Jean Epstein

Jean Epstein, (ɛpˈʃtajn) nado en Varsovia o 25 de marzo de 1897 e finado en París o 2 de abril de 1953 foi un cineasta, teórico do cinema, crítico literario e novelista francés.

Aínda que na actualidade é recordado principalmente pola súa adaptación de A caída da casa Usher, de Edgar Allan Poe, Epstein dirixiu tres ducias de filmes e foi un influente crítico literario e cinematográfico entre as décadas de 1920 e 1940. Adoita relacionarse co Cinema Francés Impresionista e o concepto de photogénie.

Infotaula de personaJean Epstein
Jean Epstein
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoença cerebrovascular (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaQ110338326 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , crítico literario , escritor , guionista , crítico de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1922 Editar o valor em Wikidata - 1953 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFrench Impressionist Cinema (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

IMDB: nm0258477 Allocine: 4403 Rottentomatoes: celebrity/jean_epstein Allmovie: p89050
Find a Grave: 10430508 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Epstein naceu en Varsovia, fillo dun xudeu francés e unha polaca. Trala morte do seu pai en 1908 a familia mudouse a Suíza, onde Epstein permaneceu ata comezar na escola de medicina na Universidade de Lión. Nesta cidade traballou como secretario e tradutor de Auguste Lumière, considerado un dos fundadores do cinema.

Epstein comezou a dirixir os seus propios filmes en 1922 con Pasteur, ao que seguiu L'Auberge rouge e Coeur fidèle (ambos os dous de 1923). O director Luis Buñuel traballou como o seu axudante en Mauprat (1926) e La Chute de la maison Usher (1928). As primeiras críticas de Espstein apareceron no xornal L'Esprit Nouveau.

Durante a rodaxe de Coeur fidèle Epstein escolleu filmar unha sinxela historia de amor e violencia “para gañar a confianza deses, aínda tan numerosos, que cren que tan só o melodrama máis baixo poder interesar ao público”, e tamén coa esperanza de crear “un melodrama tan espido de todas as convencións ligadas ao xénero, tan sobrio, tan sinxelo, que poida achegarse á nobreza e á excelencia da traxedia”. Escribiu o guión do filme nunha soa noite.

Epstein quedar moi impresionado por La Roue, de Abel Gance, e en Coeur fidèle tratou de aplicar as técnicas de montaxe rápido e rítmico ademais do uso innovador dos primeiros planos e a sobreimpresión das imaxes. Estas técnicas aparecen especialmente na primeira metade do filmes: a secuencia inicial establece a situación de Marie no bar do porto mediante unha serie de primeiros planos da súa cara, as súas mans, a mesa e os vasos que está a lavar; o uso das imaxes do mar e do porto, intercaladas ou superpostas, para expresar as arelas de Jean e de Marie; e a secuencia máis célebre do filme na feira na que unha complexa serie de imaxes xuntadas ritmicamente debuxa a tensión na relación entre Marie e Petit Paul. As últimas escenas do filmes son relativamente convencionais en canto ás técnicas empregadas e dependen máis da situación e da acción que da fotografía e do procesamento das imaxes. Na década de 1920 o traballo de Epstein influíu no expresionismo alemán.

Epstein tamén realizou varios documentais sobre a Bretaña. Estes inclúen Finis Terræ filmado en Ouessant, Mor vran (en bretón, o mar dos corvos), rodado en Sein, L'Or des mers rodado en Hoëdic e Le Tempestaire en Belle Île. Chanson d'Armor é coñecido por ser o primeiro filme da historia falado en bretón. As súas dúas novelas tamén están ambientadas na Bretaña: L'Or des mers en Ouessant e Les Recteurs et la sirène en Sein.

Epstein morreu en 1953, vítima dunha hemorraxia cerebral.

