Gonorrea: Infección de transmisión sexual

A gonorrea, do grego γονόρροια, (gonórrhoia: fluxo de seme), tamén denominada blenorraxia, blenorrea e gonococia, é unha infección de transmisión sexual (ITS) provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae ou gonococo, cuxo hóspede específico é o ser humano.

Afecta principalmente as mucosas do aparello xenital e urinario, pero tamén pode afectar a conxuntiva ocular, a farinxe e o recto. As súas características máis habituais son a secreción purulenta pola uretra no home e a consecuencia de infertilidade na muller.

Gonorrea
Clasificación e recursos externos
Gonorrea: Historia, Epidemioloxía, Patoxenia
ICD-10A54
ICD-9098
DiseasesDB8834
MedlinePlus007267
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

A gonorrea recoñeceuse e describiuse dende a antigüidade, onde é mencionada en papiros exipcios, e sábese que no terceiro milenio antes de Cristo xa causaba estragos en Asia. Hipócrates fixo un diagrama da infección gonocócica, ó disecar a uretra dos homes que estaban infectados por este axente e anotou modificacións no tecido epitelial, secretación e unha estenose (estreiteza) uretral que con frecuencia acompaña á doenza non tratada.

No ano 130, Galeno instaurou o termo gonorrea, proveniente do grego antigo γονόρροια, («gonórrhoia»), forma composta de γόνος («gonos»: semente, xenitais) e ῥέω, («rhêo»: fluxo); é dicir, «fluxo de semente», ou fluxo seminal, pola impresión errónea de considerar á secreción purulenta que sae pola uretra como unha espermatorrea.

A Neisseria gonorrhoeae, organismo causal da enfermidade, foi descuberta polo médico alemán Albert Neisser (de aí o seu nome) en 1879.

Epidemioloxía

A Organización Mundial da Saúde (OMS), estima que se producen 106 millóns de casos novos no mundo cada ano. Nos Estados Unidos de América, a gonorrea foi unha das enfermidades contaxiosas de maior frecuencia dende 1965. Nese país, a incidencia de infeccións causadas por N. gonorrhoeae é de aproximadamente 375 casos por cada 100 000 habitantes. En México a incidencia descendeu na segunda metade do século XX, dende 213 casos por cada 100 000 habitantes en 1941 a 20 casos sobre o mesmo denominador en 1989. Na década de 1990, a tendencia en México mantívose descendente, cunha incidencia en 1995 e 1996 de 8,8 e 13,7 por cada 100 000 habitantes, respectivamente.

Patoxenia

Gonorrea: Historia, Epidemioloxía, Patoxenia 
Neisseria gonorrhea

Os primeiros lugares que afecta a bacteria son o epitelio columnar da uretra e endocérvix. O recto, a farinxe e a conxuntiva dos ollos tamén poden verse infectados. A vulva e a vaxina das mulleres, normalmente, tamén son afectadas, posto que están ligadas coas células epiteliais. Nas mulleres, o colo uterino adoita ser o primeiro sitio infectado.

Notas

Tags:

Gonorrea HistoriaGonorrea EpidemioloxíaGonorrea PatoxeniaGonorrea NotasGonorreaConxuntivaFarinxeHóspedeInfección de transmisión sexualInfertilidadeNeisseria gonorrhoeaePusRectoSer humanoSistema reprodutorSistema urinarioUretra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Editorial GalaxiaGoretti SanmartínEduardo Blanco Amor25 de abrilDomingoEstanislao FiguerasArmando BlancoGabriel RufiánOurioloHLA-DMContactorA CoruñaMAdriano Correia de OliveiraLista de nomes masculinos en galegoRacing Club de FerrolFermin MuguruzaProxyCharles WhiteMaría PitaRevolución galega de 1846Transformador (modelo de aprendizaxe automática)TAntonio López FerreiroCarlos de Matos GomesTeoría de númerosCanle (comunicación)Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesIrene FerrerasXabier DeiveManuel RicoRosario Porto OrtegaXinzo de LimiaGheadaOman AirCanle (enxeñaría)José SaramagoItxu DíazAccidente de ChernóbilFingeringVilalba, Vilalba, VilalbaLista de filmes coas maiores recadaciónsJosé Luís Valladares FernándezFala de EstremaduraQuenlla2015Verbos galegos ser, estar e irLista de ósos do esqueleto humanoVox populiÁlvaro MorataLista de deuses celtasPoesíaCaso Asunta BasterraSan PetersburgoTransformador InglaterraBolboretaBilbaoVincent van GoghDodroFlorentino López CuevillasBatalla das Termópilas (-480)Doenza de Paget de mamaWikipediaGrupo RompenteHarry StylesReino UnidoXosé Manuel PiñeiroSegunda guerra mundialLeninLista de palabras galegas de orixe celtaFranciaAntónio de Oliveira Salazar🡆 More