Guerras Iugoslavas

As guerras iugoslavas foron unha serie de conflitos no territorio da antiga Iugoslavia, que se sucederon entre 1991 e 2001.

Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis antigas repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a guerra dos Balcáns, a guerra na antiga Iugoslavia, guerras iugoslavas de secesión ou raramente a terceira guerra balcánica (un termo acuñado polo xornalista británico Misha Glenny, aludindo ás guerras dos Balcáns entre 1912 e 1913).

Guerra dos Balcáns
Guerras Iugoslavas
Data: 1991-2001
Lugar: Eslovenia, Croacia, República Federal de Iugoslavia
Resultado: Novos países independentes.
Combatentes
Eslovenia Eslovenia
Croacia Croacia
Guerras Iugoslavas Bosnia e Hercegovina
OTAN
Iugoslavia Iugoslavia
Guerras Iugoslavas República Serbia
Guerras Iugoslavas República Serbia de Krajina
Serbia e Montenegro República Federal de Iugoslavia

As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da antiga Iugoslavia, principalmente entre os serbios por unha banda e os croatas, bosníacos e albaneses polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión relixiosa e étnica.

As guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da antiga Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da segunda guerra mundial, resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra en ser formalmente xulgados os xenocidas e moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

As guerras iugoslavas poden dividirse en dous grupos de conflitos diferentes:

Contexto histórico

As tensións proviñeron da composición multiétnica do primeiro Reino de Iugoslavia e a relativa supremacía política e demográfica dos serbios. Estas tensións foron aproveitadas polo Eixo Roma-Berlín-Toquio na segunda guerra mundial, que estableceron un estado monicreque que abarcaba a maior parte das actuais Croacia e Bosnia e Hercegovina. Púxose a cargo deste Estado Independente de Croacia a unha organización fascista, a Ustashe, que levou a cabo unha política xenocida contra os civís serbios do territorio. A milicia serbia Chetnik contraatacou contra os croatas. Ambos se enfrontaron e foron finalmente derrotados polo movemento de tendencia comunista e antifascista partisanos, composto por membros de todos os grupos da zona, o que desembocou na formación de República Federal Socialista de Iugoslavia.

No caso das zonas poboadas por albanos, a causa principal foi o crecemento da poboación albana en áreas nas que anteriormente eran minoría. No caso de Kosovo, algúns serbios interpretaron este crecemento da influencia albanesa como a perda dos seus territorios ancestrais.

Os primeiros conflitos (1991-1995)

As guerras iugoslavas iniciáronse coa secesión das dúas rexións do norte da antiga Iugoslavia —Eslovenia e Croacia— por mor dun amplo abano de motivos. Algúns autores sinalan coma orixe do conflito algunhas políticas serbias levadas a cabo entre o 1987 e o 1991. Algunha destas medidas citadas foron o bloqueo das institucións federais do antigo estado Iugoslavo ou a supresión da condición autonómica das rexións de Voivodina e Kosovo. O primeiro destes conflitos, coñecido como a guerra dos Dez Días ou a guerra de Eslovenia, levou a cabo oficialmente para previr o desmembramento de Iugoslavia e acabou coa retirada do Exército Popular Iugoslavo en 1991.

O segundo conflito, a guerra croata de independencia, tamén levou a cabo coa mesma motivación, pero deveu abertamente nacionalista, como un choque entre os nacionalismos serbio e croata personificados en Serbia polo Presidente Slobodan Milošević e o Presidente Franjo Tuđman en Croacia. En xaneiro de 1992 o Plan de paz Vance determinou que a ONU tomaría o control dalgunhas zonas e acabou co conflitos militares, aínda que ata 1995 non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillaría sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da ONU.

En 1992 o conflito chegou a Bosnia e Hercegovina, onde loitarían tres faccións: os serbios, os croatas e os bosníacos, que diferían principalmente na súa relixión tradicional: ortodoxos, católicos e musulmáns, respectivamente. Foi con moito o conflito máis sanguento das guerras de Iugoslavia.

As guerras iugoslavas no oeste remataron co retiro militar na Eslovenia, a derrota dos rebeldes serbios na Croacia e a sinatura dos Acordos de Dayton en 1995 por Bosnia seguido da intervención militar contra o lado serbio pola OTAN.

Os combates en Croacia remataron en 1995, tras dúas operacións rápidas do Exército Croata, de nome en clave Operación Flash e Operación Tormenta, nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste controlouse pola administración da ONU (UNTAES) e foi reintegrado pacificamente en Croacia en 1998.

En 1994 Estados Unidos xestionou a paz entre Croacia e o Exército da República de Bosnia e Hercegovina. A intervención da OTAN contra os bosníacos tralo Masacre de Srebrenica e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosníacos perdesen zonas baixo o seu control, e presionouse a tódolos bandos para deixar as armas e negociar un final á guerra de Bosnia. A guerra rematou trala sinatura do Acordo de Dayton o 14 de decembro de 1995.

Guerras Iugoslavas 

Conflitos no leste e no sur

Guerras Iugoslavas 
Kosovo (1999)

En Kosovo, Macedonia do Norte, e na propia Serbia, os conflitos caracterizáronse pola tensión política e racial entre os gobernos eslavos e as minorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi no caso de Kosovo.

O conflito en Kosovo estourou nunha guerra a grande escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios meridionais caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerriñas de etnia albanesa. A guerra en Kosovo rematou coa intervención da OTAN contra as forzas serbias, aínda que posteriores desordes xeneralizadas en Kosovo estouraron no 2004. Os conflitos no sur da Serbia e en Macedonia do Norte remataron con tratados de paz internacionalmente fiscalizados entre os insurxentes e o goberno, máis a situación námbalas dúas rexións segue a ser fráxil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Guerras Iugoslavas Contexto históricoGuerras Iugoslavas Os primeiros conflitos (1991-1995)Guerras Iugoslavas Conflitos no leste e no surGuerras Iugoslavas NotasGuerras Iugoslavas Véxase taménGuerras Iugoslavas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

KHispaniaMoinanteDon Quixote da ManchaTeléfonoChantadaCurtisWikiBristolCandela PeñaCerdedo-CotobadeLuis ZaheraOs PinosAristótelesRafael NadalVicente RiscoSanta CompañaPortugalRelación sexual humanaRías BaixasReino suevoAlberto AvendañoManuel Veiga TaboadaPeneChachoO divino saineteCarlos MeixideDaniel DigesHindemburg Melão Jr.Aves acuáticasGuillermo Alonso BarciaVladimir PutinRosalía Fernández RialCirrio comúnFentaniloPadre CasaresMaría Teresa PérezPortadaEscherichia coliRamón VillaresHistoria de EspañaNuno García PicoJorge Sanz MirandaVichelocregoXavier AlcaláOzzy OsbourneFernando AlonsoGrupo EroskiValentín García GómezInternetRianxoToledoÁreas lingüísticas do galegoMario CaneiroSantiago AbascalEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024SonetoDaniel CraigSalgueiro MaiaDía de San XurxoHLA-DPParadigmas dos verbos irregulares galegosFederico García LorcaGrupo NósJenna JamesonEleccións municipais de 2019 en Galicia🡆 More