Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Metais utilizados na cuñaxe de moeda

Os metais de cuñaxe abranguen os elementos químicos metálicos que se foron utilizando historicamente como materiais únicos ou como compoñentes en aliaxes na fabricación de moedas.

Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda
Lingote e moedas de ouro.

Esta serie de elementos non está pechada, xa que hai determinados metais que hoxe se utilizan exclusivamente para moedas "de demostración" e que nalgún momento poderían chegar tamén a ser a base de emisións de moedas de curso legal (por exemplo, o circonio).

En xeral, debido aos problemas que se orixinan cando metais de cuñaxe posúen un elevado valor intrínseco, no século XXI téndese a utilizar para a cuñaxe os metais máis comúns e menos custosos.

Historia

Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda 
Dárico aqueménica de ouro.
Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda 
Siclo aqueménida de prata.

Historicamente, a maioría dos metais (e aliaxes) monetizados correspóndense cos tres elementos non radioactivos do grupo 11 da táboa periódica: ouro, prata e cobre, este último comunmente ligado con estaño e ás veces outros metais máis para formaren o bronce. Estes metais e aliaxes foron os utilizados para a práctica totalidade das emisións de moeda do mundo antigo e da Idade Media.

A historia da moeda comeza no mundo occidental arredor do ano 700 a. de C. na illa de Exina ou, segundo outras fontes, en Éfeso, no reino de Lidia, cara ao 650 a. de C. A India antiga, no século VI a. de C., foi outra das primeiras rexións do mundo en coñecer a moeda. Aquelas primeiras cuñaxes estaban feitas de electro, unha mestura de ouro e prata de cor amarela pálida e de orixe natural que aínda se aliaba máis con prata e con cobre.

O dárico persa foi a primeira moeda de ouro. Xunto cunha moeda similar cuñada en prata, o siclo, representaban o padrón monetario do Imperio Aqueménida, que continuou ata tempos recentes.

Con todo, a partir daquelas primeiras emisións do mundo clásico o número de metais utilizados na cuñaxe foi aumentando, tanto no relativo aos dun valor intrínseco máis elevado como no que se refire aos máis comúns, utilizados na moeda circulante actual, dotada de valor fiduciario. Hoxe utilízanse tamén metais preciosos, particularmente nas coñecidas como "moedas de investimento" ou "moedas de colección", e non nas moedas circulantes, nas que o valor do metal ten que ser necesariamente inferior ao seu valor facial.

Requisitos dun metal para a cuñaxe

Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda 
Moeda chinesa de ferro, un metal pouco usado na moeda pola súa doada corrosión.

As moedas destinadas á circulación deben cumprir uns requisitos para seren eficaces. Por exemplo, unha moeda pode estar en circulación durante máis de 30 anos, polo que debe ter resistencia ao desgaste e amosar unhas excelentes propiedades anticorrosión. A consecución deste obxectivo require o uso de aliaxes xogando cos metais básicos. Neste sentido, metais como o manganeso entran a formar parte destas aliaxes, por lles dar moita resistencia ás moedas, aínda que dificulta o proceso de cuñaxe e provoca un maior desgaste da maquinaria das cecas.

Existe o risco, especialmente na cuñaxe de moedas de valores faciais baixos, de que o valor intrínseco do metal chegue a ser superior ao valor nominal da moeda, o que en ocasións pode levar a que se acumulen estas moedas e se destinen á súa posterior fundición. Por exemplo, os peniques británicos anteriores a 1992 estaban feitos dun 97 % de cobre pero a partir de 2008, de acordo co prezo deste metal, o valor dun penique dos anteriores pasou a ser de 1,5 dos novos, que pasaron a elaborarse en aceiro bañado en cobre. Por razóns similares, os centavos estadounidenses, antano cuñados en aliaxes de cobre, elabóranse desde 1982 con cinc bañado en cobre.

