Arquitectura Frontón: Elemento arquitectónico no que remata unha fachada ou unha porta

En arquitectura, o frontón é unha superficie triangular formada polos beirís inclinados e a liña horizontal da cornixa nos edificios clásicos.

O punto de unión das liñas inclinadas denomínase ápice. Non sempre son estruturais, pois con frecuencia poden ser elementos decorativos, mesmo a grande escala. A pequena escala coroan vans e ocos.

Arquitectura Frontón: Elemento arquitectónico no que remata unha fachada ou unha porta
Frontón neoclásico da Concatedral de Vigo.
Arquitectura Frontón: Elemento arquitectónico no que remata unha fachada ou unha porta
Academia National de Grecia, Atenas, con frontón historiado.

No desenvolvemento da arquitectura, os frontóns sufriron variedades respecto do frontón clásico. Apareceron así o frontón curvo, no que as liñas rectas formadas polos beirís son substituídas por unha semicircunferencia; ou o frontón roto ou partido, caracterizado pola interrupción das liñas inclinadas.

A superficie interna, delimitada polos elementos constituíntes, pode converterse nunha superficie decorada (escultura, pintura etc.) denominada tamén frontón ou tímpano, podendo entón falarse dun frontón historiado.

Na arquitectura popular galega, o remate triangular na parte superior da fachada, delimitado polos beirís inclinados, denomínase pinche, pinchón ou outón.

Trazado teórico

O trazado teórico do frontón clásico remite a unha relación ideal de proporcionalidade entre a súa altura e o ancho maior. Esa relación é 5/24 (máis ou menos 1/5). O frontón denomínase «rebaixado» cando esa relación é inferior ou igual a 4/24 (1/6); e denomínase «realzado» cando tal relación é superior ou igual a 6/24 (1/4).

Galería de imaxes

Véxase tamén

Tags:

ArquitecturaBeirilCornixa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ataque EscampeBatalla de CacheirasFrancisco Fernández del RiegoXaime Isla CoutoPiardaEspañaOLondresJohn HughesLingua inglesaPíntega comúnPortadaMoinanteTu quoqueMonte Porreiro, Mourente, PontevedraXunta de GaliciaFran TorresBakúDaniel Carballo CodesidoTorrent, ValenciaCangasMasculino e feminino en galegoSuso VaamondeTraxe galegoO Carregal, Valadares, VigoManuel CorzoLista das aves de GaliciaNigránEsparragueiraCarmen ReyPansexualidadeDornelas, MosCuruxa comúnBubelaAmanda Lear64Pedro NimoNoruegaXabier DeiveOhioEleccións municipais en CamariñasÁlvaro MuñizBipartito galegoREC (filme)Lev TolstoiFolgoso, Castro CaldelasAs aves na cultura popular galegaZRibeiraJulián Iglesias del RíoMarisol MorandeiraA BañaOrixe das avesCalendario gregorianoJanica KostelićGrupo RompenteEvaristo CalvoFoliadaCira, SilledaXosé MonteagudoCastro de PrismosCandorca19Karim BenzemaXián (nome)MadridLipoproteína de BraunSegunda guerra mundialLady GagaCervo comúnManuel DopazoCouto MixtoReino de GaliciaEvelina HervellaCágadoLinuxYouTubeLuís Álvarez PousaMichelle Pfeiffer🡆 More