Filme De 2013 Frozen

Frozen é un filme de animación musical estadounidense producido por Walt Disney Animation Studios.

É o 53º filme animado producido polo estudio e está vagamente inspirado no conto de fadas A raíña das neves, do dinamarqués Hans Christian Andersen. O filme foi distribuído pola Walt Disney Studios Motion Pictures baixo o selo da Walt Disney Pictures e estreouse coa curtametraxe Get a Horse! o 27 de novembro de 2013 nos Estados Unidos.

Frozen
Ficha técnica
Título orixinalFrozen
DirectorChris Buck
Jennifer Lee
ProdutorPeter del Vecho, John Lasseter
GuiónJennifer Lee
Baseado enno conto A raíña das neves
IntérpretesKristen Bell
Idina Menzel
Jonathan Groff
Josh Gad
Santino Fontana
Alan Tudyk (voces)
MúsicaChristophe Beck
Kristen Anderson-López (letras)
Robert Lopez (cancións)
EstudioWalt Disney Animation Studios
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Estrea27 de novembro de 2013
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, fantasía, comedia
Orzamento150 millóns de dólares
Recadación1.026 millóns de dólares (en marzo de 2014)
Filme anteriorBrave
Filme seguinteBig Hero 6
Na rede
https://frozen.disney.com/
IMDB: tt2294629 Filmaffinity: 926588 Allocine: 203691 Rottentomatoes: m/frozen_2013 Mojo: frozen2013 Allmovie: v555200 TCM: 889117 Metacritic: movie/frozen-2013 TV.com: movies/frozen-2013
Facebook: DisneyFrozen Instagram: disneyfrozen Netlix: 70279000Editar o valor em Wikidata

En 2014 venceu na categoría de mellor filme de animación nos Premios Globo de Ouro de 2014, e gañou o Óscar ó mellor filme de animación e á mellor canción. É o 15º filme na lista das maiores recadacións na historia, sendo a segunda animación en superar a marca de 1 billón de dólares recadados; o primeiro foi Toy Story 3.

Sinopse

Elsa, a filla máis vella do rei e da raíña de Arendelle, situado nalgún lugar de Noruega, naceu coa capacidade máxica de crear xeo e neve. Un día cando tiña once anos, mentres xogaba coa súa irmá Anna de oito, accidentalmente acértalle cun raio xeado; polo que se agocha de todos para aprender a controlar os seus poderes até o día da súa coroación. Despois de, accidentalmente, condenar o reino a un inverno eterno, Elsa foxe e autoexíliase nun castelo de xeo que ela mesma ergue coa súa maxia. Anna e Kristoff, un destemido mozo que traballa na montaña carrexando xeo cun carro e un reno, parten na procura de Elsa para traela de volta a Arendelle e reverteren o inverno en verán.

Elenco

  • Kristen Bell como Anna con 18 anos. Con cinco anos é dobrada por Gabrielle e con nove por Katie Lopez. Cando é adolescente con quince anos durante o loito pola morte dos pais, a personaxe é dobrada por Agatha LeeMonn.
  • Idina Menzel como Elsa xa adulta con vinte e un anos . Con oito anos é dobrada por Eva Bella. Con doce anos, mentres fala asustada cos pais sobre o aumento dos seus poderes, a personaxe é dobrada por Spencer Lacey Ganus.
  • Jonathan Groff como Kristoff.
  • Josh Gad como Olaf.
  • Santino Fontana como Hans.
  • Alan Tudyk como o Duque de Weselton.
  • Chris Williams como Oaken.
  • Maia Wilson como Bulda.

Produción

Desenvolvemento

As tentativas da Walt Disney Animation Studios en adaptar o conto de fadas A raíña das neves nunha longametraxe remóntanse a 1943, aínda que outras tentativas se fixeron na década de 1990 e en 2003.

Para conseguir o efecto de refracción da luz sobre o xeo da forma máis realista posíbel, os animadores do filme visitaron un hotel feito de xeo no Quebec, no Canadá. Para a ambientación da historia, Noruega foi usada como inspiración e escenario para o filme.

É o primeiro filme da Walt Disney Animation Studios desde Lady and the Tramp (A dama e o vagabundo) producido usando CinemaScope.

