Populus: Xénero de plantas

Os chopos ou álamos son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus.

O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Etimoloxía

Nome científico

O nome do xénero: Populus, do que derivan a forma galega chopo, vén do latín: pōpŭlus, termo de orixe descoñecida, aínda que seguramente se refira ao pobo, evocando ás prazas públicas en tempos romanos, normalmente sombreadas con estas árbores.

Localización

Atópanse en todas as rexións temperadas do hemisferio norte de onde son oriúndas e nas do hemisferio sur como plantas introducidas. Actualmente a súa área de dispersión inclúe América do Norte e Asia central.

Os híbridos desta especie están moi estendidos, sobre todo orientada ao seu potencial produtor de madeira.

Descrición

Árbores ou arboriñas, de follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, aserrados, dentados, lobulados ou festoneados. As xemas áchanse cubertas por escamas. O pecíolo é longo e glanduloso, con frecuencia aparece comprimido lateralmente, o que confire gran mobilidade á folla.

O froito ten forma de cápsula, lampiño, dehiscente , de cor verdosa que se torna parda ao madurar. Ceiba numerosas sementes miúdas arrodeadas dunha especie de flocos de cotón.

Son especies de luz e de temperamento robusto. Adoitan amosar grande avidez pola auga, polo que é frecuente encontralos á beira de regueiros superficiais ou delatando cursos subterráneos. De crecemento rápido, poden acadar grandes talles. As necesidades en canto a nutrientes son elevadas.

Especies

Populus: Etimoloxía, Localización, Descrición 
Chopos en Galilea (A Rioxa- España).

* Populus sección Aegiros – Chopos negros ou álamos negros América do Norte, Europa, Asia occidental; clima temperado

    • Populus deltoides – Chopo de Carolina
    • Populus fremontii (Oeste de Norteamérica)
    • Populus nigraChopo negro, lamigueiro ou álamo negro (Europa). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Populus. Especie abundante na Península Ibérica. Plantado como ornamental e para uso forestal (non moi abondoso) en Galicia.
      • Populus x canadensis – Chopo canadense. Híbrido entre Populus nigra × Populus deltoides)
      • Populus nigra 'Italica' – Chopo lombardo, cultivar do chopo negro seleccionado en Lombardía no século XVII e que se usa con motivos ornamentais.
  • Populus sección PopulusÁlamos tremedores e brancos. Clima subártico circumpolar e temperado frío, e montañas máis ao sur.
    • Populus tremulaÁlamo tremo ou álamo tremedor (Europa, Asia setentrional). Especie abundante na Península Ibérica.
    • Populus adenopoda (Asia oriental)
    • Populus albaChopo branco ou álamo branco (Dende a Europa meridional a Asia central). Especie abundante na Península Ibérica. De uso en xardinería en Galicia.
      • Populus alba 'Bolleana' ou Populus alba var. pyramidalis Bunge– Chopo boleana, Chopo branco columnar ou piramidal. Oriúndo do Turkestán, moi utilizado como árbore ornamental na Europa temperada e mediterránea.
      • Populus × canescens – Álamo cano (segundo algúns autores híbrido entre o Populus alba e o Populus tremula).
    • Populus davidiana (Asia oriental)
    • Populus grandidentata (Norteamérica oriental)
    • Populus sieboldii (Asia oriental)
    • Populus tremuloides (Norteamérica)
Populus: Etimoloxía, Localización, Descrición 
Follas de Populus lasiocarpa
  • Populus sección Tacamahaca Norteamérica, Asia; clima temperado fresco.
    • Populus angustifolia (Centro de Norteamérica)
    • Populus balsamifera (= P. candicans, P. tacamahaca)
    • Populus cathayana (Nordeste de Asia)
    • Populus koreana J.Rehnder (Nordeste de Asia)
    • Populus laurifolia (Asia central)
    • Populus maximowiczii A.Henry (Nordeste de Asia)
    • Populus simonii (Nordeste de Asia)
    • Populus szechuanica (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros.
    • Populus trichocarpa (Oeste de Norteamérica)
    • Populus tristis (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros.
    • Populus ussuriensis (Nordeste de Asia)
    • Populus yunnanensis (Leste de Asia)
  • Populus sección Leucoides Norteamérica oriental, Asia oriental; clima temperado
    • Populus heterophylla (Sueste de Norteamérica)
    • Populus lasiocarpa (Asia oriental)
    • Populus wilsonii (Asia oriental)
  • Populus sección Turanga – Chopos subtropicais. Suroeste de Asia, leste de África; clima subtropical a tropical
    • Populus euphratica – Chopo do Éufrates (suroeste de Asia)
    • Populus ilicifolia (Leste de África)
  • Populus sección Abaso – Chopos mexicanos. México; clima subtropical a tropical
    • Populus guzmanantlensis (México)
    • Populus mexicana (México)