Este problema motivou que case se acabe co uso dunha aliaxe moi común nas cuñaxes do século XX, chamada cuproníquel, con proporcións variables de cobre e níquel, aínda que a máis habitual é 75 % Cu e 25 % Ni. Esta aliaxe, de cor prata, é dura, resistente e ten unhas excelentes propiedades para cuñaxe, mais no século XXI a suba dos prezos de ambos os metais que a compoñen fixo que se empezase a experimentar máis con outras aliaxes baseadas no aceiro, mesmo co aceiro inoxidable. Por exemplo, na India cuñáronse moedas de aceiro inoxidable cun 82 % de ferro e un 18 % de cromo, e moitos outros países que estaban a emitir moedas cun custo do metal superior ao valor facial están a experimentar coas aliaxes de aceiro.

Materiais usados na fabricación de moeda

Metais usados na moeda circulante

Estes son os metais utilizados para a cuñaxe de moedas destinadas á circulación ao longo da historia, ben individualmente ou ben formando parte de aliaxes:

Aliaxes usadas na moeda circulante

Estas son as aliaxes máis comunmente utilizadas na fabricación de moeda:

  • Alpaca. É unha aliaxe de cobre (de 40 % a 70 %), cinc (de 15 % a 45 %) e níquel (de 15 % a 25 %), e en ocasións algo de prata, chumbo ou ferro. As primeiras cuñaxes apareceron en Francia a mediados do século XIX, no reinado de Napoléon III. Foi moi utilizada nas cuñaxes portuguesas ao longo de todo o século XX.
  • Aceiro. Aliaxe de ferro e carbono de grande elasticidade e dureza. Utilizouse adoito na moeda italiana da segunda metade do século XX, coñecido co acrónimo "acmonital" (acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano"). Porén, en numismática é máis utilizado na fabricación de punzóns, cuños e matrices.
  • Billón. Constituída por prata e cobre con maior proporción deste último. Áchase con frecuencia en estado natural. As primeiras moedas de billón cuñáronse na illa de Lesbos no século VI a. de C. Posteriormente foi moi común nas cuñaxes medievais de pouco valor.
  • Bronce. Aliaxe de cobre e estaño, este último en proporcións do 5 % ao 35 %. Aparece por primeira vez no século V a. de C nas cuñaxes da Antiga Grecia.
  • Bronce-aluminio. Trátase dunha aliaxe similar ao bronce na que o aluminio é o metal principal dos que se lle achegan ao cobre; moi utilizada na cuñaxe moderna.
  • Cuproníquel. Componse de arredor dun 75 % de cobre e un 25 % de aluminio e adquire unha cor gris máis escura que a do níquel. Comezou a cuñarse na antiga China entre os séculos V e III a. de C e posteriormente utilizárono os pobos indobactrianos. Na moeda occidental non apareceu ata 1856 e foi moi común na moeda circulante do século XX.
  • Electro. É unha aliaxe de ouro e prata que se pode obter artificialmente ou atopar de forma natural. A súa gama de cor vai do amarelo pálido ao máis brillante, en función da proporción de ambos os metais na súa composición. As primeiras cuñaxes de electro foron unhas moedas lidias e da Grecia oriental atopadas baixo o Templo de Artemisa en Éfeso, datadas no derradeiro cuarto do século VII a. de C. (625-600 a. de C.).
  • Latón. Aliaxe de cobre e ata un 46 % de cinc, que pode ter tamén trazas de estaño. As primeiras cuñaxes apareceron no século I na Asia Menor e de camiño se estenderon por toda Asia e Europa.
  • Oricalco. É realmente unha variante do latón; unha aliaxe de cobre con outros metais, habitualmente o cinc, utilizada sobre todo no Imperio Romano para a cuñaxe dos sestercios e dos dupondios.
  • Ouro nórdico. Coñécese así a aliaxe de cor dourada coa que se cuñan as moedas de 50 céntimos, 20 céntimos e 10 céntimos de euro. A súa composición é dun 89 % de cobre, 5 % de aluminio, 5 % de cinc e 1 % de estaño.
  • Peltre. Tradicionalmente constituída entre o 85 % e o 99 % de estaño e o resto de antimonio, cobre, cinc, bismuto e, menos comunmente, chumbo. Ás veces incorpórase tamén unha pequena cantidade de prata. É pouco habitual na cuñaxe. Unha das moedas de peltre máis salientables é o dólar Continental cuñado nos Estados Unidos en 1776.
  • Potín. Trátase dunha aliaxe de cobre cunha pequena porcentaxe de estaño, cinc ou prata, que foi utilizada na Antigüidade polos pobos da Galia. É habital que estas amoedacións non se leven a cabo mediante cuñaxe, senón por fundición.