Filmografía

  • Pasteur (1922)
  • Les Vendanges (1922)
  • La Montagne infidèle (1923)
  • Coeur fidèle (1923)
  • La Belle nivernaise (1923)
  • L'Auberge rouge (1923)
  • Le Lion des Mogols (1924)
  • La Goutte de sang (1924)
  • L'Affiche (1924)
  • Les Aventures de Robert Macaire (1925)
  • Mauprat (1926)
  • Au pays de G. Sand (1926)
  • Le Double amour (1926)
  • Six et demi onze (1927)
  • La Glace à trois faces (1927)
  • La Chute de la maison Usher (1928)
  • Finis Terræ (1929)
  • Sa tête (1929)
  • Le Pas de la mule (1930)
  • Notre-Dame de Paris (1931)
  • Mor vran (1931)
  • L'Or des mers (1932)
  • L'Homme à l'hispano (1933)
  • La Châtelaine du Liban (1934)
  • Chanson d'Armor (1934)
  • La Vie d'un grand journal (1934)
  • Cuor di vagabondo (1936)
  • La Bourgogne (1936)
  • La Bretagne (1936)
  • Vive la vie (1937)
  • La Femme du bout du monde (1937)
  • Les Bâtisseurs (1938)
  • Eau vive (1938)
  • La Relève (1938)
  • Artères de France (1939)
  • Le Tempestaire (1947)
  • Les Feux de la mer (1948)

Obra literaria

Literatura e teoría literaria

  • Bonjour, cinéma. París: La Sirène, 1921.
  • La Poésie d'aujourd'hui, un nouvel état d'intelligence. París: La Sirène, 1921.
  • La Lyrosophie. París: La Sirène, 1922.
  • Le Cinématographe vu de l'Etna. París: Les Écrivains réunis, 1926.
  • La Photogénie de l'impondérable. París: Corymbe, 1935.
  • L'Intelligence d'une machine. París: J. Melot, 1946.
  • Le Cinéma du diable. París: J. Melot, 1947.
  • Esprit de cinéma. Genève: Jeheber, 1955.
  • Écrits sur le cinéma, 1921-1953: édition chronologique en deux volumes. París: Seghers, 1974–1975.

Ficción

  • Les Recteurs et la sirène. París: Fernand Aubier/Éd. Montaigne, 1934.
  • L'Or des mers. París: Librairie Valois, 1932.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sarah Keller and Jason N. Paul, eds., Jean Epstein: Critical Essays and New Translations. Ámsterdan: Amsterdam University Press, 2012.
  • Jacques Aumont, ed., Jean Epstein: cinéaste, poète, philosophe. París: Cinémathèque française, 1998.
  • Vincent Guigueno, Jean Epstein, cinéaste des îles. París: Jean Michel Place, 2003.
  • Prosper Hillairet, Cœur fidèle de Jean Epstein. Crisnée: Yellow Now, 2008.
  • Pierre Leprohon, Jean Epstein. París: Seghers, 1964.
  • Stuart Liebman, Jean Epstein’s Early Film Theory, 1920-1922. PhD Dissertation: New York University, 1980.
  • Trond Lundemo, Jean Epstein: intelligensen hos en maskin. Estocolmo: Cinemateket, Svenska Filminstitutet, 2001.
  • Laura Vichi, Jean Epstein. Milán: Il castoro, 2003.

Ligazóns externas

Tags:

Jean Epstein TraxectoriaJean Epstein FilmografíaJean Epstein Obra literariaJean Epstein NotasJean Epstein Véxase taménJean Epstein189719532 de abril25 de marzoEdgar Allan PoeFranciaParísVarsovia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María MariñoLuís SeoaneGalipediaMucha e NuchaPenerbosa, Negrelos, RodeiroHéitor PicalloPetínCachenaFiúnchoArtistaCastros da provincia de OurenseTaiwánRamón López RodríguezRulaInglaterraYAuto de feFeixónAlexandra Fernández GómezLípidoSexoMIraqFerreiriño abelleiroEscola Politécnica Superior de FerrolCasaquistánTokusatsuChaira abisalJosé Luís Valladares FernándezOrchataMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaReino de CastelaSen SenraAntía OteroCapital (economía)GazpachoJosé Cornide SaavedraCampo da RataNanina SantosAmieiroAngkor WatCaixa de HockettMaría Casares92BunkyōAdolfo GacioRusiaLista de países por poboaciónÁreas lingüísticas do galego77CogomeloAtenasXosé Luís Franco GrandeVerbos galegos ser, estar e irAnselmo López Carreira3María Antonieta de AustriaParadigmas dos verbos irregulares galegosEmiratos Árabes UnidosGrecia antigaPedra de raio (folclore)PsicoloxíaDeportivo da CoruñaJaime AlguersuariEstrutura secundaria das proteínasAlexandre BóvedaDios ke te crewImpresión dixitalDaniel BasteiroO Castrillón, A CoruñaEspazo ComúnMarca HispánicaAgricultura ecolóxicaWayback MachineArnold SchwarzeneggerDiego Anido96Saramago🡆 More