Pilro De Temminck

O pilro de Temminck ou pilriño patiamarelo (Calidris temminckii) é unha pequena ave limícola.

O seu nome específico púxoselle en honor do naturalista holandés Coenraad Jacob Temminck.

Pilro de Temminck
Pilro De Temminck
En plumaxe reprodutor


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris temminckii
(Leisler, 1812)
Distribución de C. temminckii
Distribución de C. temminckii

Distribución de C. temminckii
Sinonimia

Erolia temminckii

Descrición

Son limícolas moi pequenos de 13,5 a 15 cm de lonxitude. Son similares en tamaño aos pilros pequenos (Calidris minuta), pero de patas máis curtas e ás máis longas. As patas son amarelas e as plumas exteriores da cola son brancas, a diferenza das patas escuras e plumas externas da cola grises do pilro pequeno.

É unha ave bastante parda, con partes superiores e cabeza principalmente marróns lisas e partes inferiores brancas excepto o peito máis escuro. O adulto reprodutor ten algunhas plumas avermelladas algo máis vistosas, dentro dunha aparencia bastante pouco distintiva. En plumaxe de inverno, a aparencia xeral lembra unha versión reducida do bilurico bailón.

A súa chamada é un trilo forte.

Reprodución

O seu hábitat de reprodución son as lameiras e marismas da taiga ártica do norte de Europa e Asia. Reprodúcese no sur de Escandinavia e ocasionalmente en Escocia. Ten unha distintiva forma de voar peneirando. Aniña nunha depresión que escava no chan, onde pon 3 ou 4 ovos. É unha ave moi migratoria, e pasa o inverno en zonas de auga doce de África tropical, o subcontinente indio e partes do sueste asiático. É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).

O pilro de Temminck ten un intrigante modo de reproducirse e coidar as crías no cal o pai e a nai incuban distintas postas de ovos, normalmente situadas en lugares diferentes. Os machos establecen pequenos territorios e aparéanse cunha femia que pon unha primeira posta de ovos. Despois ela vaise a un segundo territorio e aparéase, e pon alí unha segunda posta de ovos que incuba ela mesma. Ao mesmo tempo, o seu primeiro macho pode aparearse cunha segunda femia, que pon á súa vez unha segunda posta de ovos no seu territorio. O macho choca el só a primeira posta de ovos da súa primeira parella.

Informouse dun aparente híbrido entre esta especie e o pilro pequeno nos Países Baixos.

Alimentación

Estas aves aliméntanse en zonas de lama branda con algo de vexetación, apañando co peteiro o alimento que estea visible. Teñen un comportamento alimenticio distintivo similar ao dun rato, trepando continuamente ao longo das beiras das lagoas. Comen principalmente insectos e outros pequenos invertebrados. Non son tan gregarios coma outros limícolas do xénero Calidris e raramente forman grandes bandadas.

Galería

Pilro De Temminck 
Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden

Notas

Véxase tamén =

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Pilro De Temminck DescriciónPilro De Temminck ReproduciónPilro De Temminck AlimentaciónPilro De Temminck GaleríaPilro De Temminck NotasPilro De Temminck Véxase tamén =Pilro De TemminckCoenraad Jacob TemminckLimícola

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gres, Vila de CrucesIsabel II do Reino UnidoMondoñedoAna TurpinLingua portuguesaConcellos de GaliciaAlbert EinsteinBala (grupo musical)GoizuetaCristina LosadaCamiño de SantiagoXestaFauna de GaliciaFrancisco FrancoArantzaRicardo BeirasDodroGoogleDonald TrumpBrasilAna Belén FortesCessna T-37 TweetGeorgia O'KeeffeArroazLista de siglas e acrónimosVladimir PutinBeatriz LuengoAdolf HitlerXosé FortesOrdesJordi PujolProxyAna Luísa BouzaMiguel Ángel Zabalza BerazaSete Sabios de GreciaMañónAdrenalinaFrancisco Castro VelosoEmilio Pérez TouriñoBigues i Riells del FaiJava (linguaxe de programación)AC-312Paradigmas dos verbos irregulares galegosRosario DúrcalJoan Manuel SerratXosé Carlos MorellToniña comúnAmieiroAustraliaZeca AfonsoMichael JacksonEva CárdenasAmy WinehouseXinzo de LimiaPonte 25 de AbrilPardo de CelaHOman AirFollas novasCalorCoordenadas xeográficasLista de deuses celtasSecretaría Xeral de Política LingüísticaLista de programas de Televisión EspañolaCouselo (planta)María Jesús MonteroÁnxel CasalCuarzoBerrogüettoXosé Neira VilasPaís Vasco (rexión histórica)María PitaGerardo Pardo de VeraO divino sainete🡆 More