Karl Friedrich Schinkel

Karl Friedrich Schinkel, nado en Neuruppin o 13 de marzo de 1781 e finado en Berlín o 9 de outubro de 1841, foi un arquitecto e pintor alemán.

Infotaula de personaKarl Friedrich Schinkel
Karl Friedrich Schinkel
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1781 Editar o valor em Wikidata
Neuruppin Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1841 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Berlín (Prusia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDorotheenstädtischer Friedhof (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónBauakademie (en) Traducir (1799–)
Evangelisches Gymnasium zum Grauen Kloster (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , Mestre de obras , artista gráfico , profesor universitario , pintor , urbanista , debuxante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1800 Editar o valor em Wikidata - 1840 Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura neogrega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFriedrich Gilly (pt) Traducir e David Gilly (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosLudwig Persius (pt) Traducir, Ditlev Martens (pt) Traducir e Adolph Lohse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSusanne Schinkel (1809–)
FillosElisabeth von Wolzogen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJohann Christoph Schinkel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2234231 Find a Grave: 6617074 Editar o valor em Wikidata

Schinkel foi o arquitecto máis destacado do neoclasicismo en Alemaña, sendo un dos artífices da cidade de Berlín no seu período prusiano. Como xefe do departamento de obras o estado prusiano e arquitecto da familia real, deseñou a maioría dos edificios importantes da época en Berlín. As súas obras e proxectos exerceron unha notable influencia en numerosos arquitectos do movemento moderno.

Traxectoria

Karl Friedrich Schinkel 
Marie Schinkel, debuxada polo seu pai Friedrich Schinkel.
Karl Friedrich Schinkel 
Monumento a Schinkel

Naceu en 1781 en Neuruppin (Brandeburgo), fillo dun superintendente militar no Margraviato de Brandeburgo falecido en 1784, tras un grande incendio que arrasou a cidade e queimou a casa familiar. A súa nai, decidida a proporcionar unha boa educación aos seus fillos, trasladouse a Berlín en 1794, asistindo nesa cidade ao instituto de ensino medio "Zum Grauen Kloster". Aos dezaseis anos de idade, durante a exposición da Escola de Arquitectura de Berlín en 1797, descubriu un esbozo para un monumento a Frederico o Grande, realizado polo arquitecto Friedrich Gilly, tralo que decidiu converterse en arquitecto. Tras abandonar o instituto, fíxose pupilo do arquitecto David Gilly, pai de Friedrich Gilly, que fundara unha academia privada de arquitectura. Alí trabou amizade coa famlia Gilly.

En 1799 incorporouse á Escola Xeral de Construción, que constituía a Academia de Arquitectura recentemente creada. Un ano despois faleceron a súa nai e Friedrich Gilly e Schinkel decidiu executar os proxectos do seu amigo.

Cando chegou á maioría de idade en 1803 emprendeu unha viaxe por Europa en que percorreu Bohemia, Austria, Italia e Francia. Durante esta viaxe desenvolveu a súa actividade como debuxante e iniciou a súa actividade como pintor. Ao regresar a Berlín, en 1805, comezou a traballar como pintor.

En 1810, durante unha exposición de arte en Berlín viu o cadro "Monxe no mar" de Caspar David Friedrich e pensou que el, como pintor, nunca alcanzaría a realizar unha obra mestra semellante, polo que decidiu regresar á arquitectura. Nese mesmo ano foi nomeado funcionario de construcións e en 1815 membro da Deputación Técnica de Construcións.

Trala derrota de Napoleón Bonaparte, Schinkel foi supervisor do departamento de obras públicas, onde era responsable non só da reforma da cidade de Berlín para convertela na capital de Prusia, senón tamén de supervisar os proxectos nos territorios onde o reino se expandira, Renania e Königsberg.

En 1839, Schinkel sufriu os primeiros síntomas de parálise e ao ano seguinte padeceu un accidente cerebrovascular e tivo unha perda de coñecemento case permanente. Morreu o 9 de outubro de 1841 e os seus restos están sepultados no cemiterio Dorotheenstädtischen Friedhof da capital alemá.

Obra

Pasou por varios estilos e pola etapa romántica. Na súa etapa máis frutífera volveuse cara á arte grega en lugar do estilo imperial romano para afastarse do estilo ao que eran proclives os ocupantes franceses. Foi ademais un notable defensor do estilo neogrego.

