Catedral De San Paulo De Londres: Catedral en Londres

A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres.

Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.

Catedral de San Paulo de Londres
Catedral De San Paulo De Londres: Historia, A planta da catedral, Descrición da nave
Catedral de San Paulo de Londres
Datos xerais
PaísReino Unido Reino Unido
TipoCatedral
AdvocaciónSan Paulo
Coordenadas51°30′50″N 0°05′54″O / 51.513777777778, -0.0983055555555560°05′54″O / 51.513777777778, -0.098305555555556
Culto
CultoIgrexa de Inglaterra
Diocesediocese anglicana de Londres
Arquitectura
Construción1675-1720
Estilogótico
Medidas150 x 36 m
Páxina webwww.stpauls.co.uk
editar datos en Wikidata ]

A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.

Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra e foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileu das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.

Historia

Catedral De San Paulo De Londres: Historia, A planta da catedral, Descrición da nave 
Fachada principal.

No local que hoxe ocupa construíuse a primeira igrexa de Inglaterra, en madeira, contra o ano 604 grazas a Melito de Canterbury, un seguidor de santo Agostiño, cuxa misión era converter os anglosaxóns. Esta construción orixinal foi renovada nos anos 675, 962 e 1087.

Tralo establecemento da acta de Supremacía (1534), a catedral caeu no esquecemento até que Inigo Jones comezou a súa restauración en 1633, engadindo o pórtico neoclasicista.Porén, a antiga catedral de San Paulo queimouse no Grande incendio de Londres e tivo que ser reconstruída. A cargo desta tarefa estivo Wren, que a reconsiderou en estilo barroco.

James Thornhill pintou imaxes da vida de san Paulo na cúpula, Grinling Gibbons tallou a madeira do coro e do grandioso órgano, Jean Tijoy realizou os enreixados do coro e xeracións posteriores continuaron co enfeite do templo. O mosaico do coro é de inspiración bizantina e representa a creación do mundo segundo o Xénese. Foron engadidos a finais do século XIX e comezos do XX por Stevens, Watts, Britten e mais Richmond, xunto coa Luz do mundo de William Holman Hunt. A obra Nai e fillo, de Henry Moore, situouse na nave noroeste, e a arte contemporánea continúa enriquecendo este templo.

A catedral de San Paulo sobreviviu aos bombardeos aéreos a Londres durante a segunda guerra mundial. Unha das imaxes máis coñecidas de Londres durante a guerra era unha fotografía de San Paulo o 29 de decembro de 1940, durante o "segundo Grande incendio de Londres", obra do fotógrafo Herbert Mason dende o faiado da Daily Mail no Tudor Street, amosando a catedral envolta en fume. Lisa Jardine do Queen Mary College de Londres, escribiu:

"Envolta en nubes de fume, en medio do caos e a destrución da guerra, a pálida cúpula mantense orgullosa e gloriosa, indomábel. Ao tempo dese ataque aéreo, Sir Winston Churchill telefonou á Guildhall para insistir en que todos os recursos de loita contra incendios se dirixirían a San Paulo. Cómpre salvar a catedral, dixo, o dano ao tecido minaría a moral do país".

Nela teñen lugar os eventos de importancia nacional, como a cerimonia dos casamentos reais (como a do príncipe Carlos coa princesa Diana), os funerais dos heroes nacionais como Winston Churchill e Lord Nelson - soterrado na cripta, que se pode visitar - e moitas conmemoracións, como por exemplo as dos atentados terroristas do 2001 (nos Estados Unidos de América) e do 2005 (en Londres). O 17 de abril 2013, a catedral foi o escenario principal do funeral de Margaret Thatcher.

A planta da catedral

Catedral De San Paulo De Londres: Historia, A planta da catedral, Descrición da nave 
Interior da catedral de San Paulo.

A nave principal esténdese dende a porta oeste ata a cúpula e é aí onde os fregueses sentan durante os servizos relixiosos principais, mentres o clero e o coro se dirixen cara ao altar. Hai tres capelas laterais dedicadas a Todos os santos, san Dunstán, e san Miguel Arcanxo e san Xurxo. Nesta parte pode verse o monumento a Wellington e, onde a nave se une coa cúpula, catro lenzos novos de Sergei Chepik nos que se describe a encarnación, o ministerio, a crucifixión e a resurrección de Cristo.

