Peso Chileno: Unidade monetaria de Chile

O peso chileno (código CLP; símbolo $) é a moeda de curso legal da República de Chile.

    Para outras moedas coa mesma denominación, véxase Peso (moeda).
Peso chileno
Código:CLP
Ámbito:Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas Chile
Símbolo:$
Fracción:100 centavos (non vixente)
Moedas:1, 5, 10, 50, 100, 500 pesos.
Billetes:500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos.
Emisor:Banco Central de Chile.
Taxa de troco:
24-4-2020
1 EUR = 925,81 CLP
1 USD = 858,87 CLP
Troco actual

Estableceuse en 1818, como primeira moeda nacional do país logo da súa independencia, e en 1851 incorporouse o centavo como unidade divisionaria de carácter decimal.

Este primeiro peso mantívose como a moeda de curso legal en Chile ata o 31 de decembro de 1959, cando foi substituído polo escudo. Posteriormente, o Decreto lei 1123 de 1975 reintroduciu o peso como unidade monetaria nacional a partir do 29 de setembro dese ano, cunha taxa de conversión dun peso chileno novo por cada mil escudos. A subdivisión en centavos mantívose ata o 1 de xaneiro de 1984, cando a contabilidade se empezou a levar unicamente en pesos enteiros, eliminando os centavos.

Historicamente, o peso chileno cuñouse na Casa da Moeda de Chile (1743) e a súa emisión está regulada polo Banco Central de Chile (1925).

Primeiro peso (1817-1960)

Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas 
Primeira moeda chilena, coñecida como "peso Independente" (1817).

A adopción do peso en substitución do real colonial remóntase ao ano da independencia de Chile, 1818, aínda que os primeiros exemplares do coñecido como "peso Independente" xa foran cuñados o ano anterior. No entanto, neste período da denominada Patria Nueva o incipiente sistema monetario chileno mantivo a súa base no da metrópole, polo que a moeda de prata de oito reais españois ("real de oito") era equivalente a un peso chileno, en tanto que a moeda de ouro española dun escudo equivalía a dous pesos chilenos. Esta situación mantívose ata 1851, cando se adoptou o sistema decimal, polo que o peso quedou dividido en 10 décimos ou 100 centavos.

Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas 
Billete de 5 pesos chilenos de 1877
Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas 
Tarxeta postal coas moedas do peso chileno en circulación a principios do século XX

Naquel mesmo 1851, o peso chileno equiparouse en valor aos 5 francos franceses (22,5 gramos de prata pura). Porén, as moedas de ouro emitíronse cun estándar diferente ao francés, cun peso chileno de 1,37 gramos de ouro, en tanto que os cinco francos franceses tiñan 1,45 gramos. En 1885 adoptouse o padrón ouro e o valor do peso chileno pasou a vincularse á libra esterlina, cunha taxa de 1313 pesos por cada libra (1 peso = 1 xilins e 6 peniques). Esta taxa reduciuse en 1926 a 40 pesos por libra (1 peso = 6 peniques).

En 1925 a circulación do diñeiro pasou a ser controlada polo Banco Central de Chile, que se acababa de crear. A lei monetaria daquel mesmo ano estableceu que o peso sería equivalente a 6 peniques de ouro e que 10 destas unidades de peso constituirían o que se denominou "un cóndor"; e estableceuse tamén que en todas as moedas de 10 pesos ou máis se estamparía en letras e cifras o seu valor en pesos, e en letras de menor dimensión a súa equivalencia en cóndores.

O padrón ouro foi suspendido en 1932 e o valor do peso chileno incrementou a súa caída con respecto á década anterior. En 1955, como consecuencia da inflación, dispúxose que todas as obrigas se pagasen en pesos enteiros, sen centavos. No contexto dunha política de saneamento da economía chilena e de control inflacionario emprendida polo Goberno de Jorge Alessandri, o 1 de xaneiro de 1960 o peso foi substituído polo escudo (Eº), cunha taxa de conversión de 1.000 pesos por un escudo.

Segundo peso (desde 1975)

A hiperinflación existente durante o Goberno de Salvador Allende, que chegou a cifras de arredor do 700 %, foi unha das principais causas da crise económica que tivo que afrontar a súa Administración. Logo do golpe de Estado que provocou o derrocamento de Allende en 1973, unha das reformas económicas establecidas pola ditadura de Pinochet foi a reconversión ao peso chileno. Deste xeito, o 29 de setembro de 1975, estableceuse un cambio de 1.000 escudos por un peso chileno novo mediante o Decreto lei 1123, publicado o 4 de agosto dese mesmo ano.

As primeiras moedas emitidas baixo o novo sistema foron as de 1, 5, 10, 50 centavos, e 1 peso; máis tarde engadíronselles os valores de 5 e 10 pesos. As moedas con denominacións en centavos tiveron unha emisión limitada por mor das crecentes desvalorizacións que ocorreron durante a década de 1980.

Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas 
Equivalencias entre o peso chileno e o dólar (1975-2011)

Entre 1979 e 1982, a taxa de cambio mantívose fixa en 39 pesos por dólar estadounidense; así e todo, a presión inflacionaria fixo que a economía non puidese aturar esa fixación e en 1982 comezou a desvalorizarse paseniño a moeda nacional. Xa en 1984, o seu prezo estaba a 100 pesos por dólar.

Cara á década de 1990, a inflación fixo desaparecer tanto as moedas de centavos como os billetes de 5, 10, 50 e 100 pesos, substituídos por moedas. A finais desa década xurdiron, ademais, o billete de 2.000 e o de 20.000 pesos, xunto cunha moeda de 500 pesos, que eliminou o billete da mesma denominación. Cambios posteriores nos billetes permitiron a introdución de símbolos para o seu recoñecemento por persoas con deficiencias visuais e incorporaron billetes de polímero, en substitución do papel, para os billetes de 1.000, 2.000 e 5.000.

Moedas

Todas as moedas cuñadas a partir de 1975, cando se adoptou novamente o peso como moeda nacional, teñen validez no país. As súas denominacións e os seus deseños cambiaron ao longo do tempo: inicialmente, só se emitiron moedas de 1, 5, 10 e 50 centavos, e de 1 peso; posteriormente, deixaron de emitirse os centavos e engadíronse as moedas de 5, 10, 50, 100 e 500 pesos, en substitución dos billetes de iguais denominacións. A moeda de 500 pesos foi a primeira moeda bimetálica producida no país. En 2009 presentouse un proxecto para crear moedas de 20 e de 200 pesos, pero foi rexeitado.

O 26 de abril de 2016, o Banco Central propúxolle ao Ministerio de Facenda o envío dun proxecto ao Congreso para eliminar as moedas de 1 e de 5 pesos debido ao pouco uso e ao seu alto custo de fabricación. O 2 de maio seguinte presentóuselle á presidenta Michelle Bachelet un proxecto para unha nova familia de moedas, que entraría en circulación no segundo semestre de 2017. En agosto dese ano, o Congreso tramitou un proxecto de lei que incluíu a eliminación das moedas de 1 e de 5 pesos. Desde o 1 de novembro de 2017, o Banco Central deixou de emitir esas moedas e entrou en vixencia o arredondamento para os pagamentos en efectivo.

O 10 de outubro de 2018 o Banco Central anunciou o inicio da retirada da circulación das antigas moedas de 100 pesos, cuñadas entre 1981 e 2000; porén, seguen vixentes como medio de pagamento e a medida implica principalmente a retirada da moeda por parte das institucións financeiras para diminuír a súa convivencia coas moedas actualmente en produción.

Imaxe Valor Datas Aliaxe Canto Peso Diámetro Anverso
Reverso
1 centavo 1975 Aluminio Liso 2,00 g 25 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
5 centavos 1975

1976

Bronce-aluminio Liso e rombos 4,10 g 21 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
1976 Aluminio Liso e rombos 1,50 g 21 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
10 centavos 1975

1976

Bronce-aluminio Liso e rombos 5,01 23,75 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
1976

a

1979

Aluminio Liso e rombos 2,05 g 23,75 mm Cóndor nun cumio.
Valor e coroa de loureiro.
50 centavos 1975

a

1977

Cuproníquel Estriado 4,00 g 22 mm Cóndor nun cumio
Valor e coroa de loureiro.
1978

1979

Bronce-aluminio Estriado 4,00 g 22 mm Cóndor nun cumio
Valor e coroa de loureiro.
1 peso 1975

a 1977

Cuproníquel Estriado 5,00 g 24 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1978

1979

Bronce-aluminio Estriado 5,00 g 24 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro
1981

1992

Bronce-aluminio Liso 2,00 g 17 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1992

2015

Aluminio Liso 0,70 g 16 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
5 pesos 1976

a

1980

Cuproníquel Estriado 7,10 g 25,8 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro
1981

a

1990

Bronce-aluminio Liso 2,75 g 19 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro.
1990

a

1992

Bronce-aluminio Liso 2,70 g 19 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1992

a

2015

Bronce-aluminio Liso 2,20 g 15,5 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
10 pesos 1976

a

1980

Cuproníquel Estriado 8,90 g 28 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro.
1981

a

1990

Bronce-aluminio Estriado 3,50 g 21 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro
1990

a

2019

Bronce-aluminio Estriado 3,50 g 21 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
50 pesos 1981

a

2018

Bronce-aluminio Liso e rombos. 7,00 g 25 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
100 pesos 1981

a

2000

Bronce-níquel Liso.

