Niké: Deusa grecorromana

Niké, Nice ou Nike, (en grego antigo Νίκη, vitoria), segundo a mitoloxía grega, era a divindade da vitoria e o seu equivalente romano era a Vitoria.

Aparecía con corpo dunha doncela alada voando a gran velocidade que levaba unha palma e coroa de loureiro e representaba a vitoria no combate e nas competicións atléticas.

Niké: Referencias antigas, Referencias contemporáneas, Galería
Debuxo de Nike.

Referencias antigas

Hesíodo, convértea en filla do titán Palas e de Estixia sendo, polo tanto, irmá de Bía (a Violencia), Zelo (o Fervor) e Cratos (a Forza). Segundo a mitoloxía posterior, Estixia levounos a carón de Zeus cando este buscaba aliados entre os deidades olímpicas para a loita contra os Titáns, deidades máis antigas. Níke asumiu o papel de auriga divina, un papel no que tamén aparece na arte grega clásica, e voou polos campos de batalla recompensando aos vencedores con gloria e fama, simbolizada pola coroa de follas de loureiro. En sinal de gratitude, Zeus adoptou a Nike.

Os romanos coñecíana polo nome de Vitoria e, segundo a súa mitoloxía, foi educada por Palas, o heroe epónimo do Palatino, que lle construíu un templo no cume da cuíña palatina.

Nike aparece alada na maioría das estatuas e pinturas, sendo a Nike alada de Samotracia (exposta no Museo do Louvre) unha das máis coñecidas. Nike é a deusa da forza, a velocidade e a vitoria. Aínda que orixinalmente era consideraba unha deusa independente, trala batalla de Salamina (480 a. C.), quedou asociada a Atenea e mesmo, Nike, foi un alcume da deusa co significado de «vitoriosa», e pasou a ser representada como unha pequena escultura feminina sobre a palma da man da deusa na estatua de Atenea situada no Partenón.

Níke tamén é unha das imaxes máis presentes nas moedas gregas.

Hai múltiples nomes en moitas linguas que proveñen de Nike, como por exemplo: Nikolaos, Nicholas, Nicola, Nick, Nicolai, Niccolò, Nikolai, Nicolae, Nils, Klaas, Nicole, Ike, Niki, Nikita, Nikitas, Nika, Nieke, Naike, Niketas, Nikki, Nico, e Verónica .

Referencias contemporáneas

  • A empresa de equipamiento deportivo Nike, Inc. leva o nome da deusa.
  • Un sistema de mísiles antiaéreos estadounidense, lleva o nome de Proxecto Nike.
  • Unha figura de da deusa cun buque foi o deseño do primeiro trofeo da Copa Mundial da FIFA, taén coñecido como o trofeo de Jules Rimet.
  • A imaxe da deusa forma parte do emblema da Universidade de Melbourne.
  • O Spirit of Ecstasy, o adorno de campana empregado polo fabricante de automóbiles Rolls-Royce, está inspirado na imaxe da deusa.
  • O logo da compañía de motocicletas Honda está inspirado na deusa.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Grimal, Pierre (2008). Diccionari de mitologia grega i romana (en catalán). Barcelona: Edicións de 1984. ISBN 9788496061972. 
  • Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1. 
  • VV.AA. (2003). Diccionario de Arte II (J-Z). Biblioteca de Consulta Larousse. Barcelona: Spes Editorial (RBA). ISBN 84-8332-391-5. 

Tags:

Niké Referencias antigasNiké Referencias contemporáneasNiké GaleríaNiké NotasNiké Véxase taménNikéCoroa (ornamento)Lingua grega antigaLoureiroMitoloxía grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Campo da RataRauw AlejandroVerbos galegos ser, estar e irLingua árabeAliados da segunda guerra mundialSistema urinarioCoalaRosalía de CastroDiálogoMartiño de Dumio8ManchesterRoko (actriz)Malores VillanuevaAmanitaAWStatsCaixa de HockettLuis VilariñoLista de pseudónimos e sobrenomes galegosLuís SeoaneMatria (filme)Áreas lingüísticas do galegoFuxan os VentosAntonio ReigosaSantiago AmorQuecemento globalHomosexualidadeAdolfo GacioRamón López RodríguezMarta DacostaPedro Froilaz de TrabaInstituto de Montes do PennValderreiMario ObreroRomaChimpínLista de xentilicios de concellos galegosEstados Unidos de AméricaAlberto Luis DíazQuintaHistoria do CairoA Pobra do CaramiñalJosé Miñones (homónimos)Goretti SanmartínMAX AsiaAntía OteroIntegralÓscar García PatiñoXulio CésarBlas García PiñeiroConsellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaAníbal MalvarLeymaVulvaGalego-portuguésMelgaçoRLimoeiroNavarraXogos populares39Retour à SéoulUnión EuropeaLucía Rodríguez VázquezO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoMuimenta, Carballeda de AviaRamón Pardo AriasThe Smiths1979Pablo DíazRaposo comúnAciñeiraRebentabois🡆 More