O altar atópase baixo a grandiosa cúpula, concibida coma un inmenso observatorio que liga o ceo e maila terra. Os cadros de Cornhill relatan a vida de san Paulo, as estatuas mostran a representantes de igrexas orientais e occidentais. Nos mosaicos pódense ver os catro evanxelistas e aos profetas do antigo testamento, e na capela de Middlesex áchase a xa citada obra de Holman Hunt, A luz do mundo.

O coro é o lugar onde clero e coro realizan as súas ofrendas e oracións ao Señor cando o servizo non se celebra baixo a cúpula. Nel encóntrase o asento do bispo ou cátedra. O coro conduce ao altar principal e á súa beira áchase a American Memorial Chapel. Os mosaicos representan a creación e outras escenas bíblicas.

Dentro da cúpula, tras subir 259 banzos, está a galería dos murmurios, onde se pode escoitar un murmurio a 32 m de distancia. Sobre esta galería, xa na parte externa da cúpula, atópase a galería de pedra, á que se accede tras subir 378 banzos e, máis arriba, a galería dourada tras outros 530 banzos. Dende ambas pode ollarse unha fermosa panorámica da cidade de Londres.

Descrición da nave

A catedral de San Paulo é unha mestura de arquitectura clásica e barroca. Posúe unha enorme nave de 150 metros de longo e 36 metros de largo. O altar maior está coroado por un impresionante dosel ornamentado e dourado que se inspira no que hai na basílica do Vaticano. O cruceiro, moi destacado, acada 76 metros de lado a lado. Ao norte do edificio áchase St. Paul's Churchyard,

A cripta

A cripta é a cámara funeraria da catedral e aí atópanse as tumbas de numerosos personaxes importantes, como Nelson, Wellington, e Alexander Fleming. No centro e centro da cripta atópase a capela da Santa Fe, ou capela OBE, xa que está dedicada á orde do Imperio británico (Order of the Bristish Empire).


Catedral De San Paulo De Londres: Historia, A planta da catedral, Descrición da nave 

Vista panorámica de Londres dende a catedral de San Paulo


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Catedral De San Paulo De Londres HistoriaCatedral De San Paulo De Londres A planta da catedralCatedral De San Paulo De Londres Descrición da naveCatedral De San Paulo De Londres A criptaCatedral De San Paulo De Londres NotasCatedral De San Paulo De Londres Véxase taménCatedral De San Paulo De Londres166616761710AnglicanaCatedralChristopher WrenGrande incendio de LondresIdade MediaIgrexa de InglaterraInglaterraLingua inglesaLondres

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jordi PujolReino de GaliciaEleccións municipais en SadaCanle (enxeñaría)Frida KahloÁngeles VázquezA2003TribadismoPosición do misioneiroEmilio González AfonsoAsteraceaePanxermanismoOs pronomes persoais galegosIndonesiaFrancisco PazosFillas de CassandraRosario DúrcalInstagramJorge LorenzoNational Portrait GalleryThe ArtistVicepresidencia do Goberno de EspañaGran Guerra IrmandiñaAdolfo SuárezEstadio de TammelaBreogánLareiraLingua inglesaLuís CíliaLisboaSecretaría Xeral de Política LingüísticaPaparazziÁlvaro CunqueiroAna Luísa BouzaLista de nomes masculinos en galegoBerrogüettoCambadosRebel MoonRembrandtXosé Neira VilasTito VilanovaGoretti SanmartínFrancisco Varela OuroShōgunAs Pontes de García RodríguezHorteláPampallínEscudo de GaliciaIrene JunqueraÁcido dipicolínicoFesta dos maiosCanle (comunicación)Lista das aves de GaliciaIKEAVoleibolCoco (bacteria)María Jesús MonteroLeninismoBrasilMommy Dead and DearestLista de xentilicios de concellos galegosGame Boy Advance SPO PorriñoVox populiIsabel Díaz AyusoGheadaMaría PitaBenito KamelasNightmare Alley (filme de 2021)🡆 More