Nikolai Gennadievich Basov (en ruso: Николай Геннадиевич Басов), nado o 14 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 2001, foi un físico ruso.
Premio Nobel de Física de 1964.
Naceu en Usman, no óblast de Lipetsk, estudou en Voronesh e en 1941 ingresou na Academia Médica Militar de Kuibyshev, en 1943 deixou a Academia para marchar á fronte.
Logo de graduarse en 1950 foi profesor no Instituto de Enxeñaría Física de Moscova e traballou no Instituto de Física Lebedev, do que foi director entre 1973 e 1988. Entrou na Academia de Ciencias da URSS en 1963, foi membro do seu presidium entre 1967 e 1990.
Recibiu o Premio Nobel polos seus traballos fundamentais no campo da electrónica cuántica que conduciu á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e dos láser.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Nikolai Basov, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.