Liberdade De Panorama

A liberdade de panorama é unha disposición nas leis de propiedade intelectual de diversos Estados que permite tomar fotos ou crear outras imaxes (por exemplo, pinturas) de edificios e esculturas que están permanentemente situadas en sitios públicos sen infrinxir a lei de dereitos de autor desas obras e publicación das imaxes.

A liberdade de panorama limita o dereito dos propietarios das obras a tomar accións legais por violación de dereitos contra o fotógrafo ou calquera persoa que distribúa a imaxe resultante. É unha excepción á regra xeral pola que o propietario ten o dereito exclusivo para autorizar a creación e distribución de traballos derivados.

Liberdade De Panorama
Foto da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, sen dereitos de autor do arquitecto Peter Eisenman grazas á liberdade de panorama.

O nome deste concepto é unha tradución de Panoramafreiheit, termo utilizado en Alemaña para esta excepción na súa lexislación.

Leis ao redor do mundo

Moitos países teñen disposicións similares que restrinxen o alcance da lei de dereitos de autor para permitir a toma de imaxes en sitios públicos. Outros países difiren amplamente sobre a interpretación do principio.

Europa

Liberdade De Panorama 
Mapa do estado da liberdade de panorama nos países europeos:      Existe liberdade de panorama, mesmo no interior de lugares públicos.      Existe liberdade de panorama.      Existe liberdade de panorama pero só para edificios.      Non existe liberdade de panorama.      Descoñecido.

Na Unión Europea, a directriz 2001/29/EC dá a posibilidade aos seus membros de incluír unha cláusula similar ás súas leis de dereitos de autor, pero non require dunha regulamentación. Panoramafreiheit está definido no artigo 59 do Urheberrechtsgesetz Alemán, no artigo 27 do Urheberrechtsgesetz Suízo, na sección 62 dos Dereitos de Autor, Deseños e Patentes do Reino Unido de 1988, e existe en moitos outros países. Tamén existen países Europeos (como Italia) onde non existe a liberdade de panorama do todo. En Italia, a pesar de moitas protestas oficiais e unha iniciativa nacional levada polo avogado Guido Scorza e o xornalista Luca Spinelli (quen deu a coñecer esta carencia), a publicación de reproducións fotográficas de sitios públicos aínda está prohibido, de acordo ás antigas leis italianas de dereitos de autor. Algúns países, como Francia ou Bélxica, non teñen este permiso global para crear imaxes en sitios públicos e permiten imaxes con dereitos de autor só baixo cláusulas de inclusión fortuíta.

Estados Unidos

Nos Estados Unidos, non existe unha regra tan extensa; o único artigo parecido é a 17 USC 120(a), que exonera a creación de representacións pictóricas de edificios dos dereitos de autor do arquitecto.

México

Segundo a Lei Federal de Dereitos de Autor, no Título VI do capítulo II; De la limitación a los derechos patrimoniales, o Artigo 148 cita: «as obras literarias e artísticas xa divulgadas poderán utilizarse, sempre que non se afecte a explotación normal da obra, sen autorización do titular do dereito patrimonial e sen remuneración, citando invariablemente a fonte e sen alterar a obra, só nos seguintes casos [...] VII. Reprodución, comunicación, e distribución por medio de debuxos, pinturas, fotografías, e procedementos audiovisuais das obras que sexan visibles desde lugares públicos».

Traballos bidimensionais

A extensión exacta deste permiso para crear imaxes en sitios públicos sen ter que preocuparse por dereitos de autor das imaxes difire entre países. Na maioría dos países, só se aplica a imaxes de traballos tridimensionais] que se atopan permanentemente nun sitio público, "permanente" significa típicamente "polo tempo de vida natural da obra". En Suíza, tanto tomar como publicar imaxes de dúas dimensións como murais ou grafitis está permitido, sempre que esas imaxes non sexan utilizadas co mesmo propósito dos orixinais.

Espazos públicos

Liberdade De Panorama 
Escultura de Ramón Conde, en Santiago de Compostela, sen dereitos de autor do escultor grazas á liberdade de panorama.

Moitas leis teñen diferenzas moi sutís en canto a sitios públicos e privados. Mentres que en Alemaña o permiso aplica só se ambos, o traballo descrito e o fotógrafo, se atopaban nun sitio público cando a imaxe foi tomada, en Austria, a localización do fotógrafo é irrelevante. En moitos países de Europa Oriental, as leis de dereitos de autor limitan este permiso de uso de imaxe só para uso non comercial. Tamén, existen diferenzas internacionais na definición dun "sitio público". Na maioría dos países, isto inclúe só espazos exteriores (por exemplo, en Alemaña) mentres que algúns outros países tamén inclúen museos públicos (este é o caso do Reino Unido e en Rusia).

A tensión aumenta en países onde a liberdade de imaxes en sitios públicos entra en conflito con lexislacións de anti-terrorismo máis recentes. No Reino Unido, os poderes outorgados á policía baixo a sección 44 da Lei 2000 contra o terrorismo foron utilizados en numerosas ocasións para deter a fotógrafos, tanto profesionais como non profesionais, de tomar fotos en sitios públicos. Baixo esas circunstancias, á policía esíxeselle probar que existe "sospeita razoable" de que a persoa é un terrorista. Mentres que a Lei non prohibe a fotografía, critícase a suposta mala utilización dos poderes para impedir fotografías públicas legais. Casos notables incluíron a investigación dun neno de escola, un membro do Parlamento e un fotógrafo da BBC.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Liberdade De Panorama Leis ao redor do mundoLiberdade De Panorama EuropaLiberdade De Panorama Estados UnidosLiberdade De Panorama MéxicoLiberdade De Panorama Traballos bidimensionaisLiberdade De Panorama Espazos públicosLiberdade De Panorama Leis antiterrorLiberdade De Panorama NotasLiberdade De Panorama Véxase taménLiberdade De PanoramaPropiedade intelectual

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón CabanillasRamiro CarregalFermin MuguruzaSonia MéndezAltriManuel RivasXabier DeiveMar MediterráneoNoiaPello OtxandianoRaquel Castro MartínezCarlos de Matos GomesInstagramMiguel SolísXiros idiomáticos galegosMarta Fernández-TapiasPontellaMario CaneiroSanta CompañaJohannes VermeerAlberte PagánParafusoAlbert EinsteinParroquias de GaliciaGabriel RufiánGalego-portuguésScarlett JohanssonContactorDeserto do SáharaVladimir PutinVerbos galegos ser, estar e irInglaterraIsabel Díaz AyusoMarçal MolinéJuan CorralProvincia da CoruñaJosé SaramagoJorge PeteiroTotó GarcíaRosario Porto OrtegaAmieiroRevolución galega de 1846Ana Belén FortesMaría Antonieta de AustriaRaffaella CarràMommy Dead and DearestLorenzo VarelaAC-456Templo expiatorio da Sagrada FamiliaHomosexualidadeLalínLista de estacións de tren de GaliciaJesús Vázquez AlmuíñaPunta UmbríaFran AlonsoFigueresPaís VascoSuízaNava CastroSegunda guerra mundialLugoJosé Luis Rodríguez ZapateroLingua casteláO porco de péBatalla das Termópilas (-480)25 de abrilFlora invasora de GaliciaJuana AcostaMeteoGaliciaFrancisco Porto MellaLiteratura galegaCandela PeñaManuel Curros EnríquezCarbohidrato🡆 More