Filme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe

Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J.

K. Rowling">J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

Harry Potter e o misterio do príncipe
Ficha técnica
Título orixinalHarry Potter and the Half-Blood Prince
DirectorDavid Yates
ProdutorDavid Heyman
David Barron
GuiónSteve Kloves
Baseado enHarry Potter e o misterio do príncipe de J. K. Rowling
IntérpretesDaniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Michael Gambon
Jim Broadbent
Alan Rickman
Helena Bonham Carter
Tom Felton
MúsicaNicholas Hooper
John Williams
FotografíaBruno Delbonnel
MontaxeMark Day
EstudioHeyday Films
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea15 de xullo de 2009
Galicia 25 de decembro de 2013 (TVG)
Duración153 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía
Drama
Orzamento$250 000 000
Recadación$934 400 000
Filme anteriorHarry Potter e a Orde do Fénix
Filme seguinteHarry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Na rede
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthehalf-bloodprince/
IMDB: tt0417741 Filmaffinity: 570442 Allocine: 116305 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_half_blood_prince Mojo: harrypotter6 Allmovie: v357831 TCM: 676931 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-half-blood-prince TV.com: movies/harry-potter-and-the-half-blood-prince Netlix: 70099612Editar o valor em Wikidata

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses. Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía, que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar. O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

Sinopse

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Elenco

Banda sonora

Harry Potter e o misterio do príncipe
Banda sonora de Nicholas Hooper
14 de xullo de 2009
Estudio de gravaciónAbbey Road Studios
Duración62:40
XéneroBanda sonora
Selo discográficoNew Line Records
Cronoloxía
Harry Potter e a Orde do Fénix
(2007)
Harry Potter e o misterio do príncipe
(2009)
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
(2010)

A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

    Lista de pistas
  1. "Opening" - 2:53
  2. "In Noctem" - 2:00
  3. "The Story Begins" - 2:05
  4. "Ginny" - 1:30
  5. "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50
  6. "Wizard Wheezes" - 1:42
  7. "Dumbledore's Speech" - 1:31
  8. "Living Death" - 1:55
  9. "Into the Pensieve" - 1:45
  10. "The Book" - 1:44
  11. "Ron's Victory" - 1:44
  12. "Harry & Hermione" - 2:52
  13. "School!" - 1:05
  14. "Malfoy's Mission" - 2:53
  15. "The Slug Party" - 2:11
  16. "Into the Rushes" - 2:33
  17. "Farewell Aragog" - 2:08
  18. "Dumbledore's Foreboding" - 1:18
  19. "Of Love & War" - 1:17
  20. "When Ginny Kissed Harry" - 2:38
  21. "Slughorn's Confession" - 3:33
  22. "Journey to the Cave" - 3:08
  23. "The Drink of Despair" - 2:44
  24. "Inferi in the Firestorm" - 1:53
  25. "The Killing of Dumbledore" - 3:34
  26. "Dumbledore's Farewell" - 2:22
  27. "The Friends" - 2:00
  28. "The Weasley Stomp" - 2:51

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Filme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe SinopseFilme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe ElencoFilme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe Banda sonoraFilme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe NotasFilme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe Véxase taménFilme Harry Potter E O Misterio Do Príncipe

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón María del Valle-InclánLorenzo VarelaEmilio González AfonsoLista de ríos de GaliciaVerbos galegos ser, estar e irSantiago de CompostelaDomingoRexina VegaQuenllaTotó GarcíaBeraLista das aves de GaliciaJosé SaramagoMoscovaPosicións sexuaisMeigaRosario DúrcalCharles DarwinLeninismoLeymaVento feridoEsperantoFrancisco FrancoLista de programas de Televisión EspañolaCarballoRefraneiro galego sobre o panMiguel de CervantesLiteratura infantilIsabel II do Reino UnidoLista de voces dos animaisBidueiroSerés, Serés, CastroverdeXabier FortesAustraliaCarlos CasaresCopia por contactoXosé Luís Méndez FerrínAWStatsTito ValdésDelfínFillas de CassandraCarlomagnoFrancisco Castro VelosoAlberto Núñez FeijóoManuel RicoFala de EstremaduraAntonio López FerreiroLuísa VillaltaRoko (actriz)PortadaRaposo comúnXiros idiomáticos galegosTelexornalRataTradescantia fluminensisÁngel CarracedoAs leis de CelavellaTonhito de PoiEduardo IndaManuel RivasMasculino e feminino en galegoJackson PollockDiego AnidoLeonardo da VinciVigoSonsoles EspinosaSanta CompañaVladimir PutinDos arquivos do trasnoOldhamGalipediaLuís SeoaneQueiroaIrene FerrerasTeixugo🡆 More