Panteón De París

O Panteón de París (en francés Le Panthéon) é un monumento da capital francesa, no quinto distrito (arrondissement), no chamado Barrio Latino, moi preto da Sorbona e dos liceos elitistas Louis Le grand e Henry IV.

Panteón de París
Panteón De París
O Panteón de París
Presentación
Nome localLe Panthéon
LocalizaciónPanteón De París Francia
DirecciónParís
Coordenadas48°50′46.5″N 2°20′46″L / 48.846250, -2.34611
Estiloneoclasicismo
Tipomausoleo
Construción
Inicio1758
Data da construción26 anos
Remate1790
Dimensións
Altura83
Lonxitude110
Equipo
Arquitecto(s)Jacques-Germain Soufflot
Jean-Baptiste Rondelet
París en Francia
París
París

A súa construción comezou en 1764 con Soufflot e durou 26 anos (foi rematada por Jean Baptiste Rondelet). É un dos primeiros monumentos neoclásicos de Francia. Inicialmente estaba previsto que fose unha igrexa adicada á patroa da cidade, Santa Xenoveva. Con todo a Revolución Francesa fixo que servise de templo para albergar os corpos dos homes ilustres da patria (no frontispicio está gravado «Aux grands hommes la patrie reconnaissante» («Aos grandes homes, a patria agradecida»).

Cando trala caída de Napoleón restaurouse o Antigo Réxime, recuperou o seu uso como igrexa, que persistiría durante a época do Segundo Imperio. Coa chegada da Terceira República Francesa foille devolto o seu uso laico con motivo do funeral de Victor Hugo.

O pórtico de columnas sobre o que descansa un frontón clásico está inspirado no Panteón de Agripa, en Roma, mentres que a cúpula inspírase na da catedral de San Paulo en Londres, sendo ámbalas dúas herdanza do Tempietto de San Pedro in Montorio de Bramante en Roma.

En 1851 Léon Foucault instalou o seu famoso péndulo coñecido como Péndulo de Foucault; fíxoo aquí debido a que a grande altura do inmoble facilitaba o experimento. Mediante este experimento conseguiuse demostrar a rotación da Terra e a existencia da forza de Coriolis. Dende 1995 este péndulo regresou ao Panteón.

Entre os soterrados no Panteón atópanse Voltaire, Rousseau, Marat, Victor Hugo, Émile Zola, Jean Moulin, Marie Curie, Louis Braille, Jean Monnet e Soufflot, o seu arquitecto.

O 30 de novembro de 2002 aloxouse no Panteón o cadaleito de Alexandre Dumas, o autor de Os Tres Mosqueteiros. O mesmo atopábase cuberto por un manto de veludo azul co lema dos mosqueteiros: «Un pour tous, tous pour un» («Un para todos, todos para un»). Os restos de Dumas descansaran ata ese momento no cemiterio de Villers-Cotterêts, en Aisne, Francia. No seu discurso, o Presidente Jacques Chirac dixo que con esta acción quedaba corrixida a inxustiza cometida co honor dun dos grandes escritores franceses.

Panteón De París
Vista panorámica interior

Véxase tamén

Ligazóns externas

Historia e Información do Panteon de París

Tags:

Lingua francesaParísSorbona

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Máis alá!A fiestra valdeiraDólar da Liberdade sentadaAmes NovoFachada do ObradoiroJosé María KaydedaHells AngelsDavid HarperNairaHard GZDigital object identifier2021MelgaçoLingua francesaMinia ManteigaQueixoWayback MachineCobreMalores VillanuevaDólar EisenhowerOríxenesGFranciaLeonarda de TalloEvencio FerreroLoxosceles reclusaArroazEscola Universitaria Politécnica de FerrolCartas dos indios CamarõesRosalía (cantante)Extremo, Arcos de ValdevezEscociaPepe Domingo CastañoConverxencia Nacionalista GalegaDereitos humanosOrquídeaCondónCristiano RonaldoGolfo de CádizMoldaviaRafael DiesteConcello de CanedoModo gramaticalEduardo Sanches MaragotoEtiopíaEva MejutoJuan José BallestaXogo de apostaFerroRMS TitanicBaionaRamón Pardo AriasBubelaAs crónicas do sochantreQuintaSisteloCouto MixtoLingua árabePratos combinadosNatalia Puente PradoLuísa VillaltaMAX AsiaJosé Juan FigueirasFerrolTeixugo1914O incerto señor Don HamletREC (filme)Sistema de escritaXordaniaQuenllaBuscás, OrdesMono (animal)Dinamarca🡆 More