POR LA RAZÓN Y LA FUERZA

9 g 27 mm Escudo de Chile.
Valor e coroa de loureiro.
2001

a

2017

Aro: brce-al.

Centro: la-ni.

Estriado descontinuo 7,58 g 23,5 mm Muller mapuche
Escudo e coroa de loureiro.
500 pesos 2000

a

2018

Aro: la-ni

Centro: brce-al.

Estriado 6,50 g 26 mm Raúl Silva Henríquez.
Valor e coroa de loureiro.

En febreiro de 2010, descubriuse que parte da produción de moedas de 50 pesos fabricadas pola Casa de Moeda en 2008 tiña a lenda REPÚBLICA DE CHIIE (sic) en lugar de REPÚBLICA DE CHILE no anverso. Isto, sumado a problemas anteriores de xestión, custoulle o posto a Gregorio Íñiguez, xerente xeral da entidade.

Cuñaxes especiais

Á parte das moedas de uso regular na circulación, a Casa da Moeda de Chile cuñou moedas conmemorativas dotadas de valor consonte a lei, malia non circularen:

  • 1976: autorizouse a cuñaxe de ata 3.000 unidades de moedas de ouro de 100 pesos en conmemoración do "terceiro aniversario da liberación de Chile" (o golpe de Estado de A. Pinochet).
  • 1978: ata 1.000 unidades de cada serie de moedas de ouro de 50 e 500 pesos, e de prata de 10 pesos de prata, que conmemoran o mesmo suceso.
  • 1991: ata 75.000 unidades (aínda que só se cuñaron 34.800) de moedas de prata de 10.000 pesos en conmemoración do quinto centenario da Descuberta de América.
  • 1993: ata 50.000 unidades (aínda que só se cuñaron 46.000) de moedas de prata de 2.000 pesos en conmemoración dos 250 anos da fundación da Casa da Moeda de Chile.

Billetes

Series entre 1975 e 2009

Ao se reinstaurar o peso como moeda oficial en 1975, introducíronse novos billetes de 5 e de 10 pesos (como consecuencia da inflación, o ano seguinte substuíronse por moedas equivalentes), ademais dos de 50 e de 100 pesos. Nos anos posteriores, estes últimos tamén foron substituídos por moedas e apareceron os billetes de 500, 1.000 e 5.000 pesos. A finais da década de 1980 imprimíronse unicamente billetes de 500, 1.000, 5.000 e 10.000 pesos (este último introducido en 1989).

En 1997 entrou en circulación o billete de 2.000 pesos e o ano seguinte o de 20.000 pesos. Dous anos despois deixou de circular o de 500 pesos, substituído por unha moeda. Durante 2009, os billetes en produción eran os de 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos e nese ano comezou a introdución dunha nova serie de billetes. No principio da década de 2020, moitos destes billetes seguen en circulación, aínda que é cada vez menos frecuente atopalos. Os billetes con denominacións menores a 1.000 pesos non están en circulación, aínda que seguen a ser legalmente válidos en todo o país e manteñen o seu valor nominal orixinal.

Valor Datas de emisión Cor Dimensións Anverso
Reverso
5 pesos 1975-1976 Verde. 145×70 mm Efixie de José Miguel Carrera.
Casa da familia Carrera.
10 pesos 1975-1976 Vermello. 145×70 mm Efixie de Bernardo O'Higgins.
Batalla de Rancagua, de Subercaseaux.
50 pesos 1975-1978
1980-1981
Celeste. 145×70 mm Efigie de Arturo Prat.
Escuadra Libertadora, de Somerscales.
100 pesos 1976-1977
1979-1984
Violeta e negro. 145×70 mm Efixie de Diego Portales.
Reunión de notables, de P. L. Carmona.
500 pesos 1977
1980-1982
1985-2000
Marrón e violeta 145×70 mm Efixie de Pedro de Valdivia.
Fundación de Santiago, de Pedro Lira.
1.000 pesos 1979-1980
1982
1984-2009
Verde. 145×70 mm Efixie de Ignacio Carrera Pinto.
Heroes da Concepción, de Matte Bello.
2.000 pesos 1997
1999
2001-2004
Morado. 145×70 mm Efixie e estatua de Manuel Rodríguez.
Igrexa dos Dominicos (Santiago).
2004
2007-2008
Morado. 145×70 mm Efixie e estatua de Manuel Rodríguez.
IIgrexa dos Dominicos (Santiago).
5.000 pesos 1981
1986-1994
1996-2008
Vermello. 145×70 mm Efixie de Gabriela Mistral.
Alegoría: Nobel de literatura 1945.
10.000 pesos 1989-1998
2001-2006
2008
Azul. 145×70 mm Efixie de Arturo Prat.
Facenda San Agustín de Puñual.
20.000 pesos 1998-1999
2006
2008
Pardo, verde e ocre. 145×70 mm Efixie de Andrés Bello.
Universidade de Chile.