Outros metais usados na moeda non circulante

Algúns outros elementos químicos foron utilizados en ocasións para a cuñaxe de moedas ou pseudomoedas non destinadas á circulación, senón con outros propósitos (conmemorativas, ensaios monetarios, moedas de investimento, moedas de fantasía, cuñaxes artísticas, medallas, probas de cuños etc.):

Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda 
Moeda de investimento de paladio. 25 rublos rusos de 1990.


  • Cadmio. En 1828, G. Loos gravou unha medalla conmemorativa do casamento de Heinrich von Dechen que indica na súa lenda que foi feita con "cadmio silesiano" (AUS SCHLESISCHE KADMIUM).
  • Circonio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Cobalto. A emisión conmemorativa de 2005 de 750 francos CFA do Camerún foi cuñada en ferro bañado en cobalto.
  • Hafnio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Iridio. Ruanda cuñou en 2014 moedas de investimento de ​1⁄25 de onza con valor de 10 francos, dentro da serie The Noble Six. Tamén Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Molibdeno. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Niobio. En Austria emitíronse moedas de bimetálicas con valor de 25 euros co centro de niobio. Tamén Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Paladio. A primeira cuñaxe neste metal tivo lugar en Serra Leoa en 1966. Posteriormente utilizouse en sets de presentación de moedas de Tonga e en emisións de investimento de diversos países.
  • Renio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Rodio. Ruanda cuñou en 2014 moedas de investimento de ​1⁄25 de onza con valor de 10 francos, dentro da serie The Noble Six. Tamén en 2011 se emitiron moedas non oficiais de latón bañadas en rodio para as illas Andaman e Nicobar con valor facial de 10 rupias.
  • Rutenio. A moeda de2 medio hau (50 paʻanga) de Tonga de 1967 tiña o 982 % de paladio e o 2 % de rutenio.
  • Selenio. En 1862, o Museo da Ciencia do Reino Unido emitiu unha medalla deste metal en conmemoración de Berzelius, o seu descubridor.
  • Silicio. Nos Estados Unidos realizáronse en 1964 probas privadas de moedas de cuarto dólar nunha aliaxe de níquel e silicio.
  • Tántalo. Neste metal cuñáronse moedas de fantasía para a posesión francesa das Illas Kerguelen. Utilizouse tamén nunha moeda bimetálica de prata e tántalo de Casaquistán.
  • Teleurio. Neste metal elaborouse en 1896 unha medalla húngara de temática mineira conmemorativa da Exposición Húngara do Milenio, da que existen reproducións feitas en 1975.
  • Titanio. En 1999, Xibraltar fixo a primeira emisión monetaria neste metal. Tamén Austria cuñou moedas bimetálicas conmemorativas de prata e titanio.
  • Uranio. Existen dúas variantes dunha medalla alemá de uranio puro.
  • Vanadio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.
  • Volframio (coñécese tamén como tungsteno). As aliaxes con volframio adoitan ser demasiado duras para a cuñaxe, aínda que hai diversas cuñaxes privadas neste metal. Fred Zinkann cuñou cun 90 % de volframio moedas de fantasía de 25 francos para as illas Kerguelen, aínda que os seus cuños romperon ao cuñar a terceira peza, por mor da dureza dos discos deste metal.

