Piollo Pato: Especie de insecto

Pediculus pubis Linnaeus, 1758Phthirus pubis (nome inválido)

Pthirus pubis
Piollo Pato: Descrición, Ciclo vital, Infestación
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Phthiraptera
Suborde: Anoplura
Familia: Pthiridae
Xénero: Pthirus
Especie: P. pubis
Nome binomial
Pthirus pubis
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

O piollo pato ou piollo pubiano (Pthirus pubis, ás veces escrito Phthirus pubis) é un insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que é un ectoparasito obrigado dos humanos, alimentándose de sangue. Xeralmente vive entre os pelos da zona pubiana humana. Aínda que o piollo non pode brincar, pode tamén desprazarse e vivir noutras partes do corpo que estean cubertas de pelos duros, como as pestanas. Os humanos son os únicos hóspedes desta especie, mais outras especies relacionadas, como Pthirus gorillae, infectan os gorilas. Crese que o parasito humano diverxeu de Pthirus gorillae hai aproximadamente 3,3 millóns de anos.

Piollo Pato: Descrición, Ciclo vital, Infestación
Piollo pato na zona xenital.
Piollo Pato: Descrición, Ciclo vital, Infestación
Piollos pato nas pestanas.

Descrición

Un piollo pato adulto ten unha lonxitude entre 1,3 e 2 mm (lixeiramente menor que o Pediculus humanus), e pode distinguirse dos outros piollos humanos polo seu corpo case redondo. Outra característica distintiva é que os seus dous pares de patas traseiras son moito máis grosas que o par de patas dianteiras, e as traseiras teñen grandes ganchos.

Ciclo vital

Os ovos do piollo pato deposítanse xeralmente sobre pelos duros das rexións xenital e perianal do corpo humano. O piollo pato pode tamén encontrarse noutras áreas do corpo que teñan pelos duros e un recubrimento de pelos relativamente disperso, como a barba, bigote, pestanas, axilas. Xeralmente non aparecen en pelos mais finos e delicados como os cabelos da cabeza.

As femias poñen uns tres ovos ao día. Os ovos tardan de 6 a 8 días en eclosionar, e hai tres estados de ninfa que en conxunto duran de 10 a 17 días, despois dos cales desenvólvense en adultos, o que fai que a duración total do ciclo vital de ovo a adulto sexa de 16 a 25 días. Os adultos viven ata 30 días. O piollo pato aliméntase exclusivamente de sangue, e aliméntase unhas 4 ou 5 veces ao día, segundo algunhas estimacións.

Piollo Pato: Descrición, Ciclo vital, Infestación 
Ovo de piollo pato sobre un pelo do corpo.

Infestación

    Artigo principal: Pediculosis pubis.

As infestacións polo piollo pato orixina un tipo de pediculose coñecida como ftiríase, ou (en latín) pediculosis pubis ou phthiriasis pubis (a cal se escribe con ph, a diferenza do nome xenérico válido actual do piollo, Pthirus pubis). A infestación nas pestanas denomínase pediculosis ciliaris ou phthiriasis palpebrarum.

Os principais síntomas da infestación é o proído, xeralmente na área de pilosidade pubiana, que é o resultado da hipersensibilidade á saliva do piollo, que pode facerse máis forte ás dúas semanas ou máis de iniciada a infestación. Nalgunhas infestacións, aparece unha característica coloración gris azulada ou cor lousa (maculae caeruleae) nos lugares onde se alimenta, que pode durar días.

A actual prevalencia no mundo estímase no 2% da poboación humana, pero a cifra exacta é difícil de determinar porque as infestacións por este piollo non son consideradas na maior parte dos países unha condición da que se debe informar aos gobernos, e moitos casos son auto-tratados ou tratados discretamente polos médicos de medicina xeral.

O piollo pato xeralmente infesta un novo hóspede por estreito contacto entre individuos, xeralmente durante as relacións sexuais. Os adultos están máis frecuentemente infestados que os nenos. As transmisións non sexuais poden ocorrer entre a familia e compañeiros de habitación ao compartiren toallas, roupa, camas ou armarios. Só poden sobrevivir un breve tempo lonxe da calor e humidade do corpo humano.

Suxeriuse recentemente que a moda de depilarse o corpo que segue un crecente número de persoas no mundo está reducindo as poboacións deste piollo nalgunhas partes do mundo, pero non hai datos oficiais para demostrar esta suposición.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Piollo Pato DescriciónPiollo Pato Ciclo vitalPiollo Pato InfestaciónPiollo Pato NotasPiollo Pato Véxase taménPiollo Pato

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María RozasCapitalismoTelevisión de GaliciaDeportivo da CoruñaTutankhamonVicente RiscoVerbos galegos ser, estar e irClub Deportivo OurenseThe Rolling StonesBandeira de GaliciaFruit NinjaXela AriasCandorcaPolítico, políticaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingFesta dos maiosChatGPTCadea de bloquesMelideTeixoCaso Asunta BasterraMartin Luther KingCidade Vella da CoruñaPosición do misioneiro invertidaNacho VidalAstorgaOs pronomes persoais galegosBreogánHLA-FJosé López CamposCinema de GaliciaÑFauna de GaliciaMoisés Rodríguez PérezDe NinghuresPortugalSandra GonzálezDe factoVitoria Uxía de BattenbergXogos Olímpicos de Inverno de 1988Lista das canles de YouTube máis subscritasRianxoCatedral de Notre-Dame de ParísMiranda de EbroSuso de ToroReal Club Celta de VigoAlberte PagánLingua inglesaPili PampínASistema solarRoko (actriz)Carballo comúnPornografíaDolores IbárruriBieito RubidoMasturbación coas mamasBenito MussoliniVento feridoO comparativo galegoBala (grupo musical)FútbolDiego Rivas RegoFelip PedrellLista de nomes masculinos en galegoEscola da TebraCastro de ViladongaFernando Taboada GuntínCastro de Punta do BicoFernando AlonsoArturo Reguera🡆 More