Ken Loach: Director cinematográfico inglés

Kenneth Loach, máis coñecido como Ken Loach, nado en Nuneaton, Warwickshire, o 17 de xuño de 1936, é un director cinematográfico inglés, coñecido polo seu estilo de realismo social e temática socialista vencellados á súa militancia trotskista.

Infotaula de personaKen Loach
Ken Loach: Biografía, Herdeiro do british social realism (realismo social británico), Filmografía
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Kenneth Charles Loach Editar o valor em Wikidata
17 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Nuneaton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Peter's College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director de televisión , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorBritish Broadcasting Corporation Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Laborista (1962–2021) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJim Loach Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0516360 Allocine: 6440 Allmovie: p99998 TCM: 115240 TV.com: people/ken-loach
Twitter: KenLoachSixteen Musicbrainz: 664d4b88-ab5b-4ea8-986b-3f83c17e1649 Editar o valor em Wikidata

Biografía

Con 25 anos, mentres estudaba Dereito en Oxford, no St Peter's College, entrou en contacto por vez primeira coas artes escénicas, actuando no grupo de teatro da universidade. Logo de graduarse, traballou como asistente de dirección no Northampton Repertory Theatre. Pero estaba máis interesado no mundo audiovisual que no das táboas, polo que logo de obter en 1963 unha bolsa na canle de televisión BBC, iniciouse na dirección.

O ambiente respirado naqueles anos favorecía a realización de programas que criticaban as inxustizas sociais, onde Loach atopou a visión e a voz que caracterizaría o seu cinema. A partir de 1964 comezou a dirixir unha serie de documentais, sendo o máis famoso deles Cathy Come Home (1966). Relativo á pobreza, acadou un notable éxito.

Desde entón e ata comezos dos 80, dividiu o seu tempo entre o cine e a televisión. Filmou catro longametraxes, numerosos documentais e películas para TV como The Big Flame (1969, sobre os traballadores portuarios de Liverpool) e a serie Days of Hope (1975, sobre os feitos que levaron á folga de 1926, e a derrota do Movemento Laborista Británico).

Con Margaret Thatcher no poder, creceu o paro e os recortes de orzamento cultural. A "Dama de Ferro" gañouse moitos inimigos entre os artistas, Loach entre eles. O Channel Four prohibiu os seus documentais A Question of Leadership, cos que combate o Thatcherismo, polo que ó longo de toda esa década só puido filmar dúas películas.

Nos anos 90, cos cambios políticos, a súa carreira revitalizouse. Filmou ata a actualidade 27 películas, obtendo a maioría delas numerosos premios, consolidando a súa carreira internacional, pero manténdose sempre fiel ó estilo que foi unha constante na súa vida: a defensa dos oprimidos. En canto á militancia estritamente política, Ken Loach é na actualidade membro da directiva da coalición de esquerda RESPECT.

Herdeiro do british social realism (realismo social británico)

Loach, en cuxas películas moitos cren ver algo así como un "grao cero da escritura cinematográfica", ten un estilo depurado e sintético. Como herdeiro inequívoco das principais tendencias de cine realista de Europa e en maior medida do cine independente que se caracterizaba polo seu realismo, o seu inconformismo social, a súa crítica á burguesía e á sociedade, e o seu acercamento ós seres anónimos da mesma, ou o seu sentido do humor.

Ken Loach, ó igual que os seus antecesores, denuncia os traumas que ocasiona nos seres humanos a vida nas cidades industriais a pesar dos avances tecnolóxicos, e coas súas historias sacode as conciencias da sociedade contemporánea co fin de mellorar substancialmente as condicións da clase obreira, poñendo como exemplo o que mellor coñece: as inxustizas que sofren as clases menos favorecidas na sociedad británica.

Filmografía

Televisión

  • Z Cars (serie, 1962);
  • Diary of a Young Man (1964);
  • 3 Clear Sundays (1965);
  • Up the Junction (1965);
  • The End of Arthur's Marriage (1965);
  • Coming Out Party (1965);
  • Cathy Come Home (1966, como Kenneth Loach);
  • In Two Minds (1967);
  • The Golden Vision (1968);
  • The Big Flame (1969);
  • The Rank and the File (1971; parte das series Play for Today);
  • After a Lifetime (1971);
  • A Misfortune (1973);
  • Days of Hope (mini-series, 1975);
  • The Price of Coal (1977);
  • Auditions (1980);
  • A Question of Leadership (1981);
  • The Red and the Blue: Impressions of Two Political Conferences - Autumn 1982 (1983);
  • Questions of Leadership (1983);
  • The View From the Woodpile (1989);

Cine

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ken Loach BiografíaKen Loach Herdeiro do british social realism (realismo social británico)Ken Loach FilmografíaKen Loach Véxase taménKen Loach17 de xuño1936InglaterraRealismo socialSocialistaTrotskismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Charlie ChaplinAntía OteroBubelaNava CastroManuel ComesañaSambesugaGalegoA Star Is Born (filme de 2018)TDonicelaHistoria da electricidadeBioluminescenciaCarballo comúnd91jvThe Wedding DateNigránJosé Yáñez GarcíaÁreas sanitarias de GaliciaPenínsula do BarbanzaO Barco de ValdeorrasBatalla de CacheirasPimpín comúnJanja Lula da SilvaLuciano SobralTerra GalegaLuísa VillaltaSilva bravaGatoBisexualidadeJorge BlassCarmen Martín GaiteSubstantivoVictoria PortasDinahostingGalipediaBaiuca (banda)Evan EllingsonJoseba Apaolaza64Festa dos maiosIulia DrúninaPegaDios ke te crewPremios da Cultura GalegaPrefectura de GifuAntón TovarGran Premio de Acerbaixán de 2023Rubén Fernández García2003Calendario hebreoMalores VillanuevaCicerónDeportivo da CoruñaJesús Vázquez AlmuíñaProvincia da CoruñaCopa do SarDominic ThiemPosición do misioneiro invertidaHard GZVirulenciaTribadismoPorqueiraGheadaAlternativa por ArzúaXián (nome)HTTPPartido Galeguista (histórico)SFragas do EumeAlcaldes da CoruñaNordés (vento)Charlie SheenAgolada🡆 More