Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur

A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (en castelán: Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo, é unha das 23 provincias da Arxentina.

Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010)[Cómpre referencia] e a súa capital é Ushuaia.

Modelo:Xeografía políticaTerra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur
Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur Editar o valor em Wikidata
 54°21′43″S 67°38′17″O / -54.362, -67.63867°38′17″O / -54.362, -67.638
EstadoArxentina Editar o valor em Wikidata
CapitalUshuaia Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación160.720 (2016) Editar o valor em Wikidata (7,45 hab./km²)
Lingua usadaLingua yámana
Lingua selk'nam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie21.571 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude144 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCerro Vinciguerra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1990 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governor of Tierra del Fuego (en) Traducir Editar o valor em WikidataGustavo Melella (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativolegislature of Tierra del Fuego (en) Traducir , (Escano: 15) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AR-V Editar o valor em Wikidata

Páxina webtierradelfuego.gob.ar Editar o valor em Wikidata

Toponimia

  • Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco os fachos dos selk'nam.
  • Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’.
  • Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891.
  • Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.

Xeografía física

Localización

O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.

Superficie

Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur 
Puerto Cook na illa de los Estados.
Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur 
Glaciar Martial.
  • Superficie baixo soberanía efectiva: 21 478 km², incluíndo unicamente o sector arxentino da illa Grande da Terra do Fogo, a illa de los Estados e outras illas menores.
  • Superficie incluíndo os territorios en litixio e os reclamados: 1 002 352 km², súmase á superficie anterior a da Antártida Arxentina e as illas do Atlántico Sur.

As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland do Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), porén, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Xeorxia do Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio coa Arxentina.

Límites

Limita -o seu sector patagónico- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur

Transportes

Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur 
O Tren del Fin del Mundo, orixinalmente construído para servir á prisión de Ushuaia e agora operando para o turismo, é o tren máis austral do mundo en funcionamento.
Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur 
Embarcación navegando no canal Beagle en Ushuaia.
Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur 
Porto de Ushuaia.

Terrestre

A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.

Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).

Marítimo

  • Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto da Arxentina máis próximo á Antártida.
  • Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade.
  • Porto petroleiro de San Sebastián.

Aéreo

  • Aeroporto Internacional de Ushuaia Malvinas Argentinas
  • Aeroporto Internacional de Río Grande Gobernador Ramón Trejo Noel
  • Aeroclub Ushuaia.
  • Aeroclub Río Grande.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Terra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur ToponimiaTerra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur Xeografía físicaTerra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur TransportesTerra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur NotasTerra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico Sur Véxase taménTerra De Fogo, Antártida E Illas Do Atlántico SurArxentinaLingua casteláProvincias da ArxentinaUshuaiaWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SupermanDelfínidosMáquina comecartosRaquel Castro MartínezMiguel de CervantesGalipediaSalgueiro MaiaMaría a BalteiraRamiro CarregalAntón LamazaresCunnilingusFesta dos maiosEva MejutoPobo palestinoArroazLeymaFrancisco Porto MellaXosé Luís Méndez Ferrín2015Distritos de PortugalJesús Hidalgo BermejoSexo analDavid SuchetVilagarcía de ArousaMark WahlbergEscáncerJude BellinghamO comparativo galegoPaís Vasco (rexión histórica)Pedro SánchezCohesiónAlberto Núñez FeijóoPosicións sexuaisOs ÁnxelesMoinanteMar MediterráneoJéssica BouzasGrupo SargadelosXosé Manuel PiñeiroMoulin RougeGeorgia O'KeeffeHomosexualidadeSantiago de CompostelaLeonardo da VinciPontevedraHans ZimmerRefraneiro galego sobre o panPaís VascoTransformador (modelo de aprendizaxe automática)InstagramQueiroaLongueirón (molusco)Adolfo SuárezBrasilMalena AlterioReino de GaliciaÁlex FidalgoMarcelo CaetanoMucha e NuchaSalvador DalíHard GZÁcido dipicolínicoO incerto señor Don HamletPablo Iglesias TurriónFauna de GaliciaGoretti SanmartínVichelocregoNormativa oficial do galegoIndonesiaImmanuel KantO porco de pé🡆 More