Lingua Croata: Lingua eslava balcánica

O croata é unha lingua eslava meridional falada principalmente por croatas en Croacia e rexións próximas.

É oficial nos países de Croacia e Bosnia e Hercegovina. É moi próximo ao serbio e os falantes dos dous idiomas enténdense e conséguense comunicar perfectamente.

Croata
'hrvatski'
Pronuncia:['xr̩ʋaːtskiː]
Falado en: Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro
Rexións: Balcáns
Total de falantes: 6 214 000 (1995)
Posición: Fóra das 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Eslava meridional
   Croata
Escrita: alfabeto latino con dous diacríticos.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Croacia, Bosnia e Hercegovina e Burgenland (Austria)
Códigos de lingua
ISO 639-1: hr
ISO 639-2: scr (B)hrv (T)
ISO 639-3: hrv
SIL: HRV
Mapa
Lingua Croata: Escrita e pronuncia, Gramática, Algunhas frases
Status
Lingua Croata: Escrita e pronuncia, Gramática, Algunhas frases
O croata está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Escrita e pronuncia

O idioma croata escríbese co alfabeto latino, ao contrario do serbio que é escrito en alfabeto cirílico. Utilízanse dous sinais diacríticos: o acento agudo, sempre sobre a letra "c", que indica palatalización fraca, e a braquia (circunflexo invertido), sobre as sibilantes "s", "c" e "z", que indican palatalización forte. Para as demais letras, a palatalización indícase por medio da letra "j", nos dígrafos "nj" e "lj".

É importante resaltar que, diferentemente das linguas latinas en que en que os sinais diacríticos se consideran xeralmente meros modificadores de letras existentes, no caso do croata representan letras diferentes e, como tales, fan parte do alfabeto.

A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ
Dž dž E e F f G g H h I i J j
K k L l Lj lj M m N n Nj nj O o
P p R r S s Š š T t U u V v
Z z Ž ž (i+e=ie) (r+r=ŕ)

Preséntase a seguir unha táboa co alfabeto croata e as súas respectivas pronuncias:

Alfabeto croata (Abeceda hrvatskog jezika) - Escrita e pronuncia
A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ Dž dž E e F f
"a" "b" "ts" "ch" (forte) "ch" (fraco) "d" "dx" (fraco) "dx" (forte) "e" "f"
G g H h I i J j K k L l Lj lj M m N n Nj nj
"g" "rr" "i" "i" semivogal "c" "l" "ll" "m" "n" "ñ"
O o P p R r S s Š š T t U u V v Z z Ž ž
"o" "p" "r" tremido "s" "x galego" "t" "u" "v" "z" "j"

Gramática

Así como as demais linguas eslavas, o croata é un idioma declinativo, isto é, a función sintáctica das palabras é expresada por medio das desinencias das palabras. Son sete casos en total: nominativo (suxeito), xenitivo, dativo (obxecto indirecto), vocativo, instrumental (instrumento), acusativo (obxecto directo) e locativo.

Algunhas frases

Lingua Croata: Escrita e pronuncia, Gramática, Algunhas frases 
  • Dobro jutro! - Bo día!
  • Dobar dan! - Boa tarde!
  • Dobra večer! - Boa noite!
  • Ne govorim hrvatski! - Eu non falo croata!
  • Koliko to košta? - Canto custa iso?
  • Zbogom! - Adeus!
  • Bog! - Abur!
  • Do viđenja! - Ata a vista!
  • Hvala lijepo! - Grazas!
  • Nema na čemu! - De nada!
  • Oprosti! - Desculpe!

Numerais:

  • 1 - jedan
  • 2 - dva
  • 3 - tri
  • 4 - četiri
  • 5 - pet
  • 6 - šest
  • 7 - sedam
  • 8 - osam
  • 9 - devet
  • 10 - deset

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Lingua Croata: Escrita e pronuncia, Gramática, Algunhas frases 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Lingua Croata Escrita e pronunciaLingua Croata GramáticaLingua Croata Algunhas frasesLingua Croata NotasLingua Croata Véxase taménLingua CroataBosnia e HercegovinaCroaciaLingua serbiaLinguas eslavas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Foca monxeArmando BlancoRafael NadalSete Sabios de GreciaEditorial GalaxiaÑArceEscáncerChatGPTManuel Curros EnríquezCarballoCarlos CasaresPortugalAsteraceaeScarlett JohanssonLingua casteláRibeiraMomia de ManchesterÁlvaro MorataJude BellinghamPastora Dominga González ViéitezNacho VegasLuis Carrero BlancoLista de programas de Televisión EspañolaXinzo de LimiaSelección de fútbol de GaliciaLuísa VillaltaRataDiego AnidoXeración dos 80XestaLista de palabras galegas de orixe celtaBandeira de GaliciaVilalba, Vilalba, VilalbaEuropaComarca de SarriaOs demostrativos galegosFentoLucie IdloutSegunda guerra mundialGalipediaXiros idiomáticos galegosVómito (grupo musical)José López CamposManuel RivasSalgueiro MaiaPotaLista de xentilicios de concellos galegosLalínBilbaoRamón Otero PedrayoDe NinghuresRicardo BeirasVincent van GoghPaparazziSanguePontellaLugoBenito MussoliniJesús Vázquez AlmuíñaCromosoma homólogoWikiO Pedrouzo, Arca, O Pino22 de xulloDonald TrumpTAvenida da Liberdade (Lisboa)Vilagarcía de ArousaAC-312John Forbes NashPablo EscobarWayback MachineGarbiñe MuguruzaInfinitivo conxugado🡆 More