James Dean Bradfield

James Dean Bradfield, nado o 21 de febreiro de 1969 en Tredegar, País de Gales, é o guitarrista e vocalista da banda de rock alternativo galesa Manic Street Preachers.

Infotaula de personaJames Dean Bradfield
James Dean Bradfield
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Pontypool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónOakdale Comprehensive School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor de cancións , cantautor , pianista , cantante , batería Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webjamesdeanbradfieldofficial.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1010760 Youtube: UCqZvnimnWgzMrLkW19jPAmg Spotify: 1arQYOWtxuQW27WR299gT3 iTunes: 465050 Last fm: James+Dean+Bradfield Musicbrainz: cf384395-7989-4d78-8fb1-8e9e1b6a712e Songkick: 355172 Discogs: 9136 Allmusic: mn0000139572 Deezer: 70272 Genius: James-dean-bradfield Editar o valor em Wikidata

Biografía

Primeiros anos

Nado en Tredegar, Monmouthshire, Bradfield asistiu á Oakdale Comprehensive School local onde sufriu anos de crueldade e bullying (afirma que era "un pequeno nerd ao estilo de Woody Allen") por mor do seu nome (alcumado Crossfire), por ter ollo vago, ou por ser de pequeno tamaño. James formou unha estreita relación con tres amigos: o seu curmán Sean Moore, que viviu con James e a súa familia toda a súa infancia tras o divorcio dos seus pais, e os seus futuros compañeiros de banda Nicky Wire e Richey Edwards.

A Bradfield encantáballe correr e era corredor de obstáculos, e pronto se afeccionou á banda de punk rock The Clash, aínda que o seu primeiro amor musical foi Electric Light Orchestra. Renunciou ao seu soño de "ser como Napoleón" e decidiu que quería ser unha estrela de rock. Aprendeu a tocar a guitarra aprendendo a interpretar o Appetite for Destruction de Guns N' Roses.

Carreira en solitario

A finais de abril de 2006 estreouse o primeiro tema en solitario de Bradfield, titulado "That's No Way to Tell a Lie", no programa de Janice Long na BBC Radio 2. A canción converteuse no primeiro sinxelo do álbum The Great Western, que foi lanzado o 24 de xullo dese ano. O sinxelo estreouse no número 18 da lista británica de sinxelos, mentres que o disco fíxoo no 22 da lista de álbums. Estas posicións foron consideradas relativamente exitosas tendo en conta a falta de promoción.

Para promocionar o álbum, Bradfield realizou unha serie de concertos en solitario en maio de maio 2006 en Manchester, Glasgow, Dundee, Nottingham, Birmingham e Londres. Estas actuación estaban formadas por temas de The Great Western e varias cancións dos Manics, como "This Is Yesterday" e "Ocean Spray". Bradfield tamén tocou no V Festival a finais de agosto. No mes de outubro iniciou a súa primeira xura británica, realizando 15 concertos. Un segundo sinxelo do álbum, "An English Gentleman", foi lanzado antes da xira e chegou ao número 31 da lista británica.

O segundo álbum en solitario de Bradfield, Even in Exile, foi confirmado en marzo de 2020 a NME xunto co anunciou dun álbum dos Manics en 2021. Ese mes de xuño confirmouse que o disco estaba inspirado na vida e morte do activista comunista chileno Víctor Jara, con letras escritas como poesía inédita por Patrick Jones. Dous temas, "There'll Come a War" e o instrumental "Seeking the Room With the Three Windows", foron publicados o mesmo día. A seguinte semana o álbum recibiu o seu título e unha data de edición, xunto co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "The Boy From the Plantation", que se estreou no programa de Steve Lamacq na BBC Radio 6 Music. O álbum lanzouse o 14 de agosto de 2020 e entrou na lista británica no número 6.

Vida persoal

A pesar de ter dito unha vez "sempre me canso da compañía das mulleres moi rápido", casou coa axente de relacións públicas da banda, Mylène Halsall, nunha cerimonia en Florencia, Italia, o 11 de xullo de 2004. A parella ten dous fillos.

É seareiro do equipo de rugby Cardiff Blues e do de fútbol Nottingham Forest. En 2015, Bradfield e o seu compañeiro nos Manics Sean Moore foron á Patagonia en axuda da organización benéfica Velindre.

Notas

Tags:

James Dean Bradfield BiografíaJames Dean Bradfield NotasJames Dean Bradfield196921 de febreiroManic Street PreachersPaís de GalesRock alternativo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco Porto MellaGran Muralla ChinesaJosé Luis ValladaresAdriana LastraMiguel de CervantesAC-413Peer-to-peerPilar Vázquez CuestaJordi HurtadoRamadánTuiErnesto ChaoSuízaMarineda CityMarco AurelioLista de nomes femininos en galegoLingua galegaJoe BidenRomán Rodríguez GonzálezLiteratura galega do século XXLola FloresCharles MansonPeneCharles DarwinEduardo Valencia FernándezMasturbaciónElxokasDomingo García-SabellIrúnRaoul VázquezCaso Asunta BasterraGrupo de teatro O FachoSydney SweeneyManfred GnädingerXurxo ChirroIdade MediaLista de WikipediasLeninismoDodroBenedicto García VillarAlfonso MolinaManuel González LópezPegaApóutegaTaylor SwiftSupermartesAllarizAdolfo GacioEsther EstévezMaría MariñoSabugueiroLorbé, Dexo, OleirosLU-170Teixeiro, Curtis, CurtisHarvey WeinsteinCousasEspañaBugalloSanta CompañaHLA-DMAna RomaníAltriAndorraLuka ModrićPripyatAterínidosMoinanteDiego Martínez PenasCopia por contactoAkureyriCervo comúnFelipe GonzálezXXX edición dos Premios GoyaLista de presidentes da República PortuguesaDominio públicoLuar (programa)🡆 More