Serie Bicentenario (desde 2009)

Peso Chileno: Primeiro peso (1817-1960), Segundo peso (desde 1975), Notas 
Presentación do novo billete de 5.000 pesos, en setembro de 2009.

O Banco Central de Chile comezou no segundo semestre de 2009 a produción dunha nova serie de billetes para conmemorar o bicentenario do país. Malia non variar nin os valores emitidos nin os personaxes conmemorados, si que se cambiaron os tamaños e engadíronse tamén medidas de seguridade para evitar a súa falsificación. Tres dos billetes da nova serie producíronse en polímero e dous en papel de algodón.

O deseño foi unificado, de xeito que se presentase o rostro de cada personaxe no anverso, xunto co antú (representación mapuche do Sol) e un corte transversal do corazón dun copihue, a flor nacional. Pola súa banda, no reverso de cada billete incorpóranse paisaxes de diversos parques nacionais xunto a unha especie animal nativa.

A implantación da nova serie foi consonte a seguinte secuencia cronolóxica:

  • O 24 de setembro de 2009 comezou a circulación do billete de 5.000 pesos, o primeiro da serie.
  • O 6 de xaneiro de 2010 presentouse o de 10.000 pesos. Este billete debía entrar en circulación o 3 de marzo, mais quedou adiado para o 31 de marzo por mor do terremoto do 27 de febreiro dese ano.
  • O 8 de xuño de 2010 presentouse o terceiro valor, de 20.000 pesos, introducido o 28 de xullo dese mesmo ano. Foi o único en que se cambiou a cor orixinal (do ocre ao laranxa) para o facer máis distintivo.
  • O 6 de outubro de 2010 desvelouse o novo billete de 2.000 pesos, que mantén a liña de deseño dos anteriores, aínda que cunha cor violeta máis intensa. O billete entrou en circulación o día 17 de novembro.
  • O 16 de marzo de 2011 presentouse o billete de 1.000 pesos, que cambiou a cor verde clara do deseño anterior a verde amarelenta intensa.

O deseño e a produción desta nova familia de papel moeda encomendáronselles á compañía australiana Note Printing Australia Ltd (os billetes de 1.000, 2.000 e 5.000 pesos) e á sueca Crane AB (os de 10.000 e 20.000 pesos).

Valor Datas de emisión Cor Dimensións Anverso
Reverso
1.000 pesos 2010-2016
2018
Verde 120×70 mm Efixie de Ignacio Carrera Pinto.
Parque Nacional Torres del Paine e guanaco.
2.000 pesos 2009
2012-2016
Violeta 127×70 mm Efixie de Manuel Rodríguez.
Reserva Nacional Nalcas e papagaio.
5.000 pesos 2009
2011-2014
Rosado 134×70 mm Efixie de Gabriela Mistral.
Parque Nacional La Campana e bufo.
10.000 pesos 2009
2011-2014
2016
2018
Azul 141×70 mm Efixie de Arturo Prat.
Parque Nacional Alberto de Agostini e cóndor.
20.000 pesos 2009
2011-2018
Laranxa 148×70 mm Efixie de Andrés Bello.
Salar de Surire e flamengo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Peso Chileno Primeiro peso (1817-1960)Peso Chileno Segundo peso (desde 1975)Peso Chileno NotasPeso Chileno Véxase taménPeso Chileno18181851Curso legalISO 4217MoedaSímbolos monetarios

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Familia CaamagnoFerreiriñoMono (vestimenta)AxoloteIulia DrúninaLago ComoSica RomeroRichard GereVacaLNocelloDominic ThiemCágadoEucaliptoDEsparragueiraTribadismoCercedaIES Valle InclánXosé Manuel PiñeiroCopa do SarSilva bravaJohn HerschelEscherichia coliDía da NaiXosé Luís BernalA FonsagradaFauna de GaliciaAníbal MalvarAhí ven o maioLingua inglesaJesús Vázquez AlmuíñaManuel Lourenzo GonzálezÁlex FidalgoAitana OcañaVicente RiscoEspañaPegaVila de CrucesConfessions of a Teenage Drama QueenBodystockingDedaleiraBioluminescenciaJesús Peleteiro SuárezThe ArtistXan Xoved91jv36A CoruñaTonhito de Poi77Benito KamelasDonicelaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBatalla de CacheirasAbel LosadaDios ke te crewCadela de fradeFollaSegunda guerra mundialÁlvaro MuñizFreixoEduardo PondalIdentidade sexualPatricia VázquezCira, SilledaCoalición GalegaWikiAtaque EscampeNatalia Puente PradoO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónLorbé, Dexo, OleirosLucía VeigaSésSantiso🡆 More