Calidris Ruficollis

Calidris ruficollis é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Calidris ruficollis
Pilro de pescozo rubio
Calidris Ruficollis
Calidris ruficollis coa plumaxe de inverno

Calidris ruficollis coa plumaxe de verán
Calidris ruficollis coa plumaxe de verán

Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: C. ruficollis
Nome binomial
Calidris ruficollis
(Pallas, 1776)
Área de dispersión de Calidris ruficollis   Área estimada      Área de cría     Área de invernada
Área de dispersión de Calidris ruficollis
  Área estimada
     Área de cría     Área de invernada

Área de dispersión de Calidris ruficollis
  Área estimada
     Área de cría     Área de invernada
Sinonimia
    Véxase o texto

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1776 polo médico, Wiki Galegozoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas, na súa obra Reise durch verschiedene Provinzen des Russischen Reichs, baixo o nome de Trynga ruficollis.

Etimoloxías

Para a do xénero, ver Calidris.

O epíteto específico, ruficollis, está formado polos elementos do latín científico rufi- e -collis. O primeiro está tirado do xenitivo do adxectivo do latín rūfus, -a, -um, "de pelo vermello", e o segundo do xenitivo do nome latino collum, -i, "colo", "pescozo". Literalmente, "de pescozo vermello".

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Trynga ruficollis Pallas, 1776 (protónimo)
  • Tringa albescens Temminck, 1821
  • Calidris australis Lesson, 1831
  • Calidris ruficolis (erro ortográfico)

Características

Calidris ruficollis é unha das aves limícolas máis pequenas, moi semellante a Calidris minuta (especies que antigamente eran consideradas conespecíficas). O pequeno tamaño do pescozo vermello (en verán), o bico fino e escuro, as patas escuras e os movementos máis rápidos distinguen a esta especie de todas as limícolas agás as outras que tamén teñen as patas escuras.

Mide entre 13 e 17 cm de lonxitude, a súa envergadura alar vai dos 28 aos 37 cm, e a súa masa corpotal oscila entre os 21 e os 51 g. Pódese distinguir de Calidris mauri en todas as plumaxes pola súa combinación de punta fina do bico, os dedos non palmados.

Os adultos reprodutores ten un peito de cor laranxa sen raias, bordeado por marcas escuras abaixo, e unha V branca no lombo. No inverno a identificación da plumaxe é difícil, aínda que ten as patas máis curtas e as ás máis longas que Calidris minuta. Os xuvenís teñen unha plumaxe máis contrastadaolo lombo e liñas brancas máis débiles polas costas que o seu parente. A chamada é un "stit" rouco.

Distribución

Calidris ruficollis é unha ave que realiza grandes migracións. Cría ao longo do litoral ártico do leste de Eurasia, e pasan a estación non reprodutora no sueste asiático e en Australasia, chegando polo sur até Tasmania e Nova Zelandia.

É raro visitante na Europa occidental, coa maioría dos rexistros realizados en Irlanda. Adoita verse no oeste de Alasca e, ocasionalmente, noutros lugares de América.

Comportamento

Calidris ruficollis é unha especie moi gregaria e forma bandadas con outras limícolas pequenas do xénero Calidris, como Calidris acuminata e Calidris ferruginea nas áreas nas que non se reproducen.

Cría

O seu hábitat de reprodución é a tundra. Aniñan no chan e crían desde a primavera até o verán.

Dieta

Aliméntanse en prados húmidos e en zonas lamacentas, principalmente collendo alimentos que localizan coa vista. No seu hábitat non reprodutor aliméntanse de en zonas lamacentas intermareais e ao longo das marxes de lagos de auga doce. Comen principalmente insectos e outros pequenos invertebrados.

Ameazas

A especie está restrinxida á ruta migratoria de Asia oriental-Australasia e sospéitase que a perda de hábitat en lugares críticos na zona do mar Amarelo é a súa ameaza máis importante. Pénsase que a perda de hábitat na rexión do mar Amarelo está a provocar o descenso da poboación de aves acuáticas. Até o 65 % do hábitat intermareal no mar Amarelo perdeuse nos últimos 50 anos e, actualmente, este hábitat está a desaparecer a un ritmo dun 1 % anual desde a década de 1980 debido á recuperación das terras para a agricultura, a acuicultura e outras actividades. Centos de aves morreron como resultado do uso de pesticidas en Australia Occidental.

Estado de conservación

Esta especie está restrinxida á ruta aérea de Asia oriental-Australasia, onde se pensa que a perda de lugares clave na rexión do mar Amarelo é a responsábel do descenso das poboacións de aves acuáticas. Pénsase que a especie está a diminuír a un ritmo que se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de redución do tamaño da poboación, segundo trinta anos de datos de seguimento en Australia e Nova Zelandia. Por iso, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o stauts da especie como NT (case ameazada).

Galería


Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Calidris Ruficollis TaxonomíaCalidris Ruficollis CaracterísticasCalidris Ruficollis DistribuciónCalidris Ruficollis ComportamentoCalidris Ruficollis AmeazasCalidris Ruficollis Estado de conservaciónCalidris Ruficollis GaleríaCalidris Ruficollis NotasCalidris Ruficollis Véxase taménCalidris Ruficollis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mártires de CarralRibadaviaCoalición PopularFrancisco Vázquez VázquezBarbadosVangardasAnselmo López CarreiraMadeiraFreixoHistoria do CairoEva MejutoLiga do PeloponesoJMicrosoftFestas MinervaisMarina CastañoRosalía (cantante)Emilio Antón IboleónOA Ponte Maceira, Portor, NegreiraMoncho ValcarceMinia ManteigaBoyanka Kostova (grupo musical)Advanced Encryption StandardGalaicosRamón López RodríguezCañita BravaPartido Independentista PortorriqueñoEuroChatGPTAlexandra Fernández GómezSanta Uxía de Asma, Chantada7699Francisco Fernández del RiegoJosé Miñones TrilloSayenPantera RodríguezurlNanina Santos1985TelescopioAntonio Benito FandiñoSeoGrupo NósRaposoDios ke te crewMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BSan Lázaro, Santiago de CompostelaOs pronomes persoais galegosHans Staden (filme)Estrutura terciaria dos ácidos nucleicosMinisterio de Sanidade de EspañaAntigo ExiptoEtiopíaFerroAtlánticaLiechtenstein75Bipartito galegoThe SmithsCaralloBenito KamelasCamiño de SantiagoMáquina comecartosFútbol americanoO incerto señor Don HamletOhridRevolución dos CaraveisBasilio CegarraGolfiño común🡆 More