Phytophthora: Xénero de fungos

Phytophthora arecae Phytophthora botryosa Phytoohthora cactorum Phytophthora cajani Phytophthora cambivora Phytophthora capsici Phytophthora cinnamomi Phytophthora citricola Phytophthora citrophthora Phytophthora clandestina Phytophthora colocasiae Phytophthora cryptogea Phytophthora drechslera Phytophthora erythroseptica Phytophthora fragariae Phytophthora gonapodyides Phytophthora heveae Phytophthora humicola Phytophthora idaei Phytophthora ilicis Phytophthora infestans Phytophthora inflata Phytophthora iranica Phytophthora katsurae Phytophthora lateralis Phytophthora medicagnis Phytophthora megakarya Phytophthora megasperma Phytophthora melonis Phytophthora mirabilis Phytophthora multivesiculata Phytophthora nicotianae Phytophthora palmivora Phytophthora phaseoli Phytophthora porri Phytophthora primulae Phytophthora pseudotsugae Phytophthora quercina Phytophthora ramorum Phytophthora sinensis Phytophthora sojae Phytophthora syringae Phytophthora tentaculata Phytophthora trifolii Phytophthora vignae

Fitóftora (xénero Phytophthora)
Phytophthora: Patóxenos, Semellanza cos fungos, Bioloxía
Phytophthora porri en allo porro (Allium porrum)
Clasificación científica
Reino: Protista
(sen clasif.) Chromista
Filo: Heterokontophyta
Clase: Oomycetes
Orde: Peronosporales
Familia: Pythiaceae
Xénero: Phytophthora
Especies

Phytophthora, (do grego phytón, "planta" e phthorá, "destrución"; "destrutor de plantas"), comunmente chamado fitóftora é un xénero de protistas da clase Oomycetes que ocasionan pragas nas plantas. Heinrich Anton de Bary describiunos por vez primeira en 1875.

Patóxenos

As especies de Phytophthora son principalmente patóxenos de dicotiledóneas e son relativamente específicas das plantas que parasitan. Varias especies son patóxenas de plantas de considerábel importancia económica. Phytophthora infestans foi o axente causante do mildio ou podremia da pataqueira que provocou a Gran Fame irlandesa entre 1845 e 1849 e que orixinou a masiva emigración de irlandeses aos Estados Unidos. As doenzas nas plantas orixinadas por este xénero son difíciles de controlar quimicamente, por iso coma estratexia contra elas estase a espallar a cultura de variedades resistentes.

Outras importantes doenzas producidas por Phytophthora son:

  • Phytophthora alni – Podremia das raíces nos amieiros.
  • Phytophthora cactorum – Podremia das raíces dos rododendros e azaleas.
  • Phytophthora cinnamomi – Podremia das raíces en diversas especies ornamentais leñosas tal como, azalea, Chamaecyparis, Forsythia, rododendro, teixos etc.
  • Phytophthora fragariae – Podremia vermella nas raíces da amorodeira.
  • Phytophthora palmivora – Podremia da noz do coco e da palma de betel.
  • Phytophthora ramorum – Infecta a máis de 60 xéneros de plantas. Causa a morte súbita do carballo.
  • Phytophthora quercina – Morte en carballos.
  • Phytophthora sojae – Podremia das raíces na soia.

Semellanza cos fungos

Phytophthora é referido algunhas veces coma un organismo fúnxico mais está clasificado entre os protistas no grupo denominado Oomicetes). Este é un bo exemplo da evolución converxente: Phytophthora é morfoloxicamente moi semellante aos fungos verdadeiros (Fungi) malia teren evolucionado bioloxicamente de xeito diferente. En contra dos fungos verdadeiros, os Oomicetes están máis relacionados coas plantas que cos animais. Mentres as paredes celulares dos fungos están principalmente compostas de quitina, as paredes celulares dos Oomicetes estano de celulosa. Os niveis de ploidía e os ciclos bioquímicos tamén son distintos entre estes dous grupos.

