O permiso, licenza ou carné de conducir é un documento que acredita unha autorización administrativa que permite ó seu posuidor o manexo de vehículos pola vía pública.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Calquera condutor deberá estar en posesión do permiso e levalo consigo cando conduza, aínda que tamén é válido levar unha fotocopia do orixinal debidamente compulsada, estando obrigado a exhibilo ante a autoridade ou os seus axentes cando así o soliciten.
Circular sen esta autorización, dará lugar á inmobilización do vehículo manexado e a unha denuncia por parte do Axente.
Se o permiso ou licenza foi expedido en España, este terá validez para toda a Comunidade Europea. Se se obtivo o permiso noutro país alleo á comunidade Europea, se deberá trocar segundo o seu caso[Ligazón morta] na debida Xefatura de Tráfico provincial correspondente.
Todo permiso ou licenza ten unha data de validez máxima, chegada a cal o condutor deberá renovala e realizar un exame psicotécnico (do mesmo xeito que ó obter o permiso), do que dependerá a renovación do mesmo, xa que avalía se o condutor continúa estando capacitado fisicamente para poder conducir.
Son documentos distintos.
Non se necesita licenza para conducir bicicletas
A licenza tan só permite o manexo de:
A idade mínima para obter esta licenza é de 14 anos. Hai que realizar 2 exames: Un de circulación viaria específico de licenzas (de dificultade máis reducida que o dos permisos) e outro práctico específico.
Posuír un Permiso de circulación anulará calquera Licenza, xa que este permite a condución de devanditos vehículos.
O permiso de conducir se subdivide en clases. A clase regula o tipo de vehículo que autoriza a conducir:
Idade mínima para obtelo: 16 anos
Habilita a condución pola vía pública de:
Máis os vehículos que se permite conducir coa Licenza.
Para obtelo, a lei esixe aprobar 3 exames:
Idade mínima para obtelo:18 anos
Habilita a condución pola vía pública de:
A concesión deste permiso implica a capacidade de manexar vehículos que autorice a clase A1.
Para obter esta clase, a lei esixe aprobar 4 exames. Dous teóricos e dous prácticos:
Idade mínima para obtelo:18 anos
Habilita a condución pola vía pública de:
Para a condución de vehículos que realicen transporte escolar ou transporten materias perigosas precisarase unha autorización especial.
Para obter esta clase, a lei esixe aprobar 2 exames:
A obtención deste permiso non implica a concesión do A1,A,BTP,C1,C,D1,D,E.
Idade mínima para obtelo: 18 anos e ser titular do permiso B en vigor.
Habilita a condución pola vía pública de:
Teórico de específico e mantemento do automóbil. Manobras en circuíto pechado, composto das manobras de arranque en rampla, marcha atrás en curva, aproximación a peirao de carga e estacionamento en liña. Circulación en vía pública.
A obtención deste permiso non implica a concesión do A1,A,C,D1,D,E. A obtención deste permiso implica a concesión do BTP.
Idade mínima para obtelo: 21 anos (18 en caso de ter Certificado de Aptitude Profesional) e ser titular dun permiso B en vigor.
Habilita a condución pola vía pública de:
Teórico de específico e mantemento do automóbil (se o aspirante é titular do permiso C1 e ten máis de 21 anos esta exento desta proba). Circuíto pechado, composto das probas de arranque en rampla, marcha atrás en xiro, estacionamento en liña e aproximación en marcha atrás a peirao de carga. Circulación en vía pública.
A obtención deste permiso non implica a concesión do A1,A,D1,D,E
A obtención deste permiso implica a concesión do C1 e BTP
C E
Idade mínima para obtelo: 21 anos e ser titular do permiso B en vigor.
Habilita a condución pola vía pública de:
Teórico específico. Manobras en circuíto pechado, composto polas manobras de arranque en rampla, marcha atrás en curva e estacionamento en liña. (Se o aspirante é titular dun permiso da clase C1 ou C estará exento destas probas) Circulación en vía pública.
A obtención deste permiso non implicará a concesión do A1,A,BTP,C1,C,D,E.
Idade mínima para obtelo: 21 anos e ser titular do permiso da clase B en vigor.
Habilita a condución pola vía pública de:
Teórico específico. (Se o aspirante é titular do permiso D1 estará exento desta proba) Manobras en circuíto pechado, composto polas manobras de arranque en rampla, marcha atrás en curva e estacionamento en liña. (Se o aspirante é titular dun permiso da clase C estará exento destas probas) Circulación en vía pública.
A obtención deste permiso non implica a concesión do A1,A,C1,C,E A obtención deste permiso implica a concesión do D1 e do BTP.
Idade mínima para obtelo: 18 anos para o B E. 18 anos para o C1 E e C E con Certificado de Aptitude Profesional. 21 anos para o D1 E, D E, C1 E e C E. Ser titular do permiso para o que se solicite o E.
Teórico específico.
Manobras en circuíto pechado, formado polas manobras de arranque en pendente ascendente, marcha atrás en curva, estacionamento en liña, axuste e desenganche de remolque ou semiremolque e aproximación a peirao en marcha atrás.
Circulación en vía pública. Se o aspirante é titular dun permiso C1 E, D1 E ou D E e solicita o C E esta exento da proba teórica.
Se o aspirante é titular dun permiso C1 E e solicita o D1 E ou D E esta exento da proba teórica.
Idade mínima para obtelo:18 anos, ser titular do permiso da clase B en vigor e ter un ano de antigüidade no permiso B (o ano de antigüidade pode ser substituído por un Certificado de Aptitude Profesional).
Habilita a condución pola vía pública de:
Será necesario realizar 1 exame:
(Antigamente era necesario realizar outro exame máis de Mecánica de Vehículos. A D>T decidiu prescindir deste exame en 2006)
O 2 de xullo de 2004 a lexislación Europea aproba un novo modelo de permiso de conducir acollido no Real Decreto 1598/2004. Simplemente é un formato distinto ó anterior que, no caso de España, era máis grande, de cartón, e facilmente falsificable.
O formato plastificado aseméllase ós cartóns de crédito, feito en plástico, impreso a alta definición, contén tinta só visible á luz ultravioleta, imaxes codificadas, lámina holográfica de seguridade e gravación en láser das datas de validez e expedición.
Os permisos plastificados teñen outro proceso de fabricación (sendo a Real Casa da Moeda a encargada deste proceso), o cal fai que a entrega destes documentos sexa superior ó mes e medio, non como cos antigos de cartón cuxa entrega realizar en 15 días. Se se é posuidor dun permiso antigo de cartón, só se poderá obter o actual unha vez expire a súa data de validez. En caso de deterioración, roubo ou extravío poderase solicitar un duplicado, pero se lle entregaría outro documento co formato de sempre, en cartolina rosa.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Permiso de conducir |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Permiso de conducir, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.