Furto

O crime do furto ou ladroízo consiste na apropiación ilexítima dunha cousa moble, allea totalmente ou en parte, realizada sen aplicar a forza, sen violencia ou intimidación nas persoas.

O furto é considerada unha falta ou delito, dependendo do valor económico do furtado. A cantidade monetaria ou a mercadoría furtada determinará o grao de furto. As penas varían segundo os países e os estados.

Furto
Ilustración que amosa un furto.

Esta definición de furto está construída en oposición á de roubo e extorsión. O furto sempre require apropiación, sen o uso de violencia física contra as persoas, que son características do roubo, ou como intimidación para facer a entrega, por exemplo, unha característica da extorsión.

Coa execución do furto estase violando a posesión de cousas mobles, considerada como simple estado de feito, calquera que sexa a súa orixe, e represente ou non o dereito subxectivo sobre a cousa en si. Abonda que a apropiación sexa ilexítima. Calquera posesión actual, e non só a civilmente protexida, está protexida polo dereito penal.

É requisito do furto, así como doutros delitos contra o patrimonio, a existencia dunha intención especial do autor, o que tecnicamente se coñece como un elemento subxectivo do inxusto que é o ánimo de lucro, a intención de obter un enriquecemento coa apropiación. Deste xeito é posible diferenciar condutas totalmente legais (por exemplo, levar algo para examina-lo), das que son claramente ilícitas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Allen, Michael. Textbook on Criminal Law. Oxford University Press, Oxford. (2005) ISBN 0-19-927918-7.
  • Criminal Law Revision Committee. 8th Report. Theft and Related Offences. Cmnd. 2977
  • Green, Stuart P. Thirteen Ways to Steal a Bicycle: Theft Law in the Information Age. Harvard University Press, Cambridge, MA (2012). ISBN 978-0674047310

Tags:

EconomíaViolencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carles PuigdemontRosario Porto OrtegaNúmero piMéxicoLista de exónimos en galegoTereixa ConstenlaXosé Luís Méndez FerrínCalorPaspallásCouselo (planta)FC Ilves (feminino)CSistema operativoToxo arnalFollas novasBilbaoVicente RiscoCamilo Díaz BaliñoCarlos CasaresFabiola GarcíaGabriel RufiánDomingoHIbn al-AbbarMarcelo Rebelo de SousaDelfínidosPaulino PereiroCamilo Nogueira RománHard GZÁngel CarracedoEscudo de GaliciaRamón Otero PedrayoEstados Unidos de AméricaXosé FortesConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesGabriel AlénPontellaAC-101Digital object identifierRastroTonhito de Poi1928Gonzalo LouzaoAmérica LatinaLiteratura infantilOTANScarlett JohanssonAliança CatalanaXunta Suprema do Reino de GaliciaHomosexualidadeMomia de ManchesterMerloMaría PitaNarónArmando BlancoRamón CabanillasTwitterNordés (vento)XXXTentacionNormativa oficial do galegoNacionalismo galegoVicepresidencia do Goberno de EspañaXurxo AyánRaquel Castro MartínezJosé López CamposBidueiroJosé Manuel Rodríguez PuenteSonsoles EspinosaO CarballiñoPaís VascoLudwig van Beethoven🡆 More