Berlín

Só a partir de 1816 Schinkel puido acometer funcións arquitectónicas concretas. Os seus edificios máis famosos localízanse en Berlín e nos seus arredores, como o Neue Wache (1816-1818), o Schauspielhaus (1819-1821), o Gendarmenmarkt, que substituíu un anterior teatro que foi destruído polo lume en 1817, e o Altes Museum na Illa dos Museos (1823-1830), que influíu noutros arquitectos, como Robert Smirke, James Gandon e William Wilkins.

Máis tarde, Schinkel moveuse do clasicismo para asumir o neogótico coa igrexa de Friedrichswerder (1824-1831).

O seu edificio máis innovador foi a Bauakademie (Academia de Arquitectura de Berlín) (1832-1836), que evitou as convencións historicistas e que parece sinalar o camiño a unha liña de arquitectura "moderna" que só chegou a ser prominente en Alemaña a comezos do século XX.

Obra non construída

Schinkel é moito máis coñecido polos seus traballos teóricos e os seus debuxos de arquitectura que pola súa relativamente escasa obra, xa que moi poucos dos seus esbozos chegaron a ser construídos.

Os seus méritos aprécianse nos seus deseños non executados para a transformación da Acrópole de Atenas nun palacio para o novo reino de Grecia ou polo irrealizado palacio de Orianda na península de Crimea. Estes e outros deseños foron recompilados en Sammlung architektonischer Entwürfe ("Colección de proxectos arquitectónicos") (1820-1837), catálogo que contén obras construídas e proxectos, proxectos alternativos, plantas, alzados e seccións, perspectivas de interiores e de vías públicas, detalles arquitectónicos e xardíns, proxectos de monumentos, pontes, mobles, ornamentos e obxectos de artesanía.

Deseño

Schinkel deseñou a medalla de Prusia e posteriormente de Alemaña, a famosa Cruz de Ferro. Tamén exerceu a profesión de escenógrafo de obras de teatro e ópera, realizando un palacio neoexipcio para a Raíña da Noite nunha produción de Die Zauberflöte en 1815.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • John Zukowsky (editor): Karl Friedrich Schinkel 1781 - 1841: the drama of architecture. Con artigos de Kurt W. Forster e Wolfgang Pehnt, ISBN 0-86559-105-9.
  • Jörg Trempler: Schinkels Motive. Matthes & Seitz, Berlín 2007, ISBN 978-3-88221-866-4.
  • Christoph Werner: Schloss am Strom. Die Geschichte vom Leben und Sterben des Baumeisters Karl Friedrich Schinkel. Bertuch-Verlag, Weimar 2004, ISBN 3-937601-11-2.
  • Christoph von Wolzogen: Karl Friedrich Schinkel: Unter dem bestirnten Himmel. Biographie. Edition Fichter, Frankfurt 2016, ISBN 978-3-943856-33-0.

Outros artigos

  • Jean Nicolas Louis Durand
  • Leo Von Klenze
  • Haussmann

Ligazóns externas

Tags:

Karl Friedrich Schinkel TraxectoriaKarl Friedrich Schinkel ObraKarl Friedrich Schinkel Galería de imaxesKarl Friedrich Schinkel NotasKarl Friedrich Schinkel Véxase taménKarl Friedrich Schinkel13 de marzo178118419 de outubroAlemañaArquitectoBerlínPintura

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MércoresNatalia Puente PradoFreixoUPepe CarballudeCFernando AlonsoAdiós, MaríaFerrolAntón TovarGalería de imaxes de GaliciaEsther EstévezIES Valle InclánCalendario gregorianoMono (vestimenta)Xosé Luís Méndez FerrínEspañaVagalumeO Cuco de VelleCarmen Martín GaiteSexo analTECOR societarioNocelloAnniken HuitfeldtXosé Ramón GayosoAzoresJuan CopaQVRío UrumeaCulleredoHomosexualidadePonte dos SantosCopa do SarDominic ThiemAmanda LearSica RomeroBubela7Ismael RamosDos arquivos do trasnoO CarrabouxoFoliadaMalores VillanuevaAbel CaballeroCarrizo (paxaro)O Barco de ValdeorrasNosce te ipsumNacionalismo galegoRede neural artificialLonga noite de pedraAlbaniaJorge BlassJanica Kostelić3Ourizo cachoVacaLuísa MerelasLucía VeigaManuel López PoyXinzo de LimiaOs vellos non deben de namorarseDiego AnidoRubiáParadigmas dos verbos irregulares galegosManuel Curros EnríquezREC (filme)Topónimos célticos en GaliciaPilar BahamondeO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónZPartido GalegoA Star Is Born (filme de 2018)Lois DiéguezAbel LosadaMedias🡆 More