Usos - populicultura

Cultivado en lameiros e estacións húmidas de auga movida e rica en nutrientes, é aproveitado especialmente en España polo seu rápido crecemento (baixo liñas de mellora xenética); presenta fustes longos e rectos, e adoita plantarse en formacións regulares chamadas en castelán: choperas (formación de chopos).

A madeira é de boa calidade malia ser unha especie de crecemento rápido: en bos solos chega a medrar máis de 20 m3/ha/ano. Se se seguiu un bo itinerario silvícola a madeira destínase a mobles de baixa densidade, costeiros e chapa; mais o seu uso máis salientábel é o da industria do taboleiro contrachapado. Se presenta unha diminución de calidade notábel e non satisfai a demanda do contrachapado, destínase á industria de trituración depreciándose así o prezo por metro cúbico.

Tamén pode mencionarse o uso para caixas de madeira típicas da froita e como soporte de lenzos na pintura, como por exemplo na Mona Lisa.

Son tamén apreciados coma árbores de sombra en parques e paseos.

Son utilizados no sur da Arxentina como cortinas forestais cortaventos.

Un dos usos máis interesantes das árbores pertencentes a este xénero é o seu uso en fitorremediación, tanto usando directamente a planta como a partir dela, conseguindo, mediante biotecnoloxía, replicar a súa capacidade para acumular xenobióticos noutras especies.

Populus: Etimoloxía, Localización, Descrición 
Aromia moschata, un cerambícido que ataca os chopos brancos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Populus EtimoloxíaPopulus LocalizaciónPopulus DescriciónPopulus EspeciesPopulus Usos - populiculturaPopulus NotasPopulus Véxase taménPopulus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Armando BlancoSalgueiroMilánEmilio Aragón BermúdezHans ZimmerA gaita gallega (libro)Os demostrativos galegosPardo de CelaBrasilNormativa oficial do galegoAlberto FortesHard GZLucie IdloutNightmare Alley (filme de 2021)Nova YorkAndoriñaXosé Manuel BeirasBoyanka Kostova (grupo musical)BubelaFlorentino López CuevillasBlogLareiraRepública Democrática do CongoPaparazziCatedral de Santiago de CompostelaBucetaGran Guerra IrmandiñaGarbiñe MuguruzaDe NinghuresNeptunoMartín SarmientoAntonio López FerreiroManuel Curros EnríquezLiteratura galegaAna TurpinFrancisco FrancoCarmen LovelleTeresa González CostaSistema operativoIsabel Díaz AyusoBidueiroVertoAguia imperial ibéricaColocación do pronome átono en galegoRéptilesFederico García LorcaEsencia de trementinaNacionalismo galegoLista de nomes masculinos en galegoCharles DarwinXosé Luís BernalEstatua de Che Guevara en OleirosGerardo Pardo de VeraMedoISBNPosicións sexuaisAntón Villar PonteFermin MuguruzaCamiño de SantiagoNarónLista de filmes coas maiores recadaciónsGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981ProxyMemorias dun neno labregoFC Ilves (feminino)María Jesús MonteroSuízaBala (grupo musical)AciñeiraEstado NovoDelfínidosDía das Letras Galegas🡆 More