Francisco Liaño: Futbolista español

Francisco Liaño Fernández, nado en Santander o 16 de novembro de 1964, é un exfutbolista español.

Xogaba de porteiro e debutou en Primeira División co Racing de Santander.

Infotaula de personaFrancisco Liaño
Biografía
Nacemento(es) Francisco Liaño Fernández Editar o valor em Wikidata
16 de novembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta e Porteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1983-1990 Real Racing Club de Santander 23(0)
1990-1991 Sestao Sport Club 38(0)
1991-1996 Deportivo da Coruña 154(0)
1996-1998 Real Sporting de Gijón 2(0) Editar o valor em Wikidata

Biografía

Racing de Santander

Liaño debutou na tempada 1983–84 con tan só 19 anos no Racing de Santander, de Segunda División, da man de José María Maguregui. Esa tempada tan só xogou 2 encontros, sendo o segundo porteiro tras Pedro Alba, na que o equipo cántabro logrou o ascenso a Primeira División. O seu debut na máxima categoría produciuse o 9 de setembro de 1984 nunha xornada de folga de futbolistas. O partido fora contra o Real Valladolid e rematou en derrota (1–0). Sempre á sombra de Pedro Alba, o equipo descendeu a Segunda División tras a tempada 1986–87, non logrando optar á titularidade da portería nin na súa derradeira campaña no conxunto santanderino, a 1989–90, nesta ocasión como o suplente de José María Ceballos, o porteiro titular.

Sestao

Ante a falta de ocasións, na tempada 1990–91 fichou polo Sestao Sport de Segunda División, sendo o porteiro titular do conxunto dirixido por Blas Ziarreta e rematando na oitava posición. Nesa campaña conseguiu o Trofeo Zamora de Segunda División, encaixando 27 goles en 38 partidos, cun coeficiente de 0,71.

Deportivo da Coruña

Na tempada 1991–92 foi contratado polo Deportivo da Coruña, que ascendera ese ano a Primeira División. Debutou co conxunto galego da man do adestrador Marco Antonio Boronat no primeiro partido de liga, nunha derrota fronte ao Valencia CF en Riazor (1–2). O posto de titular alternouno con Yosu, quen xogou a maior parte da segunda volta, xunto con Canales. No conxunto coruñés viviu os seus anos máis importantes a nivel deportivo. En dúas tempadas gañou o Trofeo Zamora (1992–93 e 1993–94). Neste ano conseguiu un récord que se mantén ata o día de hoxe, a media máis baixa de goles encaixados nunha tempada, cun 0,47 (18 goles en 38 encontros).

Sporting de Gijón

Na pretempada 1996–97 coa incorporación dos metas Jacques Songo'o e Petr Kouba, Liaño abandonou o equipo coruñés e foi contratado polo Sporting de Xixón, equipo onde rematou a súa carreira deportiva tras a tempada 1997–98, sendo o porteiro suplente de Juan Carlos Ablanedo.

No ano 2006 estivo prensente na homenaxe do deportivo ao Súper Dépor, onde se enfrontaron cunha selección de equipo de veteranos do club entre os que figuraban xente coma Djalminha, Songo'o ou Turu Flores.

A nivel futbolístico, estivo 8 anos na máxima categoría encaixando só 142 goles en 165 encontros.

Palmarés

Club

    Deportivo

Persoal

  • Trofeo Zamora: 1990–91 (Segunda División), 1992–93, 1993–94

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Francisco Liaño BiografíaFrancisco Liaño PalmarésFrancisco Liaño Véxase taménFrancisco Liaño16 de novembro1964EspañaFutbolistaPosicións no fútbolRacing de SantanderSantander

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Encyclopædia BritannicaRevolución FrancesaAxoloteRomaníaCarlos MourizSayenXeneNosce te ipsumRMS TitanicCNanina SantosPepo Suevos8ProxyCerroteFerroAtlánticaMarta Fernández-TapiasEl Correo GallegoFreixoVincent van GoghMesíaArticulación frontoparietalGBox Office Mojo59Roko (actriz)LugoLeymaRío Mao, río SilCopa do Rei de fútbolRaposoXosé Ramón Gómez Besteiro54ULa Voz de GaliciaSantoalla, Santoalla do Monte, PetínLingua casteláJusto González BallestaSapoconcho comúnLionel MessiFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaArtur BordaloXosé Luís Franco GrandeAustraliaMasculino e feminino en galegoAlemañaManchester City F.C.O Pedrouzo, Arca, O PinoAlexandre BóvedaCartas dos indios CamarõesMoldaviaCelestino Fernández de la VegaInglaterraHomosexualidade5Rafael DiesteCondónFútbol americanoLareira77Boyanka Kostova (grupo musical)Lista de xentilicios de concellos galegosMártires de CarralDaft PunkJosé Manuel Lage8939Gerardo Pardo de VeraJoan de NovoaNairaPepe Domingo CastañoJosé Miñones TrilloCouto MixtoIES Perdouro🡆 More