Anuncio

O 22 de decembro de 2011, o estudio anunciou oficialmente o filme, xunto coa data de lanzamento, despois de case unha década de especulación pública sobre a súa produción. O 5 de marzo de 2012, anunciouse que a actriz Kristen Bell fora contratada para fornecer a voz de Anna, e que Chris Buck, que xa traballara co estudio dirixindo Tarzan, era o director do filme, xunto con Peter del Vecho na produción e John Lasseter na produción executiva. En xuño, anunciouse que Idina Menzel fora contratada para fornecer a voz de Elsa, e que as cancións orixinais do filme estaban a cargo dos compositores de Broadway Robert Lopez e a súa esposa Kristen Anderson-López. O 30 de novembro, foi anunciado que Jennifer Lee, a coguionista de Wreck-It Ralph, xuntouse a Buck como codirectora, tornándose así a primeira muller na historia a dirixir un filme para o estudio. O 19 de decembro, anunciouse que Jonathan Groff fora contratado para fornecer a voz de Kristoff. O 19 de febreiro de 2013, Christophe Beck foi anunciado como o compositor da banda sonora do filme.

Música

A banda sonora de Frozen (Frozen (Original Motion Picture Soundtrack) - novembro de 2013) foi composta por Christophe Beck para a Walt Disney Records, coas cancións orixinais a cargo de Robert Lopez (música) e Kristen Anderson-López (letra), sendo así a segunda colaboración dos tres compositores coa Walt Disney Animation Studios.

Na Expo D23 realizada en agosto de 2012, a canción titulada "Let It Go" foi presentada e interpretada para o público. Na Expo D23 de 2013, a música foi novamente interpretada, desta vez por Idina Menzel, a dobradora de Elsa. Para promover o filme, unha variación pop da música foi interpretada por Demi Lovato e divulgada en outubro no YouTube. Outra variación, titulada "Libre Soy" e destinada a promover o filme no mercado latino-hispano, foi interpretada por Martina Stoessel e divulgada en novembro.

Estrea

O filme estreouse xunto coa curtametraxe Get a Horse! o 27 de novembro de 2013 nos Estados Unidos e tamén en Galicia na versión castelá.

Recepción

Crítica

Despois do seu lanzamento, Frozen recibiu comentarios bastante positivos da crítica especializada. Rotten Tomatoes, que fai unha media da aprobación dun filme baseándose nas reportaxes recollidas, deu á animación unha clasificación de 89% en base a 176 comentarios. O consenso do sitio di o seguinte: "Marabillosamente animado, intelixentemente escrito e cheo de cancións ben interpretadas, Frozen é logo, outra boa entrada digna da Disney".

Premios

Entre outros moitos premios tivo dous nomeamentos aos Oscar 2014. Gañou o Oscar ao Mellor filme de animación para Chris Buck e Jennifer Lee; e o de Mellor Canción Orixinal para Kristen Anderson-López e Robert Lopez.

Recibiu tamén un premio BAFTA, e o Globo de Ouro á Mellor Animación para Chris Buck e Jennifer Lee.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Filme De 2013 Frozen SinopseFilme De 2013 Frozen ElencoFilme De 2013 Frozen ProduciónFilme De 2013 Frozen MúsicaFilme De 2013 Frozen EstreaFilme De 2013 Frozen RecepciónFilme De 2013 Frozen NotasFilme De 2013 Frozen Véxase taménFilme De 2013 Frozen

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ángel Pardo PuzoPaís VascoBalea vascaCetoacidoseAlbert LuquePlayoffs NBA 2021Gran Premio do Brasil de 2018Nana MouschouriAllarizBorschOxalacetatoFlorencia PeñaBaltimoreAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFauna de GaliciaEvoluciónLista das aves de GaliciaSegunda República EspañolaCoraciiformesBon JoviAvea comúnLingua rusaAIllas Virxes EstadounidensesAceite de palmaConcepción ArenalLuleåÁcido undecanoicoKevin MagnussenManuel JaboisActinopterygiiProvincias de EspañaKaliningradoLophiiformesKenneth III de EscociaLingua coreanaEstados Unidos de BélxicaPRubén CelaAglais urticaeThe New York TimesCamarón de areaDonicelaSuorLingua alemáCosta da MorteManzanedaWorld Trade Center (1973–2001)Cangrexo comúnKagoshimaLingua islandesaEmpalme do ARNElena RybakinaCastrelo do ValXunta de GaliciaLuis ZaheraGran Premio do Reino Unido de 1989Ácido vaccénicoBerberechoMachu PicchuBoborásOlympique de MarseilleVoo 140 de China AirlinesNacionalismo galegoViktoryja AzarankaGlícidoIsidoro de KíivAnte GotovinaLecitinaFosfatidilglicerolCelanovaPulqueria🡆 More