Columbia Records: Selo discográfico estadounidense

Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group.

Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros. Columbia Records pasou a editar discos dunha serie de destacados vocalistas, instrumentistas e grupos. dende 1961 ata 1990, as súas gravacións editáronse fóra dos Estados Unidos e o Canadá polo selo CBS Records, antes adoptar o nome de Columbia na meirande parte do mundo.

Columbia Records
Compañía naiSony Music Entertainment
Fundado en1888
DistribuidorasColumbia/Epic Label Group
Xénero(s)varios
OrixeEstados Unidos Columbia Records: Selos afiliados, Véxase tamén
http://www.columbiarecords.com/

Ata 1989, Columbia Records non tivo conexión con Columbia Pictures, que utilizou varios nomes para as discográficas da súa propiedade, como Colpix e posteriormente Arista. Columbia Pictures é agora un selo irmán de Columbia Records xa que ambos están conectados a través da Sony Corporation of America.

Selos afiliados

American Recording Company (ARC)

En febreiro de 1979 Maurice White, membro fundador do grupo de R&B Earth, Wind and Fire, re-lanzou American Recording Company (ARC). Columbia Records encargouse da distribución dos artistas do selo, entre os que estaban o exitoso cantante de R&B e pop singer Deniece Williams, a banda de jazz-fusion Weather Report e o trío de R&B the Emotions. O último lanzamento da discográfica ocorreu en 1982.

Columbia Label Group (UK)

En xaneiro do 2006 Sony BMG UK separou as súas principais operacións en dous selos distintos. RCA Label Group, dedicado principalmente ao pop e o R&B, e Columbia Label Group, dedicado a rock, dance e música alternativa.

Aware Records

En 1997 Columbia afiliouse co selo Aware Records, que promocionaba a artistas sen discográfica previa, para distribuír a súa música. Grazas a esta unión Columbia fíxose con artistas que conseguirían un éxito notable. No ano 2002 Columbia aceptou manter esa relación con Aware.

Columbia Nashville

No ano 2007 Columbia creou Columbia Nashville como parte de Sony Music Nashville. Isto deulle a a Columbia Nashville total autonomía e unha xestión por separado da Columbia Records.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Columbia Records Selos afiliadosColumbia Records Véxase taménColumbia Records188819611990CanadáEstados Unidos de América

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco AsoreyTrasmirasLista de medallistas olímpicos galegosLingua galegaAgatha ChristieAlcaldes da EstradaOU-124Posicións sexuaisIPhoneHistoria de GaliciaRebbie JacksonA memoria da choivaCociñaWill SmithAradoLista de palabras galegas de orixe celtaStingDiego Folgar ToimilMadagascarMiguel de CervantesShinovaSambesugaMedusa (mitoloxía)FollaCruceiroCarlos MourizO sol do veránMeninxiteRamiro CarregalTeresa PortelaÑPanteón de Galegos IlustresXunta de GaliciaRegulamento xeral de protección de datosJota PeleteiroNúmero piGreloMaspalomasJosé Sanjurjo SacanellRuxe RuxeAmieiroSantiago de CompostelaPilar PonteSegoviaInfinitivo conxugadoRocío DúrcalDodecágonoTeruelSilledaTwitterCisteínaProvincias de EspañaRembrandtOTANCloruro de sodioPartido GalegoVox populiBrasilSainte-ChapelleBetanzosFernando AlonsoFútbol gaélicoAutarquíaRevolución de Asturias de 1934Escola de Vela Tradicional da Illa de ArousaISBNMiguel-Anxo MuradoCarlos NegroCarlos III de EspañaDeportivo da CoruñaEntropía da informaciónImanol IdiakezLista de condes de GaliciaPaulino PereiroCarles FrancinoPene🡆 More