O Sol Do Verán: Obra literaria de Carlos Casares

O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002, algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.

O sol do verán
O Sol Do Verán: Descrición, Edicións, Notas
Título orixinalO sol do verán
Autor/aCarlos Casares (1941-2002)
Ilustrador/anon ten ilustracións
CubertaEgon Schiele
OrixeGalicia
LinguaGalego
Colección«Literaria»   e
«Biblioteca Carlos Casares»
Tema(s)suicidio, lembranzas
Xénero(s)novela
EditorialGalaxia
Data de pub.19 de abril de 2002
Páxinas244-248 segundo edicións
ISBNISBN 84-8288-514-6
Precedido porA vida do padre Sarmiento
Seguido por(é o derradeiro editado en vida)
editar datos en Wikidata ]

Descrición

No relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)

Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.

Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)

A verdade de ser e de sentir
         Albert Camus   (cita inicial).

Edicións

Casares entregoulle a Damián Villalaín, subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento. O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.

En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial Alfaguara e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

O Sol Do Verán DescriciónO Sol Do Verán EdiciónsO Sol Do Verán NotasO Sol Do Verán Véxase taménO Sol Do Verán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContactorManuscrito VoynichGareth BaleAdam SmithElvis PresleyLola ÍndigoClub Baloncesto BreogánTamara AndrésHéctor CajaravilleBrad PittCrime de honraAnxo AngueiraParroquias de GaliciaGalipediaVerbos galegos ser, estar e irCaso Asunta BasterraPilar García NegroLucía VeigaRamón CamposJosé López CamposEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Xabi AlonsoDía da NaiSobreiraPonteareasÁlvaro CunqueiroPorto da LúaCarles PuigdemontBubalinosDeportivo da CoruñaXosé Luís Méndez FerrínXavier DolanCantares gallegosLuísa VillaltaMoinantePico SacroLista de programas de Televisión EspañolaRampage (filme de 2018)Eva MejutoClaudio GiráldezLucian FreudFernanda TabarésRaquel Sánchez-SilvaJuan Díaz PorlierDe catro a catroRoy LichtensteinFranciaKetuanan MelayuShaquille O'Neal8 de maioPíntega comúnRío TambreKuala LumpurTauromaquiaMeisTeixugoRaúl López LópezIraqIrmandiñosTeresa RabalAlfabeto galegoUnidade de procesamento gráficoTanatoseTraxe galegoTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaTaylor SwiftCarlos SedesLeninismoXabier DeiveSantiago AbascalXosé Ramón Fernández AntonioRocketman (filme)Pandemia de COVID-19Música tradicional galega🡆 More