A herba belida ou patelo (Ranunculus repens), é unha especie de planta herbácea anual da familia das ranunculáceas, de 2 a 6 cm, co talo oco, follas partidas en lóbulos e flores amarelas.
Herba belida | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Ranunculus repens' L. |
É unha planta herbácea con talos rastreiros desde as raíces. Follas verde escuro manchadas de branco e trilobuladas que medran fóra do nodo. Os talos son aveludados. Esta especie distínguese doutras polo tamaño das súas flores que son moito máis grandes.
É nativa de Europa e do noroeste do Pacífico, hoxe espallada polo mundo como planta ornamental e coma maleza de terreos degradados e pradeiras. Medra en leiras, pastos, preferentemente en sitios húmidos.
É común en Galicia. Segundo Juan Cuveiro Piñol medra en prados húmidos de todo o país e nalgúns lugares sombríos, e é cultivada nos xardíns pola facilidade con que varía dando flores duplas. Medra tamén nos montes aínda que con menos abundancia nos anos moi chuviosos.
Estas plantas contén anemonina, unha substancia moi tóxica para os animais e os seres humanos. De feito, os herbívoros pacen as follas destas plantas con gran dificultade, e só despois dun bo secado que evapora as substancias máis perigosas. Mesmo as abellas evitan chuchar o seu néctar. Na pel humana estas plantas poden crear bóchegas ou ampolas (dermatite), mentres que na boca poden causar dor intensa e ardente das membranas mucosas.
Ranunculus repens foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 554. 1753.
Números cromosomáticos de Ranunculus repens (Fam. Ranunculaceae) e táxones infraespecificos: 2n=32
Ranunculus: nome xenérico que provén do latín serodio e que significa "ranciña", diminutivo de "ra". Isto probabelmente refírese a moitas especies que medran preto das ribeiras, coma as ras.
repens: epíteto latino que significa "rastreiro".
En galego recibe os nomes comúns de: herba belida, patelo (escrito en galego antigo coma patèlo), botón de ouro, bugallón, herba de ouro, herba de pata de lobo, herba do lobo, pé de gato, pé de lobo, pé de puldriño, punta loba.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba belida |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba belida |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Herba belida, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.