Bioloxía

Phytophthora: Patóxenos, Semellanza cos fungos, Bioloxía 
O ciclo vital de Phytophthora.
Phytophthora: Patóxenos, Semellanza cos fungos, Bioloxía 
Formacións reprodutivas en Phytophthora: A: Esporanxio. B: Zoóspora. C: Clamidóspora. D: Oóspora.

As fitóftoras pódense reproducir sexual ou asexualmente. As oósporas son formacións reprodutivas do tipo sexual. En moitas especies, as estruturas sexuais nunca foron olladas ou só foron en emparellamentos de laboratorio. Nas especies homotálicas (autofértiles), as estruturas sexuais prodúcense nun único cultivo. Nas especies heterotáicas, as cepas de apareamento desígnanse como A1 e A2. Durante o acoplamento, os anteridios introducen os gametos na oogonia, xa sexa pola introdución da oogonia no anteridio (anfixina), xa for polo achegamento do anteridio á metade proximal (inferior) da oogonia (paraxina) e a unión produce oósporas. Ao igual que os animais, mais non coma na maioría de fungos verdadeiros, a meiose é gamética e os núcleos somáticos son diploides.

Os órganos de reprodución asexual comprenden os esporanxios, zoósporas e clamidosporas. As clamidosporas son xeralmente esféricas e pigmentadas e poden ter unha parede celular grosa, que actúa coma unha estrutura da supervivencia. Os esporanxios poden ficar nas hifas (non caducos) ou ser propagados de xeito doado polo vento ou a auga (caducous), actuando coma estruturas de dispersión. Os esporanxios tamén poden ceibaren zoósporas, que presentan dous flaxelos disimilares que usan para nadar cara a unha planta hóspede.

Notas

  • Lucas, J.A. et al. (eds.) (1991) Phytophthora baseado nun simposio celebrado en Trinity College, Dublín, Irlanda, en setembro de 1989. British Mycological Society, Cambridge University Press, Cambridge, Reino Unido, ISBN 0-521-40080-5;
  • Erwin, Donald C. e Ribeiro, Olaf K. (1966) Phytophthora Diseases Worldwide American Phytopathological Society Press, St. Paul, Minnesota, ISBN 0-89054-212-0
  • Erwin, Donald C. (1983) Phytophthora: its biology, taxonomy, ecology, and pathology American Phytopathological Society Press, St. Paul, Minnesota, ISBN 0-89054-050-0

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Phytophthora PatóxenosPhytophthora Semellanza cos fungosPhytophthora BioloxíaPhytophthora NotasPhytophthora Véxase taménPhytophthora

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EsparragueiraCastros da provincia da CoruñaA CoruñaMona SimpsonRulaFlora invasora de GaliciaOrosoOs vellos non deben de namorarseLondresEscáncerCoalición GalegaJosé Manuel Rey de VianaVíctor DupláRicardo Sánchez VarelaProvincia de OurenseHenrique López VeigaFernando AlonsoJosé Manuel Rodríguez PuenteHeterosexualidadeMiguel MosqueiraÁlvaro MuñizSalgueiroAsexualidadeTeixugoCAsiaChorimaVíctor MosqueiraLuís Álvarez PousaPortadaGerardo Pardo de VeraTerra Chá (poemario)Santiago de CompostelaManuel CabezasValfendidoLista das aves de GaliciaLareiraNarónSica RomeroDaniel BasteiroFerreiriño29 de abrilDía Internacional dos TraballadoresBukkakeAlfabeto galegoEl Progreso (xornal)Masculino e feminino en galegoRío MiñoLabios (xenitais)Cristovo ColónNomenclatura binomialFala de EstremaduraSBrañaIdentidade sexualHTTPMatrimonio entre persoas do mesmo sexoZoe SaldanaOs mortos van á présaBeatriz DouradoXosé Luís Franco GrandeMichelle PfeifferMichelle JennerProduto interior brutoRoko (actriz)GheadaXabier DíazPiardaJesús Peleteiro SuárezManuel Curros EnríquezEleccións municipais en CercedaGaliciaLuísa MerelasNordés (vento)ArzúaDani PedrosaKarim Benzema🡆 More