Serie de cuñaxes de Dave Hamric

Cómpre mencionar a experiencia de Dave Hamric que, a partir de 2006, se propuxo facer cuñaxes (pseudomoedas de tamaño aproximado ao das moedas de 2 céntimos de euro) con cada un dos elementos primordiais (non só metais), é dicir, aqueles que existen no seu estado actual desde un período anterior á formación da Terra (excluíndo algúns radioactivos, como o tecnecio e o promecio, aínda que incluíndo outros, como o torio e o uranio). Ata o momento realizou cuñaxes dos seguintes elementos:

Elementos cuñados por Hamric
Aluminio. Cerio. Escandio. Indio. Molibdeno. Rodio. Titanio.
Antimonio. Chumbo. Estaño. Iridio. Neodimio. Rutenio. Tulio.
Bario. Cinc. Estroncio. Iterbio. Niobio. Samario. Uranio.
Berilio. Circonio. Europio. Itrio. Níquel. Selenio. Vanadio.
Bismuto. Cobalto. Fósforo. Ferro. Ouro. Tántalo. Xofre.
Boro. Cobre. Gadolinio. Lantano. Paladio. Telurio.
Cadmio. Cromo. Galio. Lutecio. Platino. Terbio.
Calcio. Disprosio. Hafnio. Magnesio. Praseodimio. Talio.
Carbono. Erbio. Holmio. Mercurio. Prata. Tecnecio.

Materiais non metálicos utilizados na fabricación de moedas

Materiais Exemplos de emisións
Papel Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  50 kopecks. Unión Soviética. 1923.
Pedra Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Moedas de pedra da illa de Yap, na Micronesia.
Cartolina Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  15 kopecks. Imperio Ruso. 1915.
Cerámica Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  75 pfennig. Moeda de emerxencia (notgeld). Zielona Gora, Polonia. 1922.
Coiro Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Rublos da Compañía Ruso-Americana en Alasca.
Plástico Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Moeda dun rublo de Transnistria.
Carbón vexetal (carbono) Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Á parte de formar parte do aceiro, cuñáronse algunhas moedas de emerxencia de "carbono galvánico prensado" na Alemaña do período da hiperinflación na República de Weimar. 1.000 marcos, 1922.
Porcelana Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Moedas de emerxencia (notgeld) alemás cuñadas entre 1921 e 1923. Tamén moedas locais e privadas con caracteres chineses, usadas en Siam e outros lugares de Oriente.
Fibra téxtil Metais E Aliaxes De Cuñaxe: Historia, Requisitos dun metal para a cuñaxe, Materiais usados na fabricación de moeda  Moedas de 1 e 5 fen do Imperio de Manchuria (1944-1945).
Seda Diñeiro de seda de Khorezmian, China, na Gran Ruta da Seda, desde a Idade Media ao século XX.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Metais E Aliaxes De Cuñaxe HistoriaMetais E Aliaxes De Cuñaxe Requisitos dun metal para a cuñaxeMetais E Aliaxes De Cuñaxe Materiais usados na fabricación de moedaMetais E Aliaxes De Cuñaxe NotasMetais E Aliaxes De Cuñaxe Véxase taménMetais E Aliaxes De CuñaxeAliaxeCuñaxeElemento químicoMetal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O comparativo galegoMucha e NuchaEduardo PondalBibTeXBélxicaPastora Dominga González ViéitezVox populiManuel Lourenzo SobralGrupo RompentePanteón de Galegos IlustresUniversidade de Santiago de CompostelaMexacánProxyGonzalo MellaFrancisco Castro VelosoPedro SánchezAs dúas MaríasReal Club Celta de VigoAsteraceaeLondresRaffaella CarràHolocaustoT2015LavandaPaspallásLeninGoretti SanmartínManuel Gago MariñoLeitzaldeaSystem of a DownRéptilesLista de ósos do esqueleto humanoMecanismo de AnticiteraÁlbum de la CaridadIndonesiaHistoria de Galiciac70mgJulio Iglesias RedondoEstado NovoLeonardo da VinciAustraliaBenito MussoliniProvincias de EspañaFlorentino López CuevillasGabriel RufiánGalileo GalileiYouTubeMéxicoPosición do misioneiro invertidaMoulin RougeSelección de fútbol de GaliciaPorno suaveMoscovaPablo Iglesias TurriónPortolamoso, Curtis, CurtisCarles Puigdemont200328 de decembroSecretaría Xeral de Política LingüísticaO porco de péSéculos EscurosCarrasco (planta)BucetaXabier DíazListenbourgAna Luísa BouzaCangasMemorias dun neno labregoIker MuniainCabo Norte, NoruegaRepública ChecaNoiaCinema pornográficoGolfiño comúnCarlos SoberaCeleste Caeiro🡆 More