República Serbia

A República Serbia (en adiante RS) (serbio: Република Српска) é unha das dúas entidades políticas que forman Bosnia e Hercegovina.

A outra é a Federación de Bosnia e Hercegovina. Ten unha superficie de 24 811 km² e unha poboación de 1 490 993 habitantes, e o seu himno titúlase Moja Republika

Modelo:Xeografía políticaRepública Serbia
Република Српска (sr)
Federacija Bosne i Hercegovine (bs)
Federacija Bosne i Hercegovine (hr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMoja Republika Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 44°45′N 17°19′L / 44.75, 17.3217°19′L / 44.75, 17.32
Territorio reivindicado porBosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
EstadoBosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
CapitalSaraxevo
Banja Luka Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.228.423 (2013) Editar o valor em Wikidata (49,42 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia
lingua bosníaca
lingua croata Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie24.857 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude355 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de xaneiro de 1992 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidência da República Sérvia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataŽeljka Cvijanović (pt) Traducir (2018–2022) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataRadovan Višković (en) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly of Republic of Srpska (en) Traducir , (Escano: 83) Editar o valor em Wikidata
PIB per cápita6.700.000.000 $ (2019) Editar o valor em Wikidata
MoedaMarco convertible Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BA-SRP Editar o valor em Wikidata

Nome

A República Serbia é chamada de xeito común na prensa e medios oficiais Republika Srpska. Segundo as regras das linguas eslavas, Srpska (ou sexa de Serbia), pode ser tanto un adxectivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre esta parte de Bosnia e Hercegovina e a República de Serbia (ou Serbia, país independente), en ocasións o nome Republika Srpska déixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.

Demografía

A RS comprende o 48% da superficie do país, e ten aproximadamente o 34% da poboación. Estes datos como case todos os da antiga Iugoslavia son estimacións, xa que o derradeiro censo oficial tivo lugar en 1991. O 88,4% da poboación é serbia, bosníacos 10,7% e croatas 0,9%. Durante as guerras dos Balcáns a rexión recibiu a refuxiados serbocroatas e serbobosnios doutras partes da antiga Iugoslavia.

Historia

Trala independencia de Eslovenia e Croacia da antiga Iugoslavia o 24 de outubro de 1991, créase a Asemblea Serbobosníaca para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga República Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asemblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independencia de Bosnia e Hercegovina. O líder do principal partido serbiobosníaco Radovan Karadzic organizou as "Provincias Autónomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina (Република српског народа Босне и Херцеговина). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de Saraxevo, que votou unha nova constitución secesionista de Iugoslavia (caso análogo á da República Krajina de Serbia en Croacia).

En marzo de 1992 proclámase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosníacos(un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o 7 de abril, e o 12 de agosto eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (JNA, mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesión bosníaca.

De 1992 a 1995, é dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da República Serbia era un dos tres bandos enfrontados: os outros dous eran os bosníacos e os bosníacocroatas da República Croata de Herzeg-Bosnia. Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosníacos abriron campos de concentración, levaron a cabo masacres masivos (ver masacre de Srebrenica) e actos de xenocidio e limpeza étnica da poboación non serbia.

Segundo o Acordo de Paz de Dayton, a República Serbia ficaría co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e recoñeceríaselle o status de entidade propia en confederación coa Federación de Bosnia e Hercegovina para formar Bosnia e Hercegovina.

Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboación, a transición á economía de mercado vese complicada. O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbiobosníacos acusados de corrupción ou de crimes de guerra. Debido ó referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfacción dos serbiobosníacos co goberno de Saraxevo, moitos queren convocar un referendo de seu, aínda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.

O 1 de xaneiro de 2006 a República Serbia deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicación da OTAN para un acordo de cooperación con Bosnia e Hercegovina. Pese a que Saraxevo é a capital de iure da República Serbia, Banja Luka é a capital de facto, coa maioría das sedes do goberno rexional.

Notas e referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

República Serbia NomeRepública Serbia DemografíaRepública Serbia HistoriaRepública Serbia Notas e referenciasRepública Serbia Véxase taménRepública SerbiaBosnia e HercegovinaFederación de Bosnia e HercegovinaMoja RepublikaSerbio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Distritos de PortugalToniña comúnPaulino PereiroExaculaciónBeatriz LuengoXXXTentacionShinovaRaffaella Carràc70mgVilalba, Vilalba, VilalbaTorre de HérculesVincent van GoghPontevedraRamón María del Valle-InclánLavandaÑAJuan Jacobo Durán LorigaRomariz, Riós, RiósIbn al-AbbarAs aves na cultura popular galegaPeer-to-peerCharles DarwinCoco (bacteria)BrasiliaAires da miña terraLista de nomes masculinos en galegoThe ArtistLista de ósos do esqueleto humanoHorteláEscudo de GaliciaJulio Iglesias RedondoGheadaJohn Forbes NashLola FloresTeoría de númerosLeonardo da VinciCristiano RonaldopdwqjOldhamO PorriñoPunta UmbríaCarrasco (planta)InglaterraEstatua de Che Guevara en OleirosRaposo comúnMexacánNarónCarlos CasaresBloque Nacionalista GalegoJéssica BouzasEnsaio (literatura)Pardo de CelaValentín García GómezEstanislao FiguerasFillas de CassandraBandeira de GaliciaRoberto BautistaSanta CompañaComarca de SarriaXogos floraisRepública ChecaEstados Unidos de AméricaÁngeles VázquezCamilo Díaz BaliñoA EstradaPaís VascoLondresPornografíaMercedes QueixasHans ZimmerReal Club Celta de VigoCoordenadas xeográficasSuperman🡆 More