrmandiñosLuís Pérez BarralXabarín ClubAntón Villar PonteCangasBernardino GrañaAdolfo SuárezCantabriaAmieiroDemocracia OurensanaQuerela das mulleresCaroline WozniackiCastiñeiroOcéano ÍndicoRomán Rodríguez GonzálezDigital object identifierOurenseCarlos de Matos GomesAliança CatalanaMasculino e feminino en galegoNúmero piSecretaría Xeral de Política LingüísticaLista de palabras galegas de orixe celtaSanta CompañaThe ArtistPoesíaFrancisco Castro VelosoOs outros feirantesGuerra civil españolaCaldas de ReisCentro público integradoSergio RamosAC-173EncoroLista de castelos de PortugalNintendo 64RoisJoseba Apaolaza🡆 More